resultados da búsqueda "tag:depuradora"

ordear por: coincidencia data importancia

Pinisqueira, lugar protexido...polos veciños de Aguiño

Máis de mil persoas, e varias ducias de embarcacións, achegáronse onte á Pinisqueira, en Aguiño, para declarala "Lugar protexido polos veciños de aguiño". A asociación Sagres segue a esperar q o conselleiro teña a ben recibilos para escoitar as súas reivindicacións, segundo manifestaba onte a voceira da plataforma veciñal. Máis...

Vigo: o saneamento, un grave problema de saúde pública

Galicia enfróntase a unha multa da UE de 20 millóns de euros pola contaminación da ría de Vigo. En Vigoblog denunciamos que a multa é só a punta do iceberg dunha longa historia de ocultamentos, chapuzas e irregularidades que poñen en perigo ó medio ambiente e á nosa saúde. Máis...

Manuel Ameijeiras: "Non hai artefacto"

Agora xa é igual, nas cabeciñas da xente vai ficar que foi o terrorismo independentista. Máis...

A voltas coa nova depuradora do Lagares

A voltas coa nova depuradora do Lagares
A ría de Vigo e os cidadans que nela e dela viven son os grandes perxudicados da actual situación e da parálise decisoria que rodea ó saneamento na cidade e os seus polos industriais, os cartos que non se investiron nesto pronto haberá que pagalos en multa da UE e as nulas políticas de disminución de residuos e control das industrias (basta o recente e palmario exemplo) repercutiran na falla de eficacia das actuais solucions a medio prazo. Así pois, a lenda dí que Pontevedra cheira; e Vigo? Máis...

Adega e veciños presentan alegacións á depuradora de augas de Ribeira

Adega e os veciños de Ribeira mobilízanse contra a depuradora de augas que o concello quere situar preto do Parque Nacional de Corrubedo. Está dimensionada para 80.000 habitantes equivalentes, mais 40.000 corresponden a augas industriais. Os veciños preparan mobilizacións. Relacionada: www.lavozdegalicia.es/ed_barbanza/noticia.jsp?TEXTO=5928454o Máis...

Somos de Aghiño, e queremos depurar con sentidiño

Este mediodía tivo lugar na praza do concello de Ribeira unha concentración en contra do actual proxecto de depuradora en Couso (Aguiño). Á protesta, convocada por distintos colectivos locais, ademais da Plataforma medioambiental de Corrubedo e Verdegaia, xuntou a máis de mil persoas. Ao remate da concentración, o patrón maior da confraría leu un manifesto no que se suliñaba a necesidade de diversificar a depuración, tratando a parte os residuos industriais, e poñendo máis dunha depuradora para as augas fecais. Máis...

C. Porro propón unha macro depuradora en Cabo Silleiro

Cando aínda ninguén dixo cal é a causa do mal funcionamento da actual depuradora da Xunqueira do Lagares (Vigo), C. Porro, a alcaldesa desta cidade, propón ocupar unha inorme extensión litoral en Cabo Silleiro para instalar unha depuradora comarcal, na costa de Baiona. C. Silleiro é un lugar de especial valor natural e paisaxístico. A proposta tenta colocar o balón do saneamento da cidade no tellado da Xunta de Galicia. Máis...

Manifestación dos veciños de Coruxo contra a depuradora do Lagares [Vídeo]

Os veciños de Coruxo manifestaronse este pasado Sábado en contra da actual depuradora do Lagares, e da futura macro-depuradora. Máis...

O BNG condiciona o seu apoio aos orzamentos do Estado a que haxa un acordo para a depuradora de Vigo

O BNG condiciona o seu apoio aos orzamentos do Estado a que haxa un acordo para a depuradora de Vigo
Así o manifestou o tenente de alcalde do grupo nacionalista no Concello olívico, Santiago Domínguez Olveira, quen advertiu de que "non se pode saír de principios de 2010" sen acordo para a depuradora". Na súa opinión, tanto PP -en Galicia-, como PSOE -dende o Goberno central-, "non se decatan do que significa o saneamento da ría". Nese sentido, recalcou que trasladará aos deputados do BNG no Congreso a necesidade de que o apoio á depuradora de Vigo sexa "unha condición para calquera tipo de apoio aos PGE". Máis...

