Un grapo, à xuìza: "Unha delincuente nazi coma vostede non me vai calar"

Israel Torralba è xulgado na Audiencia Nacional pola colocación dun explosivo nunha empresa de traballo temporal fai oito anos. O detido calificou de "fascista" e "criminal" ao tribunal.
22 comentariosen eventos
tags: grapo, audiencia nacional, xuìza, facha
votos negativos 3, votos de usuarios: 12, votos anónimos: 5

comentarios

  1. #1   

    Pois um terrorista como é um grapo tampouco pode andar a dar lições de nada...

    votos: 3, karma: 27
    escrito por gerardinho2000 hai 56 dias 17 horas 10 minutosgerardinho2000
  2. #2   

    #1 leccións do que non se debe facer... secadra.

    votos: 0, karma: 15
    escrito por diogo hai 56 dias 17 horas 2 minutosdiogo
  3. #3   

    A saber as palizas, as hóstias, a incomunicación, etc etc que lle fixeron os "honrados" policias e funcionários de prisóns :-(, e a nova é que este tipo lle chame facha a unha facha, en fin...

    votos: 3, karma: 32
    escrito por ranchinchancho hai 56 dias 16 horas 54 minutosranchinchancho
  4. #4   

    que bonita é a democracia. Non son quen de comentar esta nova...por se acaso :-(

    votos: 1, karma: 24
    escrito por pingheiras hai 56 dias 16 horas 53 minutospingheiras
  5. #5   

    #3 facha xuiza X facha policia X facha grapo = facha ao caldeiro

    votos: 1, karma: 5
    escrito por diogo hai 56 dias 16 horas 48 minutosdiogo
  6. #6   

    Se ser funcionario de xustiza equivale a ser un delincuente nazi, non entendo por que tanta xente pasa o tempo a opositar en lugar de enrolarse nunha banda skin. #3 Unha cousa é denunciar maos tratos policiais, outra recusar un tribunal por causas xustificadas, e outra moi moi moi distinta chamar nazi e delincuente a unha persoa porque está a facer o seu traballo.

    votos: 2, karma: 40
    escrito por lourixe hai 56 dias 16 horas 45 minutoslourixe
  7. #7   

    As xeneralizacións son malas.
    Que un membro do grapo diga isto non implica que sexa mentira (tampouco verdade).

    O das ETT é de traca e non merecerán bombas porque nelas traballa xente pero algo haberá que inventar para mandalas ao carallo.

    votos: 1, karma: 18
    escrito por zaratustra hai 56 dias 16 horas 2 minutoszaratustra
  8. #8   

    #6 e outra é descoñecer totalmente o que pasa nas cárceres, ou non querer enterarse, ou vivir nos mundos de yupi...por certo, para mín, alguén que oposita a eses postos deixa bastante que desexar

    votos: 3, karma: -2
    escrito por ranchinchancho hai 56 dias 15 horas 59 minutosranchinchancho
  9. #9   

    #8 Pero ti de quen falas, da xuiza, do tribunal ou dos carcereiros? :?

    votos: 1, karma: 28
    escrito por lourixe hai 56 dias 15 horas 44 minutoslourixe
  10. #10   

    E por que a nova está na categoría eventos e non en denuncia ??? :-O

    votos: 2, karma: 47
    escrito por lourixe hai 56 dias 15 horas 41 minutoslourixe
  11. #11   

    #9 Moitas veces dan noxo os brutos funcionários cos seus brutais "coidados", máis, se empezas a pensar os piores soen ser os de arriba..non si?

    votos: 2, karma: 18
    escrito por ranchinchancho hai 56 dias 15 horas 37 minutosranchinchancho
  12. #12   

    #11 Tes probas dalgunha acción violenta da xuiza Ánxela Morillo ou de incitación á violencia pola súa parte ou simplemente estás metendo nun saco a todos os que che parecen culpáveis por reter a un presunto terrorista fóra das rúas?

    votos: 6, karma: 0
    escrito por lourixe hai 56 dias 15 horas 29 minutoslourixe
  13. #13   

    #12 Non teño nen ideia de quen é esa señora, nen falta que fai. Pola outra banda, és tí quen de afirmar rotundamente que non se torturou a ese preso? e a algún outro máis? Fan algo os xuices do estao español para erradicar a tortura? os políticos?

    votos: 3, karma: 37
    escrito por ranchinchancho hai 56 dias 15 horas 9 minutosranchinchancho
  14. #14   

    "juzgado este lunes en la Audiencia Nacional por la colocación de un artefacto explosivo en una empresa de trabajo temporal"

    Matou alguém? Nom. Deu-lhe polo cu aos que vivem de dar polo cu? Si. Este tipo é um puto CRACK! :-P

    votos: 7, karma: 39
    escrito por Galegoman hai 56 dias 15 horas 1 minutoGalegoman
  15. #15   

    A audiencia nacional é un xulgado que continua a labor do franquismo...

