últimas noticias / Mércores, 10 de febreiro de 2010

Bicicoruña amplia o número de bicicletas

200 novas bicicletas repartiranse entre as novas bases instaladas nas Roseiras, Praza das Conchiñas, praza de Vigo, praza de Catro Camiños, Matogrosso/grande, Paseo das Pontes, Campo de Marte e Campo da Leña. Nesta páxina podes rexistrarte para usalas. Lembra que é un sistema que permite disfrutar do teu contorno usando as bicicletas que o concello pon a túa dispor en distintos puntos da cidade e que che permite desprazarte cómoda e saudabelmente. Agradecemos que trates con coidado as bicis e respectes as normas de tráfico Máis...

A evolución da gastronomía galega en seis pratos

A evolución da gastronomía galega en seis pratos
[C-P]Son receitas de celebración,de seis épocas distintas da historia gastronómica de Galiza.Pola arqueoloxía sabemos que na época castrexa comían trigo,verduras,repolo,grelos.E todos eles moídos e posteriormente cocidos.Ademais dos achados nas escavacións,a arquitectura,a pintura,a literatura e,por suposto,a prensa,serviron para rexistrar moitos dos pratos e menús de antano...[C-P] 6 Pratos con memoria (PDF) ur1.ca/lvyw Máis...

Acha Escrava: bota a andar nova editora en galego

Tras papeleos varios, a burocracia correspondente e o empurrón dun poeta noiés, a nova casa editorial "Acha Escrava" é uha realidade. Falamos coa súa cabeza máis visible, Manuel L. Rodrígues, sobre esta aventura..."Detrás da editorial están as gañas de traballar e abrir unha pequena (outra) vía para a literatura e a língua galega, aínda que, sobre todo, a intención é a de gañar en liberdade". Ligada: achaescrava.blogspot.com/ Máis...

Google dixitaliza libros galegos grazas a unha biblioteca de Barcelona

Google dixitaliza libros galegos grazas a unha biblioteca de Barcelona
Luis Collado, director de Google Books España, non ten contactos coa actual Xunta para emprender plans de dixitalización. Moitas ferramentas de Google sen traducir ao galego, tamén porque a diferenza dos gobernos vasco e catalán, non hai asinado nin pagado ningún acordo de tradución. Blogue de Tati Mancebo vía CiberIrmandade da Fala tinyurl.com/ybosh35 Máis...

Junta de Galiza alega inexistente 'normativa ortográfica oficial' para negar subsídios ao Novas da Galiza

Junta de Galiza alega inexistente 'normativa ortográfica oficial' para negar subsídios ao Novas da Galiza
A pregunta que o deputado nacionalista Bieito Lobeira levou ao parlamento galego relativa à exclusom do Novas da Galiza dos beneficiários de subsídios às empresas que realicem publicaçons periódicas escritas integramente em galego por nom utilizar a normativa ILG-RAG, apresentada no 30 de outubro do passado ano, vem de receber resposta, qualificada de “surrealista” polo deputado. [Anexa-se o documento da resposta] Máis...

Tres hedge funds con máis de 500.000 millóns, responsabeis do ataque a España

O ministro de Fomento dixo onte que a forte caída da bolsa española debeuse ao “ataque” dos especuladores financeiros, que fixeron “maniobras un tanto turbias” para castigar o euro e ás economías máis débiles da zona euro. Pero, quenes son eses ‘especuladores’ malvados aos que se refería? Como se chaman? Cantos cartos manexan ? Máis...

Escoita o Aberto por Reformas em Bueu

Presentado por Xurxo Souto e Vituco Neira, o Sábado 6 de Fevereiro de 2010, re-abriuse o Aberto por Reformas, grazas à Asociación Mozos e mozas de Beluso, e à colaboraçom de Komunikando, podedes escoitar o que alí se falou. Máis...

Un estudante detido en Compostela por disparar a veículos e comercios

O arrestado resultou ser un estudante universitario lucense, pero residente na capital galega, que carece de antecedentes policiais anteriores. Tras prestar declaración en comisaría, onde recoñeceu os feitos que se lle imputaban, foi posto en liberdade con cargos. Interviuselle unha carabina de ar comprimido, da marca Hatsan, modelo AT-44, de calibre 5,5 milímetros con diversos compoñentes. Máis...