A depuradora de Vigo sofre unha fuga e a espuma alcanza ao río Lagares

A estación depuradora de augas residuais de Vigo desbordouse a madrugada do sábado, o que xerou unha fuga de espuma que alcanzou o río Lagares, o que levou o peche varias horas dunha zona de paseo contigua, informaron este sábado fontes municipais. Esta noite permanecerá pechada baixo vixilancia para previr fugas deste tipo. O escape de espuma produciuse por un exceso de osíxeno nun dos rotores do tanque da depuradora, o que xerou que saíse directamente ao río. Máis...

Vertido de lamas de depuradora no polígono do Caramiñal

Vertido de lamas de depuradora no polígono do Caramiñal
ADEGA vai trasladar a Medio Ambiente a denuncia de varias persoas que sinalaron a recente acumulación de refugallos, probablemente lamas de depuradora, nas inmediacións do polígono industrial da Tomada (Pobra do Caramiñal). ADEGA lembra que o vertido destas substancias en crú e sen estabilizar pode causar contaminación bacteriana e por metais pesados nas augas freáticas e de escorrentía... Máis...

Veciños de Coruxo contra a macrodepuradora

Veciños de Coruxo contra a macrodepuradora
A macrodepuradora do Lagares custou máis de 30 millóns de euros hai tan só dez anos. 30 millóns de euros públicos que só serviron para estragar a xunqueira do Lagares, para destrozar as vidas de moitas veciñas e veciños de Coruxo, sometidos a penosas condicións de habitabilidade no seu barrio e nos seus fogares, e para perpetuar e elevar a niveis insoportables a contaminación da ría... Máis...

GzVideos - Mobilización da veciñanza contra a depuradora da Ponte, en Queiruga (Porto do Son)

GzVideos - Mobilización da veciñanza contra a depuradora da Ponte, en Queiruga (Porto do Son)
“Os veciños da Ponte non están en contra da instalación dunha depuradora xa que o saneamento é necesario, o que si non están dispostos é a que se implante preto das súas casas e nun entorno paisaxístico dos poucos que se poden ver na zona (o río Maior, muíños centenarios, unha pequena carballeira que acubilla toda clase de paxaros e preto da praia do Dique). Pensan que o tema do saneamento de Baroña é Queiruga debe de ser levado a outra zona menos danosa e perigosa para o ben de todos eles.” E aquí outro vídeo... Máis...

Greenpeace denuncia a ausência dumha depuradora na Corunha

A Corunha é a única cidade espanhola de mais de 200.000 habitantes sem depuradora de áugas residuais, segum um informe de Greenpeace, que recorda que a Fiscalia de Delitos Ambientais apresentou no passado 6 de Junho umha denúncia no julgado polas contínuas verteduras ilegais à ria do Burgo. Máis...

A Federación Ecoloxista Galega denuncia estragos na flora das Cíes coa construción dunha depuradora privada

A Federación Ecoloxista Galega denuncia estragos na flora das Cíes coa construción dunha depuradora privada
A construción dunha depuradora nas Illas Cíes para o uso dun restaurante están a danar seriamente a flora dun lugar especialmente sensíbel a calquera cambio e protexido pola Directiva Hábitats da Unión Europea. Sen embargo, ninguén está a facer nada para evitar que a contrución desa infraestrutura de tratamento da auga siga danando ao ecosistema. Esta é a denuncia da Federación Ecoloxista Galega, que alerta ás autoridades do Parque das Illas Atlánticas e á Xunta de Galiza dos danos irreparábeis que esta obra est Máis...

Bens dende o espaço

Os vertidos de augas fecais da "Planta depuradora" de Bens (A Corunha) som observáveis dende o espaço. Os satelites fotografiam o flujo merdendo que em ocasions escorrega até as praias da comarca. Máis...

