elprogreso.galiciae.com/nova/10789.html
enviado por alema hai 142 dias 13 horas 43 minutos, publicado hai 142 dias 11 horas 37 minutos
Tres dos oito alcaldes do PPdeG envoltos na polémica coa Vicepresidencia da Xunta polo Consorcio Galego do Benestar pedíronlle perdón por escrito a Anxo Quintana e ofrécenlle de novo a súa colaboración. En concreto, os alcaldes do municipio de Antas do Ulla (Lugo), Javier Varela, do Concello do Rosal (Pontevedra), Jesús Fernández Portela, e de Vilamartín de Valdeorras (Ourense), Manuel Candal, demandan nas misivas a súa intención de permanecer no Consorcio e de fomentar unhas boas relacións institucionais coa Vicepresidencia.
comentarios
O que hai que ver cando se trata de cartiños! Alguén se imaxinaba hai uns anos que os caciques do PP fosen tan espléndidos nos seus piropos cara ao BNG. El Correo reproduce a carta do Alcalde do Concello de Antas de Ulla: observade o galego da misiva, que até inclúe un "irrexeitábel", e o cruño do Concello no ángulo superior esquerdo.
www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=50
Hai que ver o ben que se entenden estes alcaldiños co vicepresidente. Non dubido de que si houbo presions para que aceptasen toda a propaganda que acompaña a xestión de vicequintana no consorcio. Pero que pena ver este vicepresidente actuar contra os intereses dos veciños deste concello ameazando con facer inviable a galescola por un problema de orgullo ferido polos alcaldes correspondente. Onde está a autoestima deste alaricano?
#2 Também haveria que ver como defendem os seus interesses os próprios vizinhos que votaram um autarca que assina as cartas como "El Alcalde Presidente del Ayuntamiento de Antas de Ulla" e ai por diante, e não se passa nada porque são "os do sempre" e ninguém espera mais que o mesmo... assim vamos apreendendo um pouco todos, tb...
Cada día pasan cousas máis frikis.
Un dos alcaldes que firmou con Quintana, cando se reuniu coa xente do chiringuito-consorcio díxolles: Mirade, xa sei que ós que ides meter a traballar son do Bloque, pero polo menos metede xente do noso concello.
Despois os alcaldes acusan a Quintana de actuar como El Padrino, que ou firmabas ou te quedabas sen escola infantil, e vai Quintana, para desmentir que sexa un famioso, dilles, ah si, cantades, pois quedades sen galeescola.
Obviamente os alacaldes recuan, porque queren escolas infantís aínda que sexa con métodos mafiosos.
rectificar... é de sabios e tampouco lles falta coraxe a estes alcaldes por antepor os seus concellos á política de oposición zapa dos seus xefes políticos. Ogallá os representantes políticos das franquicias de génova e ferraz tivesen, as veces, a mesma gallardía...
#4 penso que se lles retiraba a sua adscipción ó consorcio máis garantizábase-lles unha inversión equivalente por outros vieiros...
Exactamente, se cadra as formas non foron as mellores, mais Quintana díxolles claramente que se pensaban que estaban tragando cunha "chantaxe mafiosa" que non comparten voltarían ás axudas do modelo fraguiano anterior, claramente insuficientes. Non concordo con #2 a respecto de que Quintana estaba esquecendo nesta lea os veciños e veciñas: é política e levar adiante un proxecto nun concello que parece que non o quere... Ao mellor queriamos unha baixada de pantalóns máis e darlle a razón aos caciques rurais do PP aleccionados polo político adolescente Alfonso Rueda.
A proposta foi sinxela, se credes que o sistema é dictatorial, voltamos ao modelo anterior. Non era nada de ou como eu ou non hai cartos. O que pasa é que costa que che devolvan as labazadas. Xente coma #2 xa caerán da burra.
O evidente é que en toda Galiza a sensación é que gobernan son os do Bloque, non os "capullos".
Revelador este vídeo do alcalde de "Villamartín":
www.youtube.com/watch?v=Dq7fHR-3Avg
O modelo Galeescola é igual que o modelo Cacharro ou Baltar pero ó grande, eu nunca defenderei os chiringuitos da administración paralela, monteos o PP o PSdeG ou o BNG.
Cada dia que pasa o PP e o BNG parecense mais. Eu desmonto "chiringuitos" dos outros e monto os meus para meter a miña xente (Sin que ninguén se decate) e poder enganar a xente que vive no/do medio rural.
Ai...(suspiro) lémbrome de aqueles alcaldes do PP que xunto aos seus secuaces parroquiais tiñan controlada toda unha vila. Sabían desde o primeiro ao último a quen votaba cada quen. Por iso mirabas camiños asfaltados que de súpeto remataban sen explicación (Ahí vive un do Bloque) Ou enganches ao saneamento que nunca chegaban (Ese non é dos nosos) E aqueles silencios ao entraren na taberna (ese é un rojo) Si lémbrome de todo iso. No meu concello xa non pasa. Mandamos ao PP ás cavernas. Se hai algo que me aleda é que por fin alguén lles da a estes Fillos da Puta donde lles doe: No seu noxento orgullo fascista. A eles o povo impórtalles un carallo. Ben por Quintana mil veces.
Retiro o de Fillos de Puta. Súas nais non teñen culpa.
Con bon un humor unha boa analise:
perfectoconde.blogspot.com/2008/05/que-pas-miquelarena.html
#11 Pero cando alguen lles da aos fillos de p. onde lles doe acaba convertendose nun fillo de p peor. E sempre che miraran mal os que so saben estar adulando ao poder.
#14 Non sei se vives nun concello rural pero vouche dicir unha cousa. Un dos dias máis felices da miña vida foi aquel en que un concelleiro do bloque con responsabilidades de goberno puxo a tres caciques con pasado máis que franquista da miña parroquia polo chan. Sabes como? Asfaltando un camiño intransitable que eles impedían arranxar desde hai anos, imaxina o motivo, e que tiña fodidas a 7 familias. Eses cabróns tiveron fodidas a 7 familias 30 anos, si 30 anos, case nada. Pois ben ese concelleiro deulles no seu noxento orgullo fascista. E iso no rural é moito!! Carallo se é moito!!
Pois vivoche nun concello rural e un dos dias mais desgraciados da miña cvida e cando os do bloque do meu concello fixeron unha lista negra de persoas as que non se lle deberia dar traballo na galescola. Supoño que se algún dia gobernan o concello faran listas dos lugares que non se deben asfaltar. E se finalmente procaman unha galiza independente faran un campo de concentracion para todos aqueles que non pensan coma eles. Iso, para os stalinistas é moito.