Galicia perdeu 1.338 aldeas ata o 2009

Galicia perdeu 1.338 aldeas ata o 2009
Galicia pechou o 2009 con 1.338 aldeas menos, case o 3% do total de núcleos poboacionais da comunidade autónoma. É, xunto con Asturias, un dos territorios de España que máis sofren a despoboación do entorno rural, xa que existen outros 700 lugares habitados por tan só un veciño, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). As provincias cunha maior perda de habitantes son Lugo e A Coruña; entre as dúas suman un millar de pobos prácticamente deshabitados, con 524 nos que non hai un só veciño, no primeiro caso... Máis...

O Parásito evidencia fotograficamente a manipulación da ultradereita na manifestación de GB

O Parásito evidencia fotograficamente a manipulación da ultradereita na manifestación de GB
C+C: 'Hoxe hai un ano daquela manifestación organizada pola caverna do nacionalismo espanhol i eses ós que fan referencia os últimos versos na terceira estrofa do hino galego. Mais as fotos que serviron e inda hoxe sirven para ilustrar a historia seguen a me intrigar. Esta é a asistencia que mirei eu ao vivo na webcam. Esta foto inda non saiu na Cóz. Como é posible que xornais e medios de comunicación falaran dunha praza chea?' Máis...

Traballo contratou a Plexus sen publicidade e pedindo só outra oferta

A ausencia de publicación da adxudicación débese a que se usou un "trámite de urxencia" para unha "asistencia informática", indican fontes oficiais do Executivo a ANT. O Goberno pediu orzamento unicamente as consultoras Plexus e Indra. Antonio Agrasar Cascallar, ex-asesor da CRTVG na era Fraga e persoa próxima ao círculo do ex-conselleiro de Cultura Xesús Pérez Varela, figura como apoderado desta empresa. Máis...

Calidonia destapa como La Voz anda a reedita-la estratexia eleitoral para as municipais

Calidonia destapa como La Voz anda a reedita-la estratexia eleitoral para as municipais
C+C: 'A enquisa de La Voz publicada o domingo baixo o título de barómetro urbano ten moi pouca validez, ou ningunha (...) a importancia editorial concedida non se acompañou dunha mostra o suficientemente ampla coa presumíbel intención de conseguir un duplo obxectivo: Manter mobilizado ao electorado máis activo da dereita e confiar ao electorado da esquerda, para reeditar os mesmos efectos que tiveron sobre a opinión pública galega as enquisas preelectorais das autonómicas do 2009' Máis...

Os propietarios dos centros educativos son os pais, segundo Feijoo

"Estamos nunha sociedade onde, se os recursos o permiten, os propietarios sempre teñen a razón. O propietario dun centro educativo non é nin o goberno nin os profesores, son os pais, que son os que os pagan." Esta e outras pérolas do presidente da Xunta nunha entrevista para Tempos Máis...

Queremos Galego chama a “saír do armario” aos galeguistas do PPdeG

Onte, cando se cumpría exactamente un ano de que destacados dirixentes do PPdeG –coma o seu secretario xeral e actual conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, o coruñés Carlos Negreira ou a viguesa Corina Porro– compartisen pancarta coa asociación contraria á normalización da lingua galega, as protestas contra o denominado decreto do plurilingüismo formalizáronse no Parlamento de Galicia Máis...

Escolma de artigos xornalísticos que negaron a burbulla inmobiliaria que hoxe nos lastra

Escolma de artigos xornalísticos que negaron a burbulla inmobiliaria que hoxe nos lastra
No Diario de Córdoba en Outubro do 2003 sentenciaba aquel laureado amigo de Fraguel Galicia, "El ministro de Fomento, Francisco Alvarez-Cascos, afirmó ayer que "no existe la burbuja inmobiliaria que algunos dicen y que temen que se pinche con una caída fuerte de la vivienda", hecho que, añadió, no sucederá en los próximos años, aunque puede haber un pequeño retroceso". Agora os numerosos espíritus santos e polinidades, cántanos cal sereas engaiolantes para arranxar a crise... contricción salarial, traballadores! Máis...

