resultados da búsqueda "tag:heavy"

ordear por: coincidencia data importancia

Camisetas de grupos "Heavy" e vaqueiros negros, a roupa preferida dos informáticos

Os profesionais que traballan no sector das TI (técnicos, programadores, soporte...) son dúas veces máis propensos a levar camisetas de grupos de "heavy metal" que os traballadores de outras áreas. Máis...

Xa dispoñible a segunda edición do recopilatorio de bandas galegas de metal de metalicia.com

Xa dispoñible a segunda edición do recopilatorio de bandas galegas de metal de metalicia.com
Xa está eiquí a segunda edición do recopilatorio da web que de novo xunta boa parte das bandas rexistradas na web durante este o seu (case) primeiro ano de vida. Cinco bandas repiten no tracklist do recopilatorio e outras 21 debutan nesta compilación periódica que pretende converterse nun clásico e referente na escena do metal galego. Se queres coñecer un pouco máis aos grupos que loitan por levar o noso metal adiante, non te perdas o mellor recopilatorio de metal galego do momento: Recopilatorio Metalicia.com Vol. 2 Máis...

82 anos e ainda heavy

Owen Brown, vizinho de Weobley (Herefordshire, Inglaterra) de 82 anos de idade, disque é o heavy mais velho do mundo. Os seus grupos favoritos som Judas Priest e Iron Maiden. Quando este género musical nasceu Owen Brown já superava os 40 anos. O filho é baterista... de jazz. Máis...

AC/DC anuncia gira mundial de 18 messes para 2009 e publica DVD

A banda anuncia gira mundial, de 18 meses, para o 2009, mas ainda sem datas nem lugares. Mas, mentres aguardamos, podemos rememorar o concerto do 10 de Julho de 96, em Madrid, na praça de touros das Ventas, naquela gira 'Ballbreaker Tour', com temas como Back In Black', 'Shot Down In Flames', 'Thunderstruck', 'Girl's Got Rhythm', 'Hard As A Rock', 'Shoot To Thrill', 'Boogie Man', 'Hail Caesar', 'Hells Bells', o el'Highway To Hell',... Máis...

A crónica mais 'heavy': FestiAGAL'2009

A crónica mais 'heavy': FestiAGAL'2009
Na manhã de dia 24 chuviscava em Ourense, nada a ver com os dias anteriores, mas antes da partida para a capital heavy do reino europeu mais antigo presagiamos o pior, pois já todo o mundo sabe que em Santiago, além da Catedral e muitas outras cousas, também há chuva, muita chuva. Com o carro carregado até rebentar com as últimas edições que soam em todos os corações dos amantes da língua do 'metal', iniciamos o que seria toda uma aventura de ritmos enfáticos: o FestiAGAL'2009. Máis...

Grupos e afecionados ao metal de Galicia promocionan 'Metalicia'

A primeira rede social 'heavy' galega de internet, 'Metalicia', aglutina xa a case 500 afecionados a esta música e a un total de 96 grupos de 'metal' procedentes de toda a Comunidade Autónoma, con tan só seis meses de vida e específicamente destinada a xente de Galicia. Máis...

Descarga gratuitamente un recopilatorio de metal galego

Descarga gratuitamente un recopilatorio de metal galego
A web metalicia.com ven de recopilar os temas de 23 bandas galegas de metal, na sua maior parte de metal extremo, nun recopilatorio que se pode descargar gratuitamente dende a propia páxina web. Máis...

Logo de 45 anos de carreira, Scorpions anuncia a súa retirada

Logo de 45 anos de carreira, Scorpions anuncia a súa retirada
Logo de 45 anos de carreira e con moitos temas xa convertido en himnos, como Wind of Change, o grupo alemán Scorpions anunciou, mediante un comunicado na súa páxina web, a súa retirada da escena musical. A formación dirá adeus aos seus fans cun último álbum, titulado Sting In The Tail, que sairá á venda o próximo mes de marzo e unha xira ao redor do mundo. Máis...

Unha nena moi heavy

Quen dixo que o heavy morreu? As novas xeracións veñen pegando forte. Unha rapaza de seis anos de Mazaricos, Aida Rial Maneiro, acudirá a Barcelona ao concerto dos Iron Maiden o vindeiro día 30, grazas ao seu bo comportamento. A nena é admiradora de grupos como Mägo de Oz, A Banda de Poi e, por suposto, do grupo británico. O gusto polo heavy metal vénlle do seu curmán, que a acompañará ao concerto, xunto co seu pai e a súa nai, á que non lle ilusiona demasiado a actuación dos Maiden. Máis...

