últimas noticias / Venres, 04 de xullo de 2008

Política Lingüística recorda que o castelán non está ameazado

Política Lingüística recorda que o castelán non está ameazado
Xa en declaracións a Vieiros, Marisol López, tivo tamén unhas palabras para o Manifesto por la lengua común en defensa do castelán que veñen de asinar coñecidos persoeiros galegos. López recorda que a protección do castelán xa está contemplada na constitución e asegura que este tipo de iniciativas non teñen ningún sentido, xa que non hai tal conflito lingüístico. Dixo que o que se pretende dende o seu departamento é que o galego teña os seus espazos de uso en equilibrio co castelán. Máis...

Pregunta 1039 de López-Chaves: quero todos os papeis da Consellaría

Pode alguén superar en cantidade e "calidade" as 1039 preguntas do deputado popular López-Chaves á Consellaría de Cultura? Entrará no Guinnes co record de 132 preguntas nun día? Que fai coas respostas? Quererá montar unha Consellaría paralela pedindo todos os papeis de todo o que haxa por aí? Xuntará o papel das 953 respostas para montar un negocio de reciclaxe e facerlle a competencia a Ence? Será a persoa do mundo que máis veces pronunciou as palabras "ungüentario" e "Habana" nunha mesma frase? Máis...

Observadores internacionais pedem umha comissom sobre o conflito basco em Strassburg

Observadores internacionais pedem umha comissom sobre o conflito basco em Strassburg
Criar umha Comissom especial no seio do Parlamento Europeu centrado no conflito político que vive Euskal Herria é umha das recomendações que realizou a delegaçom composta por dezoito políticos, juristas e jornalistas de distintos países europeus que em Março visitaram o país basco ao fio das eleições. Os observadores fizerom público um informe no que denunciam, entre outros aspectos, a imposiçom dum estado de excepçom. | Relacionada: chuza.org/historia/observadores-europeos-constatan-a-quebra-da-democra/ Máis...

A Mostra de Teatro de Cangas cumpre vinte e cinco anos con teatro e moito humor

A Mostra de Teatro de Cangas cumpre vinte e cinco anos con teatro e moito humor
É unha das mostras teatrais máis antigas de Galicia. Naceu coa etiqueta de cómico e festivo á que se mantivo fiel durante vinte e cinco anos. A presenza de “El joglars” é o prato forte dunha edición que conta con espectáculos para todos os gustos. Cangas é desde hoxe unha explosión de algarabía e de humor só apto para cómicos e festivos. Máis...

A Consellería de Medio Ambiente autorizou a pesca dunha especie en perigo de extinción

Verdegaia denuncia que a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente autorizou neste ano a pesca do sábalo (Alosa alosa) a pesar de estar incluído no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (CGEA) como especie vulnerable. Desta forma, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza non respectou o Catálogo que ela mesma aprobou, o que constitúe certamente un feito moi grave. Máis...

O Festiclown marcha para Vigo

O Festival Internacional de Clown de Galicia, na súa novena edición, cambia de nome e de emprazamento: logo de nacer en Pontevedra no 2000, marchou para Compostela no 2003. Agora, este barco pirata cargado de pallasos e pallasas aporta en Vigo, co nome de Mundoclown, do 31 de xullo ao 3 de agosto. Máis...

Medalha de Ouro de Galiza para a editora Galaxia

O Conselho da Junta de Galiza aprovou hoje a Medalha de Ouro de Idem para a editora Galaxia, pola sua "contribuiçom à cultura galega" e "compromisso coa língua". Máis...

NNGG lanza unha campaña polo español imitando os lemas da Mesa

NNGG lanza unha campaña polo español imitando os lemas da Mesa
NNGG é ao español o que a Mesa ou Galiza Nova ao galego? Pode parecelo vendo os lemas que utilizan para facer propaganda do uso dun e doutro idioma: "Disfruta con tu lengua", "El español está en boca de todos" e mesmo na iconografía, vejam aqui!: bloguespolalingua.blogaliza.org/files/2008/05/bloguespolalingua.jpg e www.elpais.com/fotografia/Rolling/PP/elpdianac/20080703elpepunac_27/Ie/ Máis...

Agora van arrasar os canons do Sil

Con paisanas amigas que "defenden" así a nosa terra (léase a ministra ourensana Elena Espinosa), a Galicia non lle compren inimigos. Entre autopistas, AVE, granxas de peixe plano e muiños, están acabando con a nosa Terra. Agora tócalle a vez ós canons do Sil, acaban de aprobar un embalse nun dos lugares mais emblemáticos do interior galego. Máis...

Gardas civís e BNG alertan do boicot á policía galega

A Unión de Gardas Civís de Galicia (UGCG) e o Bloque denunciaron conxuntamente a “paralización” por parte do PSOE da Lei de Policía que aprobou o Parlamento Galego hai máis dun ano. O texto establece a creación dunha policía autonómica similar ás que operan en Cataluña e Euskadi. Máis...

