www.altermundo.org/content/view/2781/306/
enviado por raxozorza hai 85 dias 9 horas 37 minutos, publicado hai 85 dias 5 horas 21 minutos
Repítese a historia de todolos anos. Chegou o inverno, e claro, como estamos no terceiro mundo, ou no cuarto, vai ti saber, e nun país coma o noso, sen fontes proprias de enerxía, nen recursos pra modernizar tendidos, inda menos soterralos, xa se sabe, desque chove ou venta, alá vai, fúndenselle os plomos ao plan Mega, que coido que así se chamaba a ‘millora elétrica de Ghalicia’ na remota era fraghiana. A culpa é nosa, só nosa, por non termos trasladado Galiza ao Mediterráneo marbellí, onde nen chove nen venta nen hai inverno.
comentarios
Sorte que tivo o Beiras, eu botei sen telefono dende o venres ata hoxe pola mañá,
Canta razón ten. é unha vergonza que un país coma o noso, capaz de xerar tanta enerxía.... e somos os primeiros en quedarnos sin ela. triste, moi triste
Relacionado: www.youtube.com/watch?v=lDHPhqmyma4
A min o artigo paréceme unha ida de olla. De qué carallo quere falar? non o sabe nin él.
#4 Por iso a chuzei!
#5
Pois a min a ida de olla gústame...agora creo que o sr. beiras mete un pouco a zoca cando se enlea cos conceptos físicos.
#7 a verdade e que so tomou en consideración un dos significados quye ten fusión nos eidos da física
O texto seméllame unha das perdas de fío que pon de cando en cando nos seus artigos para o Galicia Hoxe. Entre as que lle teño lido, moitas delas falando de cousas personais (que sendo quen é poden ter a súa importancia), ésta é claramente aprovitable como denuncia do que di lucy (#2)
#4-tráta-se dum relato.o mesmo tem vida de seu;nom é um artigo científico. Fala do que significa a perifería a dia de hoje e para nós, todo englobado no tema das fusions das caixas. a importancia da centralidade y funcionalidade.Nom se trata de "entender o artigo cem por cem", claro que é umha ida de bola,é um relato.