A TVG contra o deporte galego

O derbi galego da Liga Asobal non ten cabida na programación da TVG. Frigoríficos e Pilotes Posada ofreceron todas as facilidades para que o choque do próximo fin de semán se retransmitise. En San Marcos contestaron que tiñan a programación fechada. EN vez do derbi galego na mellor liga do mundo, a TVG botará un partido de Real Madrid de baloncesto contra Bilbao. Máis...

''Xandre, o elefante sen sombra'', un conto en liña en galego accesible

''Xandre, o elefante sen sombra'', un conto en liña en galego accesible
Contos de Xandre é un sitio en liña que diríxese a pór de manifesto entre a comunidade internauta a seguinte realidade: non todos os seus usuarios están na mesma disposición para facer uso igualitario dos seus servizos. Porén, e para que se entenda, os Contos de Xandre si que o está, de aí que todo o que aparece nela, o conto en si mesmo, sexa cen por cen adaptado e accesible para nenas e nenos con diversidade funcional. De feito, dispón de braille, lingua de sinais, pictogramas, audios, vídeos e outros formas Máis...

Ciancimino: Berlusconi e Forza Italia são filhos dum pacto entre a Máfia e o Estado

Massimo Ciancimino, filho do ex-autarca mafioso de Palermo, declarou que nos anos 90 houve um pacto entre Máfia e Estado para favorecer a vitória eleitoral do partido Forza Italia do actual Primeiro Ministro da República, Silvio Berlusconi. Esta teria sido a condição posta pola Máfia para pôr fim às matanças do 92. A Cosa Notra estaria detrás da financiação do partido e dos negócios privados do próprio Berlusconi, nomeadamente no eido da especulação imobiliária e na compra de várias cadeias de televisão, incluindo a RAI. Máis...

A Sánti Rei falham-lhe as matemáticas

Mínima análise matemática do inquérito publicado polo libelo-por-antonomásia: as contas nom quadram ao dizer desta blogueira. [op, esp] Máis...

a nosa compra en galego

Remata a campaña da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, A nosa compra en galego, cunha participación do cen por cen entre os comerciantes dos mercados. Máis...

Nom ser independentista é difícil

Nom ser independentista é difícil
Mantemo-nos no galego, mas tendemos a evitar aqueles traços que nom converjam com o castelhano mal pomos um pé fora da casa. Conscientes de que se di lulas, pescada, ameixas, garfo ou cadeira, nós, nacionalistas, podemos utilizar estas palavras nos nossos meios, na casa; mas no restaurante, a nom ser que tenhamos o dia reivindicativo, preferimos dizer bocadillo de calamares, merluza à romana, mermelada de ciruela, tenedor ou silla, porque divergir do marcado como normal pola língua estatal é incómodo. Máis...

A FPG recoméndalle a Ferrín que 'non cale'

O Secretario Xeral da FPG, Mariano Abalo, asegura que con Ferrín ó frente da RAG daráselle esplendor e dignide ó galego. Máis...

LXXIII Aniversário do Fusilamento dos Mártires de Ordes

LXXIII Aniversário do Fusilamento dos Mártires de Ordes
Este 8 de Fevereiro fam-se setenta e três anos desde que o fascismo assassinou no cemitério de Boisaca a onze vizinhos de Ordes: Ângelo Jesus Caamanho Vila Verde, José do Rio Pampim, Manuel do Rio Pampim, José García Fernández, José Igrejas Vilarinho, Manuel Moure Rei, André Nogareda, Paulino Peres Garcia, José Peres Sanmartim, José Vásques Mandaio e Bieito Vilarinho Liste. Todos militantes de esquerda, a maioria de Esquerda Republicana, mas também do Partido Socialista e o Partido Galeguista. Máis...

