Yolanda confirma a versión dos Aduaneiros e segue pensando que fixo ben

O agardado comunicado de Yolanda Castaño achega pouca novidade á polémica. Di que todo o fixo de boa fe e que non comprende que o de aconsellar "que retire de la web cualquier alusión a la persona de mi representada, así como dicho montaje de “cambiado de ropa”, fotos, etc." ameace a liberdade de expresión. Quedan expostas as razóns das dúas partes. Que cada quen tire as súas propias conclusións.
8 comentariosen humor
tags: aduaneiros, asf, humor, yolanda castaño karma: 222.00
votos negativos 1, votos de usuarios: 49, votos anónimos: 27

comentarios

  1. #1   

    por se alguén chega tarde, o que vai en cursivas está sacado da carta do avogado que publicaron os aduaneiros aquí www.aduaneirossemfronteiras.org/avogado.php. O segundo comunicado, aquí: chuza.org/historia/aduaneiros-sem-fronteiras-fechado-2-comunicado/

    votos: 0, karma: 0
    escrito por orsinia hai 843 dias 3 horas 53 minutosorsinia
  2. #2   

    Aínda non entendo esta parte: (C+P) Facíaseme costa arriba ter que dirixirme persoalmente onda eles a pregar polo meu respecto sendo eu a inxuriada Cal é o problema de se dirixir directamente aos responsábeis da web? Por qué hai que recurrir obligatoriamente a un releo entre avogados, por unha chorrada que non merece darlle tantas voltas? Por qué custa dicir as cousas claras desde o principio: "non me gusta o deseño e os comentarios son ofensivos, a ver se facedes algo ao respecto"? Sen mais. Hai xente revirada de vez!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por lourixe hai 842 dias 17 horas 24 minutoslourixe
  3. #3   

    A ver, un dos comunicados dos aduaneiros di:

    Queremos lembrar que o feche seria reversível se, como agora afirma a demandante, estivesse disposta a aceitar por escrito ou pessoalmente a nossa já reiterada oferta de retirar os comentários e manter o desenho gráfico.

    E no vieiros de hai un par de días publicábase unha declaración de Yolanda da que cito:

    Eu si que estou disposta a que se deixe colgada a caricatura, pero os insultos creo que non se poden publicar.

    ¿Con esto non queda zanxado o tema? Pregunto. E propoño.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por carracho hai 842 dias 16 horas 21 minutoscarracho
  4. #4   

    Hai que falar máis e menos avogados.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por xoseanton hai 842 dias 10 horasxoseanton
  5. #5   

    bertiño: pecha a web

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Nemigo hai 842 dias 6 horas 4 minutosNemigo
  6. #6   

    Probe Iolanda.
    Agora que a acolleron no seo de Sagadelos , e vilipendiada por unha panda de roxos, desfarrapados e "hipies" que a bon seguro teñen o pelo longo.
    Non quero nen pensar se neste país existira un programa como "Polonia" de TV3.
    Probablemente tería unha soa edición: Estrea e despedida.
    Isto é Africa, señores. Mal que nos pese.
    Viva a Cidade da Cultura! Vivan os portos exteriores!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por aturuxo9000 hai 842 dias 5 horas 57 minutosaturuxo9000
  7. #7   

    As verdades doem e à Yolanda Castaño o que mais lhe doeu nom foram as bastadas que os anónimos comentaristas deitaram no site aduaneiro senom que o aduaneiro Panchez a acusasse de traidora no seu genial "Tu Quoque, Iolanda?". Porque sabe perfeitamente que o que lhe fijo ao Díaz Pardo foi umha vil traiçom. Agora que sufra (em silêncio ou nom) as conseqüências do seu desprezível proceder!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por osanma hai 841 dias 15 horas 35 minutososanma
  8. #8   

    Es que hay que ser Bruta!

    (Outro, desde fora do telom de grelos, para Panchez e Bertez com amor: www.pradocharaf.com/ronsel/index.html)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por repoluda hai 841 dias 7 horas 59 minutosrepoluda

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]