Máis de mil persoas manifestáronse contra a macrodepuradora de Cabo Silleiro

Entre 1.000 e 3.000 persoas manifestáronse onte en Baiona contra a proposta da alcaldesa de Vigo, Corina Porro, de construír unha macrodepuradora en Cabo Silleiro. O alcalde baionés, Jesús Vázquez Almuíña, tamén do PP, participou na marcha. Máis...

Bruxelas reaviva o expediente contra España por non sanear a ría de Vigo

Unha multa de ate 20 millóns de euros por cada 6 meses de incumprimento. A Xunta recorda que xa está en marcha un programa con investimentos de máis de 125 millóns. A Comisión estima que non presentou un plan específico para as augas marisqueiras. Unha multa dos políticos que nos tocará asumir a todos os galegos coma sempre. Ata cando? Máis...

Veciños de Coruxo obrigan á suspensión do pleno municipal en Vigo

Unha trintena de veciños da parroquia viguesa de Coruxo presentáronse na sesión plenaria e coincidindo co turno de palabra do ex concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Figueroa (PPdeG), comezaron a guindar froita contaminada e auga sen depurar. Os veciños desta zona próxima á praia de Samil, levan anos protestando polo mal funcionamento da estación depuradora, situación que orixina malos cheiros constantes nas súas casas. Máis...

Veciños de Ribeira organizanse en contra da depuradora

Centos de persoas reuníronse en Aguiño para estudiar o plan de construcción dunha depuradora na parroquia de Aguiño para todo o Concello de Ribeira. Da capacidade total da depuradora case a metade dos residuos virán do parque industrial. Pídese que as industrias de Ribeira teñan a súa propia depuradora. Veciños, ecoloxistas e confraría, oponse á súa localización nun lugar de gran riqueza pesqueira e natural situado entre os Parques Naturais das Illas Atlánticas e o de Corrubedo. Máis...

O concelho de Vigo realoja a 16 vizinhos de Corujo ao detectar-se umha fuga num reactor da depuradora

Nas últimas horas forom realojados 16 vizinhos a causa do aumento do cheiro e gases procedentes da depuradora. Máis...

Estoupido na depuradora de Lagares

Os Tedax da Policía Nacional analizan os restos da caixa dun rexistro de Unión Fenosa instalada na parte exterior da estación depuradora de Lagares (Vigo), que ardeu esta madrugada, despois de que se lle lanzase "o que parece un artefacto explosivo". A iso das 2:00 de hoxe os veciños alertaron á Policía e a outro grupo de habitantes desa parroquia, que permanecen pechados no Concello vigués, precisamente para protestar polo mal funcionamiento desa depuradora, de que "se escoitaran varios estouridos" e quedaron sen luz no barrio. | ATENCIÓN, NON HOUBO BOMBA!!: chuza.org/historia/manuel-ameijeiras-non-hai-artefacto Máis...

27-F, Manifestación en Vigo contra a macrodepuradora do Lagares

A rede de 15 colectivos “A Ría Non Se Vende” convocamos a unha manifestación en Vigo o vernes 27 de febreiro ás 20:30 que irá desde o Concello (Praza do rei) até a Xunta (Praza da Estrela). Pretenden gastar 234 millóns de euros nunha macrodepuradora que simplemente terá mais capacidade, mais non solucionará os graves problemas de contaminación que existen na Ría. A solución seria tratar por separado os distintos tipos de aguas e construir unha rede de pequenas depuradoras conectadas entre si... Máis...

Unha depuradora á porta de casa[Laraño/Villestro,Compostela]

[C-P]Nas parroquias de Laraño e Villestro,acompañando a canle do río Sar,hai dúas asociacións de veciños e unha plataforma de 150 afectados que se opoñen á localización da nova depuradora de Santiago.A Audiencia Nacional acaba de admitir a trámite o seu recurso contencioso-administrativo contra a declaración de impacto ambiental do anteproxecto Non estamos dispostos a admitir que se utilicen argumentos falsos para construír a instalación a poucos metros das nosas casas... [C-P] Máis...
« anterior1» seguinte

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]