resultados da búsqueda "tag:hidroeléctricas"

ordear por: coincidencia data importancia

A trama das hidroeléctricas do PP, polo miúdo

El País Galicia cóntanos informacións xugosas sobre o tecido de intereses arredor das concesións das hidroeléctricas na época do PP. Hai implicados interesantes, como o fillo do dono de La Voz de Galicia, Emilio Rey Berguer (agora arrimadísimo ao bipartito), e o propio Paco Vázquez, ex alcalde da Coruña. Máis...

O Goberno ve posible renegociar as concesións hidroeléctricas

O Goberno considera posible renegociar as licenzas concedidas ás empresas eléctricas para a explotación dos encoros e acurtar os prazos previstos de xestión. Máis...

Asociación para la Conservación de la Biósfera se pronuncia sobre proyectos de hidroeléctricas en Chiriquí

A los moradores de Boquete, Caizán, Tabasará, Chiriquí Viejo, Sitio Lázaro estamos a tiempo de incidir para evitar proyectos que solamente traerán consecuencias negativas para presentes y futuras generaciones, excepto para los que las promueven y los que las financian. Máis...

As minicentrais hidroeléctricas: un pesadelo que non cesa

Son aínda moitas as minicentrais que amezan a vida dos nosos ríos. As concesións hidroeléctricas feitas na era Fraga poden efeitivizarse en calquera momento, xa que abonda con meter unha pá no río nos dous anos seguintes á concesión para validar o "comezo" das obras, podendo logo demorarse sine die. Esta trécola permite que as empresas, algunhas sen capacidade económica, teñan aferrollados moitos ríos para especular cos aproveitamentos. Máis...

O BNG pide ao Goberno que suspenda os proxectos de catro centrais nos canóns do Miño e Sil

O BNG pide ao Goberno que suspenda os proxectos de catro centrais nos canóns do Miño e Sil
O senador do BNG por designación autonómica, Xosé Manuel Pérez Bouza, presentou unha iniciativa na que reclama ao Goberno central que non aprobe os proxectos de construción de novas centrais hidroeléctricas nos ríos Miño e Sil "dado o enorme impacto paisaxístico e ambiental que provocarían", especialmente na Ribeira Sacra. Bouza sinala que estes catro proxectos proporcionarían unha elevada rendibilidade ás compañías eléctricas á conta dun enorme impacto na ecoloxía e a paisaxe nunha comarca integrada na Rede Natura 2000. Máis...

«Isto é un atraco a man armada e un novo agasallo do Estado ás poderosas empresas hidroeléctricas»

Castrelo de Miño é un lugar común na memoria colectiva dos galegos. Nos anos sesenta os veciños e os sindicatos agrarios mobilizáronse contra Fenosa para non perder un dos vales máis fermosos e produtivos dá denominación de orixe Ribeiro. Da represión e violencia con que foron tratados, en pleno franquismo, aínda dan conta algunhas obras literarias e cancións. Agora verán rebaixados substancialmente os ingresos polos impostos que paga ou encoro.O Nacionalista Xurxo Rodríguez é o alcalde de Castrelo. Máis...

Os espoliadores da Ribeira Sacra

Os espoliadores da Ribeira Sacra
O formigón das centrais hidroeléctricas invade un territorio que aspira a ser Patrimonio da Humanidade. Na Ribeira Sacra hai catro en funcionamento, os mesmos que puxeron en marcha a finais dos anos 50. O primeiro deles é o salto dos Peares que explota Unión Fenosa, Belesar, en Chantada, da mesma compañía, mentres que Iberdrola se encarga de Santo Estevo e San Pedro. Máis...

3 hidroeléctricas investigadas pola fiscalia compitem por um rio protegido

Duas semanas antes da sua disoluçom, a Confederación Hidrográfica do Norte (agora Minho-Sil) informou favoravelmente o impacto ambiental dumha minicentral no rio Couso, em Avión, protegido "do seu nascimento até a sua desembocadura" por interese ambiental. Agora três empresas compitem para se fazer coa obra: "Hidroeléctrica de Avión", "Hidroeléctrica Cortizo" e "Engasa". Políticos, membros de grupos mediaticos, empresários corruptos... umha boa tropa para privatizar os nossos rios. Máis...

Sete em cada dez centrais hidroeléctricas da Galiza nom cumprem a lei de augas da UE

A revisom do plano sectorial da Xunta para o uso dos rios como fonte energética descarta estabelecer zonas susceptíveis de novas instalações. Máis...

Non máis hidroeléctricas no Miño-Sil

Non máis hidroeléctricas no Miño-Sil
Último intento para evitar a presión sobre o país dos mil ríos. A Comisión de Medio Ambiente do Congreso dos Deputados aprobou onte por unanimidade unha proposición non de lei promovida polo BNG, na que se insta ó Goberno central para suspender de xeito cautelar a concesión de permisos para novos aproveitamentos hidroeléctricos que pretendan instalarse na conca do Miño-Sil. Máis...

1500 sinaturas contra máis centrais no Sil en plena rede natura

1500 sinaturas contra máis centrais no Sil en plena rede natura
Non só levamos máis de 20 anos sen recuperar a xestion das centrais que esnaquizaron os nosos ríos con proxectos demenciais tal como ía nos contratos orixinais, senón que aínda nos queren chantar outras dúas en plena rede natura non canóns de Sil, por suposto para mandar enerxía para a estepa dado que seica somos excedentarios. Ficarían a altura de Nogueira de Ramuín ( na foto ) Máis...

Un tramo de 3,4 kilómetros do Eume está seco desde 1960

Un tramo de 3,4 kilómetros do Eume está seco desde 1960
O cauce do río Eume está completamente seco nun tramo de 3.400 metros entre o embalse da Capela e a central hidráulica que explota Endesa Generación. Non hai peixes, nin pescadores, nin rastro do caudal ecolóxico que exige a lei, en pleno corazón do parque natural atlántico das Fragas do Eume, protexido pola Rede Natura desde o ano 2000. Máis...

A Xunta non permitirá a instalación de máis centrais hidroeléctricas

A Xunta non permitirá a instalación de máis centrais hidroeléctricas
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, asegurou que a Xunta 'non vai autorizar nin permitir baixo ningún concepto' a instalación de novas centrais hidroeléctricas en ningunha conca hidrográfica de Galiza e asegurou que 'os nosos informes serán sempre 'negativos' a ese respecto. Durante un acto nos terreos onde se construirá a nova EDAR de Baiona, Pérez Touriño solicitou a ao Goberno central a xestión integral da conca hidrográfica do Miño-Sil. Máis...

A FEG denuncia a construción de centrais hidroléctricas en ríos propostos para a Rede Natura 2000 na Serra do Suído

A FEG denuncia a construción de centrais hidroléctricas en ríos propostos para a Rede Natura 2000 na Serra do Suído
[C-P]A Federación Ecoloxista Galega denuncia a inminente construción de varias centrais hidroeléctricas que ameazan varios ríos da Serra do Suído protexidos e propostos pola Xunta para formar parte da ampliación da Rede Natura 2000.A FEG oponse á existencia de políticas ambientais contraditorias promovidas pola consellería de Medio Ambiente, xa que sinalan que os técnicos do propio departamento recoñecen o dano que se pode ocasionar a estes ríos.[C-P] Máis...
« anterior1» seguinte

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]