resultados da búsqueda "tag:cine"

ordear por: coincidencia data importancia

De Cans a Bruxelas

De Cans a Bruxelas
O 16 de outubro, o Festival de Cans pon unha pica en Bruxelas. O cine Vêndome servirá de escenario as películas premiadas na pasada edición do festival e de documentais sobre a cita. Así, o 16 de outubro, no cine Vêndome pasaranse o documental sobre o festival Agroglamour, as fitas Sálvame, de Javier Veiga, 1977, de Peque Varela, A revolta dos mouses, de David Gen e o videoclip Calamar, de The Homens e España a las ocho, de Elodio y los seres queridos. Ademais proxectarase a fotomontaxe animada Máis Cans que nunca, de Luís Otero. Máis...

O baño de Fraga no Palomares da o salto a Hollywood

O baño de Fraga no Palomares da o salto a Hollywood
Hollywood planea levar ao cine o incidente acontecido en 1966 en Palomares, localidade na que dous avions militares de Estados Unidos colisionaran e deixaron caer a terra catro proxectís con carga nuclear que liberaron plutonio radiactivo na zona. Máis...

Compostela, a novena cidade europea na que máis se vai ao cine

Os habitantes da capital de Galiza van ao cine unha media de 12,4 veces ao ano, o que sitúa a Santiago de Compostela como a novena urbe da Unión Europea na que máis filmes se ven nas salas comerciais, segundo un estudo de Eurostat. Os datos da oficina de estatística comunitaria revelan ademais que, no conxunto do Estado, Compostela é a terceira cidade en visitas a museos, só superada por Barcelona e Bilbao. Máis...

Filmax abre Yodecido.com pra vender e alugar cine e música

Filmax abre Yodecido.com pra vender e alugar cine e música
"Estamos vivindo un cambio brutal. Estamos ante un novo público, ante unha nova cultura, e nós queremos subirnos a este cambio", afirma Xulio Fernández, presidente de Filmax. O empresario galego acaba de presentar Yodecido.com para entrar no negocio dos contidos dixitais de pagamento. O alugueiro fun filme custa 1.95 euros e a compra 4.95 €. Via www.elpais.com/articulo/internet/Filmax/abre/propio/portal/venta/alquis Máis...

Cartas Italianas: primeira longametraxe galega en utilizar a Rede como plataforma de lanzamento

Cartas Italianas: primeira longametraxe galega en utilizar a Rede como plataforma de lanzamento
A pasada fin de semana o portal de vídeo da Axencia Audiovisual Galega, Flocos.tv, estreou Cartas Italianas, unha longametraxe dirixida por Mario Iglesias en 2007 que sería a primeira de Galicia en poder verse integramente na Internet. via: www.codigocero.com/spip.php?article7363 Máis...

Ródase en Ortigueira un filme dedicado ás crebas

Baseado nunha idea orixinal de Enrique Otero e Miguel de Lira bota a andar a rodaxe de Crebinski (dirixida polo primeiro e interpretada polo segundo dos ditos con Serxio Zearreta) que trata o fenónemo das tradicionais crebas (xente que se botaba ás costas para apañar o que fose que o mar trouxera), ambientada na Ortigueira de mediados do S.XX. A produción non escatima en luxos, e contará con Luis Tosar, Celso Bugallo, Patricia de Lorenzo e o alemán Oliver Schulz, ademáis de con Quitana, unha vaca marela do lugar. Máis...

"Yo tambien", estrea da película da película sobre a vida do primeiro licenciado co Síndrome de Down

Pablo Pineda interprétase a si mesmo neste filme dirixido por Álvaro Pastor e producida con Julio Medem, na que comparte protagonismo con Julia Dueñas. O espírito da película é promove-la integración. Máis...

O cine Alfonsetti de Betanzos que data do ano 1882 vai ser restaurado

A Deputación da Coruña destinará 315.868,48 euros para financiar a recuperación do cine Alfonsetti de Betanzos. Así se recolle no convenio suscrito esta mañá, na sede da institución provincial, polo presidente provincial, Salvador Fernández Moreda, e a alcaldesa betanceira, María Faraldo, nun acto que contou tamén coa asistencia do deputado provincial responsable da área de Economía e Facenda, Antonio Lagares. A achega provincial supón o 80% do orzamento global do proxecto, que alcanza os 394.835 euros. Máis...