Cuore é mais poderosa que Starbucks

Nem Martiño, nem Martín: Martinho (Rivas). Máis...

Blogueiro condenado en primeira instancia por aloxar comentarios contra a SGAE

"La juez cita la sentencia del caso PutaSGAE,que no es firme,puesto que hoy mismo el Tribunal Supremo ha admitido a trámite un recurso de casación contra ella,y no cabe alegarlo como precedente.También cita otra sentencia,la de la Frikipedia,que a su vez se remite a esta misma sentencia de PutaSGAE.Todo casos de la SGAE contra alguien y todos encadenados unos con otros.Cualquiera que no estuviera mejor informado y no conociera nuestro sistema jurícido podría pensar que se está intentando crear una jurisprudencia ad-hoc para la SGAE." Máis...

Manecas Costa, Les Trompettes du Mozambique e Zënzar no Festival Pardiñas

O Festival de Pardiñas xa ten pechado o cartel. Este ano, a cita co folk máis antiga do país reunirá en Guitiriz a artistas consagrados dentro da música de raíz como é o caso de Manecas Costa ou Les Trompettes du Mozambique. Completan o cartel Zënzar, Mare Nostrum, Tiruleque e Sherpah. En paralelo ao apartado musical celebrarase do 2 ao 3 de agosto a XV Mostra de Instrumentos de Música Tradicional, que anualmente organiza a Asociación de Gaiteiros Galegos. Máis...

A Garda Civil dedícase a explorar os sumidoiros de clínicas de interrupción do embarazo

A Garda Civil, dentro da súa pescuda para saber se se cometeron ilegalidades en clínicas de interrupción do embarazo (que funcionan en situación de paralegalidade por culpa da lexislación española), anda explorando os sumidoiros con pauiños de limpar as orellas. Segundo o ultraconservador xornal Ya, atoparon nos sumidoiros restos de ADN nuclear humano, que as asociacións de ultradereita relacionan con picar os fetos cunha trituradora e guindalos polo desaugue. Máis...

Comparaçons esportivas: David Villa assina pola oficialidade do asturiano

Há poucos o jornal da ultra-direita espanholista El Mundo anunciava que pessoalidades do mundo do esporto assinavam o seu manifesto contra todas as lenguas do Reino de Espanha agás o espanhol, entre elas algum galego de muita sona. Como contra exemplo o jogador de futebol David Villa assinou estes dias o manifesto pola oficialidade do asturiano. via:www.siero.com/pingarates/?p=307 Máis...

Política Lingüística presenta unha nova campaña publicitaria e a Mesa pide que se paralice

A Secretaría Xeral de Política Lingüística presenta unha nova campaña (En galego tes todo por vivir. Tócache!), que consiste, basicamente, en publicidade con carteis, anuncios na tele, na radio, etc., e nuns xogos e concursos (www.palabrasencadeadas.com). Mentres, a Mesa reclama “a suspensión inmediata” desta campaña e que o diñeiro previsto se reinvista en introducir o galego en diferentes ámbitos nos que está excluído. “Hoxe non é posíbel vivir en galego, mais ese problema non se resolve con propaganda nin con autobombo” Máis...

Editorial da nova época en internet do histórico diario Ya

C+C: "Para un cristiano, la patria ha de ser como la propia madre. Hay que amarla y respetarla siempre, y defenderla cuando haga falta. Hay muchas formas de ser patriota, la vida nos proporciona múltiples ocasiones para ello, y sin duda la más divertida de todas tiene que ver con el deporte." Vía www.escolar.net/MT/archives/2008/07/en-ocasiones-veo-muertos.html Máis...

Springfield pídelle desculpas ao mozo ao que respondera que o galego era un dialecto do castelán [actualización]

O Grupo Cortefiel, ao que pertence a cadea Springfield comunicouse por teléfono co mozo galego Carlos Bollaín para desculparse polas «respostas pouco apropiadas» dun traballador do servizo de atención ao cliente, que xa non pertence ao grupo por "conduta inapropiada". As primeiras informacións da Voz daban a entender que o traballador fora despedido. Unha aclaración posterior da empresa dá unha versión distinta: xa tomaran a decisión de non continuar con ese empregado antes do incidente. Máis...

Galicia, 'medalla de prata' á destrución do litoral

Galicia, 'medalla de prata' á destrución do litoral
Vanesa Felpeto.Galicia está, xunto con Cataluña e Baleares, no segundo posto das Comunidades Autónomas que máis maltratan as súas costas, segundo revela o informe 'Destrución a toda costa' que publica anualmente a organización ecoloxista Greenpeace. Tamén aquí sinálanse culpables, entre os que destacan Reganosa na ría de Ferrol, ENCE-ELNOSA na ría de Pontevedra e Ferroatlántica na ría de Corcubión. Máis...

A culpa non é do que a fai, senón de quen o deixa

A culpa non é do que a fai, senón de quen o deixa
Exemplo fresco de nova barbaridade urbanística, desta volta no concello de Quiroga, gobernado a ver se saben por quen... Máis...