Subsidio de 400 €/mes por ser un adicto ó Heavy Metal (e vivir en Suecia)

C+T+P: "A Xusticia de Suecia determinou que Roger Tullgren, de 42 anos, padece unha invalidez pola súa adicción ó “Heavy Metal” polo que o Estado deberá subsidialo para garantir o seu xeito de vida" ... "Poderá traballar só media xornada e recibirá 400 Euros ó mes de subsidio" ... Todo comezou cando en 1971 o seu irmán maior fíxolle escoitar un disco de Black Sabbath Máis...

Esfaqueado por tocar mal a guitarra

Esfaqueado por tocar mal a guitarra
(C+C) Segundo a imprensa italiana, Cristina Balzano, de 19 anos, não ficou nada contente depois do guitarrista de 16 anos ter falhado algumas notas de um riff e esfaqueou-o por várias vezes com a ajuda do seu irmão, também ele membro da banda. Máis...

Barón Rojo volve aos escenarios vinte anos despois de os deixar

Barón Rojo volve aos escenarios vinte anos despois de os deixar
Os catro compoñentes orixinais de Barón Rojo volverán de xira en 2010, con motivo do trinta aniversario da fundación da banda e vinte anos logo da súa separación, co obxectivo de soar “o máis parecido” posible aos discos que editaron nos anos 80 e “respectar a tope as cancións de Barón Rojo”. O 3 de marzo do ano que vén actuarán no Coliseo da Coruña no marco dunha nova xira. Máis...

Talesien fala do seu novo disco

Talesien fala do seu novo disco
O grupo larachés de heavy metal Talesien fixo públicos alguns datos sobre o seu novo disco. Máis...

Os míticos Helloween actúan o 17 de xaneiro en Lugo

Convidados pola concellaría de Xuventude, e dentro do ciclo Jueves con arte (sic), a clásica banda de heavy metal Helloween actuarán o vindeiro xoves 17 (San Antón) no recinto feiral de Lugo canda os seus compatriotas Gamma Ray e Axxis. A entrada custa 22 euros anticipada e 26 na billeteira. A véspera xa estarán asinando autógrafos en Lugo, que é unha das poucas cidades do Estado que acolle a súa xira, xunto con Barcelona, Granada, Bilbao e Madrid. Máis...

Iron Maiden, concertos coma antes, detidas máis de 100 persoas

Iron Maiden, concertos coma antes, detidas máis de 100 persoas
Concertos radicais coma os de antes. Hernando Salazar, informa que "o espectáculo orixinou desordes que ocurriron dentro e fora do Parque Metropolitano Simon Bolívar, onde se celebrou o concerto. Dentro do parque moitos asistentes invadiron áreas 'VIP'. E ao término da presentación houbo agresións a vehículos que circulaban pola zona". Máis...

Iron Maiden e Galiza: Eddie na praza do Obradoiro

Impresionante documento sobre a chegada dos Maiden a Galiza con "Olla neno, o puto Harris" ou "¡Brus! ¡Brusiño!". Pero o máis ghrande, sen dúbida, a a fotomontaxe da portada do Powerslave na que Eddie ten de fondo a fachada do Obradoiro. Eso ten que ser o fondo de pantalla de todo heavy galego XA!!!!! Máis...

Cantante metaleiro inicia unha campaña para o bo uso do xesto dos "cornos"

Cantante metaleiro inicia unha campaña para o bo uso do xesto dos "cornos"
O cantante de Twisted Sister, Dee Snider, comezou unha campaña para fomentar o verdadeiro uso dos "cornos". Este xesto, feito coas mans, pode verse case en calquera concerto en vivo na actualidade, e iso é o que critica Snider: "O que era un símbolo de solidariedade e de rebelión para a comunidade metalera, agora converteuse nun símbolo superficial que representa algo como unha vitoria ou simplemente unha pose en calquera foto" [vía cucharasonica.com/2009/11/por-el-verdadero-uso-de-los-cuernos] Máis...

Descarga gratuitamente o novo disco de Traboute

Descarga gratuitamente o novo disco de Traboute
O grupo galego de Melodic Death Metal Traboute publica o seu primero disco gratuitamente en descarga directa. Máis...

O cantante de Saxon comeza unha campaña polo recoñecemento do Heavy Metal como relixión

O cantante de Saxon comeza unha campaña polo recoñecemento do Heavy Metal como relixión
O cantante de Saxon, Biff Byford, iniciou unha campaña, chamada Metal Britannia, xunto á revista Metal Hammer para conseguir que o heavy metal sexa considerado como unha relixión en Reino Unido. Tomando o exemplo que dos seguidores de Star Wars, que conseguiron que no censo do 2001 a relixión Jedi fóra a cuarta con máis fieis logo de cristiáns, musulmáns e hindús. Pódense mandar e-mails a metalbritannia@metalhammer.co.uk para elixir que bandas e músicos merecen unha posición especial dentro da Igrexa do Heavy Metal. Máis...
« anterior1» seguinte

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]