Xa hai acordo homologado para o prezo de venda da castaña galega

Segundo esta chuzada de fai 103 días chuza.org/historia/medio-rural-traballara-pola-posta-en-marcha-dun-con/ vese que a proposta tirou adiante, e que xa hai contrato homologado da castaña que regula a venda entre 0,40 e 1,40 euros por quilo dependendo do tamaño, calibre etc etc. Na nova tamén fala de que están agardando que a UE recoñeza a Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia, que podería ter lugar antes de que remate o ano)#A 2ª nova relacionada está nos comentarios#
3 comentariosen gastronomía
tags: castaña, contrato homologado, prezos karma: 241.00
votos de usuarios: 27, votos anónimos: 7

comentarios

  1. #1   

    A segunda parte da nova está relacionada con esta de fai 500 días máis ou menos pero xa non quedaba espazo para meter o link, asique aquí está chuza.org/historia/a-castana-galega-tera-indicacion-xeografica-protexi/

    votos: 0, karma: 12
    escrito por moraima hai 87 dias 5 horas 56 minutosmoraima
  2. #2   

    mmm xa cheira a magosto ;)

    votos: 0, karma: 14
    escrito por Miguelo hai 87 dias 3 horas 55 minutosMiguelo
  3. #3   

    Como din en xgaliza.blogspot.com "Medio Rural volve darlle coa porta nos fuciños ao Sindicato Labrego Galego" como sucedera cos contratos homologados do leite e da pataca.
    Curioso Suárez Canal apadriña aos seus maiores inimigos, Unións Agrarias, mentres non desaproveita a ocasión para fulminar o único sindicato nacionalista que actúa no campo. Felicidades. Con Fraga non se faría mellor.

    votos: 0, karma: 7
    escrito por matapiollos hai 86 dias 17 horas 10 minutosmatapiollos

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]