    Por que algúns delitos son xulgados na audiencia nacional e outros por xulgados ordinarios??

    Por que existen dúas xustizas???

    votos: 5, karma: 78
    escrito por Kiko_das_leiras hai 56 dias 13 horas 4 minutosKiko_das_leiras
  16. #16   

    Eu tenho craro que é o (a) nazi

    votos: 1, karma: -13
    escrito por bieito hai 56 dias 13 horas 1 minutobieito
  17. #17   

    Imos ver:

    1.- Que a Audiência Nacional deriva dos tribunais de excepção do franquismo, é algo que até o mais leigo em direito sabe.

    2.- Que existem torturas no estado espanhol é algo que com frequência asseguram presos de todo tipo. Infelizmente são poucas as ocasiões em que se logram aportar provas (como os famosos vídeos de uma comisaria catalã), e em menos ocasiões se traduz isso em condenas .

    3.- Porém, isto não justifica a focagem da chuzada, que praticamente se põe do lado de um indivíduo que não oculta a sua pertença aos grapo, organização terrorista...

    #14 Ninguém está obrigado a aceitar um trabalho temporal (cousa diferente é a necessidade, e por necessidade podemos fazer qualquer cousa). A culpa não é das ETT's, mas das patronais por não fomentarem a contratação indefinida.

    #8 Se não existissem os tribunais, estariam as ruas inçadas de delinquentes. Cousa diferente são os tribunais de excepção como a Audiência Nacional, é claro.

    votos: 2, karma: 15
    escrito por gerardinho2000 hai 56 dias 12 horas 42 minutosgerardinho2000
  18. #18   

    #17 Precisamente polo ponto 3 nom chuzo. Sobre o de "terrorista" si que discrepo com vostede... é umha definiçom plenamente subjectiva.

    E se o homem se desquitou metendo-lhe o petardo à ETT, pois melhor que melhor. El decidiu fazer isso, deveu pensar que pagaria a pena pagar as conseqüências. Eu também lhe teria metido um petardo a mais dumha cousa, só que calculando as conseqüências saia perdendo eu por muita diferença... :-P

    votos: 2, karma: 16
    escrito por Galegoman hai 56 dias 12 horas 36 minutosGalegoman
  19. #19   

    #17 As ruas estam inçadas de delinquentes, especialmente as zonas caras.

    #18 A proporción da pena por rachar um vidro dunha ETT é desproporcionada, valendo a rebuznánzia

    votos: 0, karma: 16
    escrito por ranchinchancho hai 56 dias 10 horas 26 minutosranchinchancho
  20. #20   

    #18 Já sei que é algo subjectivo.

    #19 Concordo nos dous matizes que indicas. Da desproporção (e de como se penalizam as ideias) já tenho falado noutros tópicos chuceiros relacionados com Sánti Vigo, Giana Rodrigues e Ugio Caamanho.

    votos: 0, karma: 17
    escrito por gerardinho2000 hai 56 dias 10 horas 17 minutosgerardinho2000
  21. #21   

    #19 Som cousas de nom viver numha democracia...

    votos: 2, karma: 47
    escrito por Galegoman hai 56 dias 10 horas 14 minutosGalegoman
  22. #22   

    #6 Unha vez máis, para algún que non se entera... Ser skin non ten nada que ver con ser nazi. Son cousas opostas, antagonicas.
    #12 Habería que ver como tratou a xuíza a Israel Torralba para que lle falara así...

    Sobre o tema das torturas... a día de hoxe non creo que ninguén no seu sá xuízo se atreva a asegurar que non existen...está claro que si. Concordo co que dicía un por ai, que moitas veces o difícil é demostralo. Cubrense ben as costas os malditos carcereiros.

    En fin, creou máis polémica a nova do que pensaba :-D :-D :-D

    votos: 2, karma: 43
    escrito por Partisano hai 56 dias 6 horas 2 minutosPartisano

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]