www.lavozdegalicia.es/lugo/2009/01/27/0003_7488325.htm?idioma=galego
enviado por eche_o_que_hai hai 331 dias 14 horas 34 minutos, publicado hai 331 dias 4 horas 59 minutos
Nun artigo de opinión, Luis Ventoso acha o culpábel dos apagóns e dos cortes de subministración eléctrica: "vivimos onde nos peta". "Queremos cables á carta, que crucen os eucaliptais para levarlle a luz a Evaristo, porque lle deu o punto de achantar un bloque de catro pisos no medio da nada".
comentarios
0# vai ser que si...
(c+p dun comentario desta nova)
www.elcorreogallego.es/tema-del-dia/ecg/fenosa-promete-restablecer-hoy/
Ironía en Cerceda: 72 horas y subiendo
"El caso de Cerceda resulta irónico al tratarse de un concello gran productor de electricidad. Ayer, a las 18.30 horas parte de la parroquia del mismo nombre cumplía las 72 horas a oscuras y, paradójicamente, al lado de la central de energía eléctrica para exportar".
xa o comentei aquí chuza.org/historia/200-000-cidadans-levan-mais-de-40-horas-sen-luz-na-2
Para min ten moita razón o autor do artigo. somos 2 millóns e medio nun estado de 45 millóns e temos máis da metade dos nucleos de poboación. Esta si que é unha característica diferencial da nación galega, vive como e onde lle peta
#2 Vive alá onde vivas.

Igual prefere o modelo de Castela: nasce na aldeia, emigra à capital e renega das tuas raízes... os seus filhos já serám uns autênticos urbanitas modeilnos e nom terám que envergonhar-se do que som
Venga, todos pa Vigo y La Coru, y no olvideis dejar de hablar el gallego para integraros y vivir como las personas!
#2 o que nom têm nada a ver com os problemas de electricidade, como bem podes ler em #1.
#3 yo ya lo he hecho y me siento mas persona, no como usted, caballerete, que talmente parece un aldeano con ese dialecto que habla.
Estou com #2 a dispersão populacional é péssima para o ambiente, constroi por aqui, por ali, casa aqui acolá, corte pas vacas, o transporte por estrada aumenta, porque pa ir jogar a partida é preciso ir de carro. Na minha paróquia devem ser 250 pessoas e con ONZE núcleos de população, dez depósitos de água, centos de postes de luz, antenas de telefones, uns 30 km de pista asfaltada, centenas de pozos negros. Não é razoável.
#5 Eu traballei colocando postes de telefone no rural, e podo garantir que:
-É carísimo facer instalacións dese tipo en paises coma o noso.
-Tamén influia a rivalidade entre famílias e veciños, o cal nos obrigaba a dar rodeos máis caros que un ollo. Cada poste daquelas, hai uns 5 anos valoraba-se nuns 300 ouros aprox.
-Se a CTNE (Compañia Telefónica Nacional de España) non lle compensaba levar cable a unha casa máis alonxada das demáis, non poñia o cable. Deixaba os TRAC de antes (tecnoloxia da II G.M.). Acutalmente eses telefones de antena están sendo mudados por outros máis modelnos de cobertura LMDS.
-Se houbera máis ordenación do território esto non pasaba, e non me...
» ver todo o comentario
#5 Viu vostede algumha vila da Arpetania? Há umha dispersom da populaçom como a galega, o que cambia é a mentalidade e os serviços.
Umha cousa é a dispersom territorial que caracteriza a Galiza e outra o que se vem fazendo desde hai umhas décadas. Que aqui cada quem construi onde e como lhe peta é óbvio, que isto dificulta o acesso a serviços tamém, e se o combinamos com todo o que tem a ver com caos no ordenamento territorial (monocultivos de eucaliptos e pinheiros incluído) si que é certo que tem a ver com os apagons. Outra cousa é que o senhor Ventoso erre o tíro co seu focamento de todólogo espanholista-urbanita e por riba seguramente nom saiba nada de Bakunin.
#7 Viu vostede algumha vila da Arpetania? eu sí é a vostede contáronllo
L’Arpetania para ser correctos
#8 Toda a razón. O dos arcolitos é porque moito caeron por riba de casas, perto da miña zona uns cantos. E Luis Ventoso é un cretino paniaguado, abofé (os seus compañeiros de estudos acreditan
)
#8 Sastamente. A dispersom territorial nom é o mesmo que a mentalidade galega de começar fazendo um galpom para as galinhas ir fazendo mediante amanhos um chalé com piscina... e solucionar os papeis tomando algo como o alcaide no bar.
As eléctricas non teñen a culpa de que caian as liñas de alta tensión, ou que as torres queden dobradas pola forza do vento. Faise o que se pode e o máis pronto que se pode.
