www.avoz.com/se_opinion/noticia.jsp?CAT=130&TEXTO=5062332
enviado por RogerioCoelho hai 1039 dias 1 hora 13 minutos, publicado hai 1039 dias 30 minutos
Galicia e Portugal constitúen unha faixa de territorio comprendido entre as mesmas lonxitudes, 7 e 9 graos aproximadamente, pero non comparten hora. Por ser un territorio do Estado español, Galicia vive con máis dunha hora e media de adianto, o que prexudica a economía e a saúde. O normal sería que tivese a hora de Portugal e Irlanda, por coincidencia de lonxitudes e fuso horario. (...) Ultimamente a cousa complicouse e chegouse a falar mesmo de que o Estatuto de Autonomía reformado contemple o reaxuste horario de Galicia.
comentarios
Eu diría máis: no verán levamos dúas horas e media de adianto.
Isto da moito que falar... Como e' posibel que un neno galego e outro polaco se levanten a mesma hora pra ir a escola cando en Polonia xa e' de dia e nas Galizas e noite cerrada???
Fuso horario galego xa!!!!!!
Iso! Iso! Nen español, nen portugués!
Fuso Galego Independente Xa!
(Coñas aparte, a min pareceríame ben ir pola hora portuguesa... digo, galega.)
Sr. Gato, cando digo fuso galego, refirome ao mesmo fuso que en Irlanda, UK, Portugal e Canarias.
Penso que a xente da VA-CA.org foron os primeiros en facer campanha na rede polo fuso horario galego. Magoa que a VA-CA se inmolase pra deixar semente de vencer!!
Agora a campanha continua en AGAL, Hora da Galiza = GMT !
Por suposto, GMT = Galiza Meridian Time!!!!
Eu son dos que pensa que unha hora menos na Galiza é viabel, correcta e necesaria. O que fode levantarse pola maña e estar todo escuro e pensar... "O ben que estaba na camiña...". Se é de día xa non te da tanta pereza...
Por certo, por qué a categoría desta nova é reintegratas?