Proxección en Ourense de "A Fala do Cacique"

Continúa a xira dos guaraní Mbyá por España e Portugal. En Ourense, Verdegaia e Amarante organizan conxuntamente para o martes día 13 de xaneiro ás 20:30 h. a proxección no Cine Clube do documental "A Fala do Cacique", que contará coa presenza de Márcia Gomes de Oliveira Suchanek e de Norbert Gregor Suchanek, autores do documental. Máis...

O Filminho 2009 xa está en marcha

O Filminho 2009 abriu o periodo de inscrición para as súas categorías. Este Festival de cine que se celebra ao mesmo en tempo en chan galego e portugués terá lugar en xullo. Máis...
Aviso automático: Esta historia podería estar duplicada. Mira ben antes de chuzar.

Aberto prazo para o festival de cine documental das Mariñas

Acaba de abrirse o prazo para enviar pezas documentais ao Festival de cine documental As mariñas, no que se busca achegar a realidade de diversos temas (maiormente de corte social) ao público en xeral, incidindo na aproximación ás realidades de países pertencentes a América Latina, retratados a trvés de producións propias ou alleas. O prazo de envío remata o 14 de setembro. Máis info en cine.betanzos.es/central_gal.htm Máis...

Filtrado o trailer de "Alicia no país das marabillas" de Tim Burton

Filtrado o trailer de "Alicia no país das marabillas" de Tim Burton
Xa se pode ver (a calidade regular, pero decente) o trailer da nova versión do clásico de Charles Lutwidge Dodgson que está a realizar Tim Burton e que ten moi boa pinta. Máis...

'Vertigo', a obra mestra de Hitchcock, cumpre 50 anos

'Vertigo', a obra mestra de Hitchcock, cumpre 50 anos
Cando un día como hoxe de hai 50 anos estreouse nos Estados Unidos a que entón era a última película de Alfred Hitchcock, a reacción de público e critica non foi precisamente entusiasta. Na actualidade, a que a revista ‘Time’ definiu naquel momento como “disparate”, é unha obra de culto, considerada por moitos fans e estudiosos do lendario director británico como a mellor dunha carreira chea de cumes. Máis...

Santiago acolle a primeira Mostra de Cine Cubano en Galicia

Santiago acolle a primeira Mostra de Cine Cubano en Galicia
Unha variada selección de cine cubano poderá verse na capital galega do 12 ao 16 de maio, froito dun acordo asinado en 2007 na Habana entre o Consorcio Audiovisual de Galicia e o Instituto Cubano de Arte e Industria Cinematográfica (ICAIC) para difundir a ambas beiras do Atlántico os patrimonios audiovisuais dos dous países. Do mesmo xeito, desenvolverase en Cuba unha Semana de Cine Galego. Máis...

Falece o actor José Luis López Vázquez

Falece o actor José Luis López Vázquez
Faleceu hoxe un dos mellores actores españois. Fixera os 87 anos. D.E.P. Máis...

''Insultingly Stupid Movie Physics'' a página definitiva de erros científicos em filmes

Insultingly Stupid Movie Physics é umha página com alguns anos de história, mas sempre recomendável. Umha compilaçom de críticas cinematográficas desde o ponto de vista dos seus erros científicos. Com secçom especial para a película "seria" mais erronea da história: The Core Máis...

Falece o realizador Dino Risi, 'pai' da comedia italiana, aos 91 anos

Falece o realizador Dino Risi, 'pai' da comedia italiana, aos 91 anos
Risi, director de películas como 'Profumo di donna' (Perfume de muller), era unha das grandes figuras do cine italiano dos 60. Máis...

"Os dereitos lingüísticos dun galego desaparecen ao entrar nun cine"

O debate entre a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, e o deputado do BNG Bieito Lobeira, centrou a Comisión sobre Educación e Cultura celebrada esta mañá no Parlamento. O deputado nacionalista realizou unha pregunta sobre o apoio do Goberno á dobraxe ao galego de filmes para a súa estrea nas salas comerciais. Puxo como exemplo de boa xestión o acordo ao que chegou a Generalitat de Cataluña para a estrea en catalán do último filme de Indiana Jones. Máis...

Ródase a primeira película de temática gay e rural en euskera [para cando unha en galego?]