Meu pai, viviu o Hortensia traballando montando liñas e recuperando a situación logo do desastre. Estiveron case 8 días sen case durmir, reparando todo e di que en pobos da Cañiza, chegaron a reparar, logo de 15 días sen luz.
Evidentemente as cousas trocaron, pero non é tan sinxelo recuperar unhas liñas de electricidade que foron ó carallo e que hai que montalas de novo e hai que contar, que a poboación de Galiza está moi dispersa, que non é o mesmo levar unha liña de electricididad que levar varias, cando a maioría dos postes quedaron inutilizados incluso os de formigón.
Dende logo é moi sinxelo, queixarse, pero hai un inxente traballo.
#10 E logo o ventosidades estudou?
#12 Falache, si señor tes toda a razón
Seguro que a dispersom é a culpável? --> chuza.org/historia/varias-familias-vivem-sem-electricidade-ao-lado-do-/
chuza.org/?search=elecricidade+colonialismo
#13 non o parece, eh?
Non vou ler o artigo (paso moito do que diga o Ventoso), mais si vou dar a miña opinión:
1.- A dispersión na Galiza é un problema á hora de levar servizos, iso é un feito, son máis caros e é máis lento acceder a eles, xa que nun mundo privatizado como o que vivimos a cuestión da rendabilidade influe moito.
2.- Neste caso, ademais da dispersión, é innegábel, como ben indica andrés en #12, que o temporal que nos pasou por riba é algo completamente excepcional. As torres de AT que cairon no candán non teñen dez anos, e non creo que a proprietária pase de mante-las. Cada unha pode custar até 10.000 euracos. Deamonos conta de que estamos a comparar este temporal cun furacán ...
» ver todo o comentario
#17 Ademáis de que esas torres son de ferro fundido e pesan unha burrada e que están preparadas para resitir 180 km/h pero dobraron.
É que neste país, temos a pu** manía de queixarnos por todo, decir que o goberno quere acabar con nós, pero e que joder, os de fenosa ou quen sexa, non pode despregar a todos os traballadores en nada, para ter luz, cando hai que tirar liñas e liñas, xa que a maioría quedaron estragadas.
Dicíamo meu pai, que traballou neste tema durante 45 anos e dicíame que é moi moi compricado porque hai que quitar moitas árbores e moitos postes hai que poñelos de novo e non se poñen da noite para a mañá
Viva o minifundio!!!
chuza.org/historia/o-minifundio-residuo-do-pasado-ou-proxecto-de-futur/
#9 «eu si, e ...» non levan til, si porque en galego o condicional é «se», e a conx. copulativa é «e». Con til o verbo ser. (Postos a «ser correctos»).
Entende-se que a dispersión encarece os servizos (por outro lado «garantidos» na Constitución Española), pero iso de que a causa é porque "yo tengo una leira y chanto una casa", ou porque lhe sai do rábano ao emigrante suizo de turno, "por si cae por Galicia" é dumha simpleza descomunal. Hai quen ve na maneira de habitar o noso territorio raíces castrexas, celtas ou suevas, e quen apunta á cantidade de ríos e agua potable; Así non había que pór a vila ao pé do río grande, pero que aquí haxa un modo de habitar non significa que tenhamos os mesmos problemas que noutros lados. Mirade a Benidorm, que leva premios de urbanismo.
E por se alguén non me quixo entender, non estaba dicindo que haxa que seguir o modelo de Benidorm, senon o contrario. Que aquí hai un modelo de nós, coas dificuldades que entranhe, porén con moitas virtudes e vantaxes.
... E outra cousa é que haxa «feísmo», pero a ordenación do territorio ten raices históricas, e a causa principal do «desgoverno» non son os emigrantes suizos.
Igual alguén coñecer termos chamados desenrolo sostible ou eficiencia enerxética. En ningunha desas definicións caben a infinidade de micro núcleos orixinados en Galiza grazas á famosa Lei do Solo anterior á do 2002. O PP recoñeceu o erro e aprobou a vixente Lei do Solo. O bipartito exectou a mesma Lei e a modificou para incrementar a porcentaxe de VPA.
Ningunha persoa con un mínimo de sentido poderá defender que se gaste un 30% da enerxía no seu transporte a zonas illadas, por non falar de que a vivenda residencial colectiva é moito máis eficiente enerxéticamente que as vivendas unifamiliares.
Luis Ventoso ten razón, e xa non digamos aquelas vivendas que se construiron como galpóns, con licencias ilegais, e que agora protestan por todo. Á hora de solicitar licencia o promotor da edificación debe garantir o subministro de auga, electricidade e saneamento. É unha norma aplicábel tanto para especuladores como para particulares.