Verdura para a selva de asfalto

Verdura para a selva de asfalto
"Basta com umha pequena terraza. Com as flores e as plantas decorativas de retirada, tomates e cabacinhas apropian-se das macetas. O assunto vai em sério e neste mes veram a luz duas associaçons que propugnan estas práticas ecológicas: A Asociacion Galega de Horticultura Urbana (hortaurbana.blogspot.com), e a Asociación de Usuarios e Usuarias das Hortas do Val de Feáns, nas proximidades da Corunha. (hortasnacidade.wordpress.com) Máis...

Dos confidenciais da dereita, PP e PSOE traballan as agochadas para "Caja Madrid"

Dos confidenciais da dereita, PP e PSOE traballan as agochadas para "Caja Madrid"
Alberto Núñez Feijóo traballa nunha posible solución de consenso que pasaría por ofrecer a unha terceira entidade, como Caja Madrid, os activos sacrificados pola creación da caixa única galega, segundo fontes políticas galegas, recupera así unha alternativa que foi manexada tamén pola contorna económica do PSOE galego como posible modelo de fusión... Máis...

Somos os que menos TV vemos no estado espanhol

Aragom e Andalucía ocupam o primeiro e segundo posto, com 291 e 276 minutos consumidos, respeitivamente, mentres que os galegos somos os que menos TV vemos, com 233 minutos diários Máis...

Inaugurou-se hoje Diário Liberdade

Inaugurou-se hoje Diário Liberdade
"O facto de nascermos como meio de comunicaçom numha naçom oprimida como a Galiza, onde o diverso movimento popular conta com escassos referentes informativos comuns, fará com que demos realce à nossa luita colectiva pola independência nacional. De facto, nom é por acaso que escolhemos este 8 de Fevereiro, 1º aniversário da jornada de luita pola língua que decorreu em Compostela em 2009. Queremos dar a conhecer a existência da Naçom Galega, das suas aspiraçons e da sua luita, e queremos fazê-lo no ámbito lingüístico [+]" Máis...

Un condenado por fraude xestionará axudas da UE

Malia ser condenado por defraudar 50.000 euros de axudas dos fondos comunitarios e ser imputado polo mesmo motivo, Xoán Emilio Aparicio, man dereita de Roxelio Martínez, superdelegado da Xunta en Ourense, volverá xestionar subvencións da Unión Europea. Desta vez, encargarase de 4,5 millóns.E é que a man dereita de Roxelio Martínez aprobou un exame para persoal técnico de xestión do Programa Leader Galiza polo que se fixo coa praza de xerente, que lle reportará 30.000 euros brutos anuais até o ano 2015. Máis...

Baltar di-lhe a Ferrín que não se preocupe, ele apoiará a RAG e a sua candidatura ao Nóbel

"...o presidente da Deputación Provincial de Ourense, Xosé Luís Baltar, mostrou momentos antes da intervención o "compromiso moral e económico" da institución ourensá coa RAG para que "non pase estreitezas". Neste sentido, Baltar Pumar ofreceu "desde agora" a posibilidade de asinar un convenio coa Real Academia que lles permita axudar" a institución "en todo o que necesite". Noutra orde de cousas, Baltar Pumar mostrou a súa disposición a "apoiar" calquera proposta para que o presidente da RAG gañe o Nobel[+]" Máis...

Virxinia Rodríguez, de ADEGA afirma que o modelo de Asturias, baseado en parques naturais e nacionais, "funciona".

Virxinia Rodríguez, de ADEGA afirma que o modelo de Asturias, baseado en parques naturais e nacionais, "funciona".
Virxinia Rodríguez, que afirma que o modelo de Asturias, baseado en parques naturais e nacionais, 'funciona' e o galego non: 'En Galicia matamos por unha leira e logo témola a monte'. C+P:'Nós temos o Parque Nacional das Illas Atlánticas que se basea na praia máis bonita do mundo. Bueno, pois resulta que é un parque natural e ten outros valores. Non poden vir dez mil campistas ás Cíes e poñer paseos para que chegue todo o mundo. Non. Un parque nacional tense que dirixir a esa xente que ten esa sensibilidade de coñecelo.' Máis...

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]