Ander, a primeira película de temática homosexual feita en euskera, estrearase o 30 de xaneiro de 2009. A cinta, rural e en euskera, empezará a rodarse o próximo luns en Arratia. A película conta a historia dun inmigrante latinoamericano que chega a traballar á vila. Alí faille repensar a condición sexual a un autóctono, Ander, que sempre crera que lle gustaban os pololos (sic). No filme non faltarán prostitutas e modelos de familia rexeitadas en sancristía. Máis...

Estrea de De Profundis, candidata aos Goya e que podería ir á Berlinale

Este venres 19 é a estrea da película de animación e proxecto persoal de Miguelanxo Prado (con música de Nani García). Ademáis, segundo adiantou o produtor do filme, Pancho Casal, é posible que o filme chegue a se proxectar na Berlinale, un recoñecemento que se sumaría á xa confirmada candidatura ao Goya ao mellor filme de animación. Máis...

Regresa Planeta Cine , con Uxía Blanco como presentadora e a un horario.... 1:15hs.

Regresa Planeta Cine, con Uxía Blanco como presentadora, os venres à 1:15hs. Falará Luís Zahera, e o crítico Óscar Suárez centrarase nas últimas películas con actores galegos: Zahera (Alatriste), Luís Tosar (Miami Vice) e Celso Bugallo (Salvador e A noite dous xirasoles). Entre outros temas, afrontarán a histórica produtora galega Folk. Máis...

As mellores películas baixo Public Domain

Non penses que se hai películas baixo a licenza Public Domain é porque son tan malas que non merece a pena renovarlles os dereitos, neste artigo recomendan as 10 películas deberías descargar e dende onde podes facelo. Máis...

O Cineuropa avanza cara un novo formato de festival

A próxima edición de Cineuropa perfílase como máis ambiciosa do que vén sendo habitual. O director do festival, José Luís Losa, confirmou que se manterá fiel aos seus principios (proxección de películas que por problemas de distribución non chegan á carteleira, premio do público e premio especial) pero que se completará para achegarse máis ás características dun festival. Máis...

Os festivais de Cans e Cannes estrearán o mesmo día un filme galego

"Berros do corredor", filme de animación galego terá a honra de ser estreado mundialmente o mesmo día en dous dos máis importantes festivais de cine do mundo: Cans e Cannes. O festival de cine de Cans terá lugar entre o 24 e o 27 de maio. Máis...

Os cines Filmax da Coruña inauguran unha sala que proxectará exclusivamente películas en versión orixinal

As proxeccións empezan o día 15 de setembro coa premiada película 'The wind that shakes the barley', de Ken Loach, gañadora da Palma de Ouro na última edición do Festival de Cannes. Máis...

Semana kurda en Compostela

Nesta Semana Kurda poderemos achegarnos á realidade dun dos países sen estado máis importantes do mundo. A través de varios filmes, documentais ou de ficción, unha conferencia e un concerto da cantante Nilüfer Akbal, poderemos vivir de preto o contacto coa tradición cultural e a innovación artística do país. Máis...

Erros do cine (en imaxes)

Unha web recompilou imaxes nas que dan conta das típicas pifias das películas, de xeito que así temos presentes eses fallos para cando volvamos a ver unha película e así nos decatemos das "cagadas". Máis...

¿50 anos sen Béla Lugosi?

A data do seu pasamento: 16 de agosto de 1956. Mais, quen sabe... Máis...

Estrea do Filme anarquista " a SomBra NeGra" o 19 de Xullo

Este mércores dezanove de xullo realizarase a proxección do filme a SomBra NeGra que conta a historia do sindicato anarquista mediante testimonios. Realizado pola CNT de Santiago de Compostela, será proxectado ás oito da tarde simultaneamente en oito cidades galegas. Máis...

Morre Juan Pablo Rebella, o director de

Segundo informa a prensa uruguaia Juan Pablo Rebella, que contaba con 32 anos de idade, cometeu suicidio na madrugada do pasado mércores. Grazas ás dúas películas feitas en colaboración con Pablo Stoll, "25 Watts" e "Whisky", o director convertiuse nunha das grandes esperanzas do cinema hispanoamericano. "Whisky", protagonizada polo galego Andrés Pazos, recibira o premio "Un Certain Regard" e o da FIPRESCI no Festival de Cannes do 2004. Máis...

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]