O PDF xa é un estándar ISO

O PDF xa é un estándar ISO
O formato PDF, até agora controlado pola empresa Adobe, foi adoptado pola iso como estándar (ISO-32000-1, www.iso.org/iso/catalogue_detail?csnumber=51502). Fai pouco houbo bulla pola declaración do OOXML de Microsoft, e aínda que non é o mesmo caso xa aparecen voces críticas que os comparan. Máis...

Justiça valenciana obriga à Generalitat a aceitar Filologia Catalã para acreditar conhecimento de valenciano

O Tribunal Superior de Justiça do País Valencià estimou os recursos interpostos polas universidades de València e Alacant contra a ordem da Generalitat que nom reconhecia a titulaçom de Filologia Catalã para acreditar o conhecimento de valenciano nas oposiçons a docentes de Ensino Secundário. Fontes da Universitat de València informaram num comunicado de que os dous novos pronunciamentos judiciais reconhecem o título de Filologia Catalã e o termo "català" para denominar a língua própria do País Valencià. | tinyurl.com/6awzlb Máis...

Contramanifiesto pelas línguas comuns - algumas ideias (por E. Outeiro)

Contramanifiesto pelas línguas comuns - algumas ideias (por E. Outeiro)
C+C: "O já famoso manifesto dum grupo de intelectuais espanhóis (...) parte de uma falácia que cai pelo seu próprio peso para qualquer pessoa que more ou tenha visitado algum dos territórios em questão: diz-se que o castelhano está em perigo (...) Mas já que estas pessoas se dão ao luxo de intervir publicamente num assunto tão delicado como a política (e planificação!) linguística, não resisto a dar-lhe umas indicações básicas a este respeito, comentando o seu manifesto". Máis...

O presidente de Madeira quere levar a autonomía a referendo

A comezos deste ano, o presidente do goberno rexional das illas garantiu que vai apoiar o seu pobo o día que este se queira independizar de Portugal. Naquela altura dixo non ser independentista, mais tamén revelou que o que quere é un sistema autonómico diferente, que "Lisboa non acepta, por un simple autoritarismo absurdo". Máis...

A terríbel contradición asasina

A terríbel contradición asasina
Non temos mais que ler con atención os mediocres xornais galegos para decatarnos de que día a día entran en dúcias de contradicións, as máis das veces dependendo de quen pague a información. Os “estómagos agradecidos” tratan ben a quen lle da de comer, e non dubidan un instante en tratar idénticos feitos con diferentes prismas de falsa obxectividade. As mais das veces estas mesmas contradicións son as que emanan do propio poder estabelecido, como o caso que nos ocupa... Máis...

Montilla di que o manifesto xenolinguístico é un atentado a convivencia

O presidente do Govern, José Montilla, rexeitou o manifesto promovido por un grupo de políticos próximos a UPyD ao considerar que vai en contra da Constitución e do novo Estatut, e porque vai en contra da lingua catalá e da convivencia algo que lle parece motivo de "pouca broma". "Non daremos mistos aos pirómanos", remachou. castelán: www.elperiodico.com/default.asp?idpublicacio_PK=46= Máis...

Canarias, país independente no concurso de Míster Gai Europa

Unha vez máis, Canarias participa como país independente no concurso de Mr. Gai Europa 2008, que se celebrará en xullo en Budapest. Entre unha vintena de nacións europeas están España, Canarias, Portugal, Irlanda do Norte, Gales, Reino Unido, Serbia ou Islandia. E Galiza, pra cando? Quen debería escoller o noso candidato? A TVG? A Conse de Industria e Comercio Exterior? Ah, poden votar todos e todas as internautas... Máis...

Ferramenta CC para debater en liña de forma ordenada

Quen gusta de debates duros e encirrados como os da lingua, a normativa, a UPG, o españolismo, a promoción industrial, o celtismo, etc... está de noraboa. A web debategraph permite crear debates e organizalos en preguntas e respostas lóxicas, argumentos, documentos, participantes, mapas conceptuais... Unha ferramenta moi interesante para acabar cos tediosos comentarios que por veces enchen os medios galegos e en galego na rede. Vía: datamining.typepad.com/data_mining/ Máis...

O PP afirma que os musulmáns ameazan a democracia española

Ignacio Cosidó, portavoz do PP na Comisión de interior do Congreso español, asegurou nunha mesa redonda da FAES que os cidadáns musulmáns son "un risco para a nosa democracia", pois importan un modelo de vida que presenta "incompatibilidades serias". Aínda así, o señor Cosidó di preferir unha conversa cun musulmán moderado que cun "laicista radical", pero que a tolerancia cos preceptos musulmáns só xerará problemas. Máis...

Radio Estrada tenta poñerse en contacto con Roberto Verino

Por mor da sinatura do "Manifiesto por la lengua española" por parte de Roberto Verino, os do programa A Galería de Radio Estrada tentaron poñerse en contacto con el. Este é o resultado. Máis...
5 comentariosen humor
tags: galego, humor karma: 231.00

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]