Todo comezou encetada a década dos 60, cando o bibliófilo Richard Booth chegou á vila e deu en pensar que os libros poderían pausar un pouco o rápido devir da vida dos habitantes e dos visitantes de Y Gelli Gandryll -
tinyurl.com/3ztnu2 -, en Cymru. Na actualidade, esta vila de dous mil habitantes conta con 30 librarías, entre as que se atopa a de Booth, que ten 400 mil exemplares. Ademais de nas librarías, os volumes teñen unha importante presenza na rúa a través do Hay Literary Festival -
www.hayfestival.com/ -.
comentarios