Un pensionista galego cobra de media 600 euros, un español 814

Un pensionista galego cobra de media 600 euros, un español 814
c+p As estatísticas seguen a reflectir que ser vello en Galiza é moito máis difícil que en calquera outra comunidade do Estado. Segundo os datos que este mesmo venres fixo públicos o Ministerio de Traballo, un pensionista cobra de media no noso país 600 euros, mentres que a media estatal é de 814.
6 comentariosen denuncia
tags: pension, discriminación karma: 210.00
votos de usuarios: 33, votos anónimos: 11

comentarios

  1. #1   

    Está claro que é unha merda, pero tamén o nivel de vida no noso país é ben distinta ó que hai en Madrid

    votos: 0, karma: 11
    escrito por moraima hai 378 dias 3 horas 42 minutosmoraima
  2. #2   

    O maior nível de vida do Estado onde é que está? Em Mandril, em Bilbado ou em Barçalona?

    votos: 0, karma: 16
    escrito por Scaaveiro hai 378 dias 3 horas 35 minutosScaaveiro
  3. #3   

    #1 E isso da solidariedade entre 'regiones' que tanto se predica desde Madrid?? :roll:

    votos: 2, karma: 45
    escrito por Galegoman hai 378 dias 3 horas 27 minutosGalegoman
  4. #4   

    Os soldos básicos tamén son máis baixos na Galiza ca no resto do reino

    votos: 0, karma: 10
    escrito por LLik hai 378 dias 29 minutosLLik
  5. #5   

    As pensión calcúlanse segundo as bases de cotización de cada traballador. Se éste cotizou alto, cobra máis, xa que logo, se o nível de renda é inferior en Galiza, as pensións tamén son inferiores.

    O problema prodúcese coas pensións non contributivas (aqueles que non teñen dereito a pensión por non reunir os reuisitos mínimos de cotización) ou cando o nível de vida ten unha suba superior á tendencia. Por iso as pensión se actualizan polo IPC, pero co IPC xeral, non o autonómico. Eis o erro que habería que subsanar.

    Pero o probelma seguiría a producirse nas cidades, por exemplo. Non hai solución sinxela, pero hai que traballar en reducir as desigualdades do sistema.

    votos: 0, karma: 6
    escrito por xosemarcote hai 377 dias 22 horas 27 minutosxosemarcote
  6. #6   

    E mentres Quintana facendo xuntanzas de vellos e vellas, para facer bailongos e paparotas, Que importa que as pensións sexan as máis baixas do Estado ?O que importa son os actos electorais, a promoción de Quintana ¡ Pan e circo !.
    Ultima Hora: Agora Quintana tamén se aproveita dos nenos e das nenas das galescolas para facer actos de autopromoción.
    ¡Noxento!

    votos: 0, karma: 6
    escrito por remexendo hai 376 dias 6 horas 57 minutosremexendo

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]