www.codigocero.com/spip.php?breve62
enviado por Bran hai 768 dias 12 horas 52 minutos, publicado hai 768 dias 5 horas 29 minutos
O escritor italiano Umberto Eco comentou nunha entrevista difundida pola revista alemá Cicero que os europeos teñen cada día menos coñecementos sobre a Historia por culpa da Internet, afirmando que “a perda nos coñecementos históricos, unha enfermidade típica nos Estados Unidos, estase espallando por desgraza cada vez máis tamén entre os mozos europeos”.
comentarios
E os videjogos provocam violência!
E os livros ideias raras!
Fer, o que di Eco pode interpretarse moi mal. Poida que sexa tremendista, pero o que vén a dicir e que canta máis información ten a xente máis difícil é quedar co importante. Aínda así eu culparía máis á televisión que á Rede.
O que dí Eco é verdade... a medias. Que é certo que canta mais información temos mais complexo é discrimina-lo grau da palla, vale. Pero tentar arranxalo reducindo a cantidade de información é un crime. Quén vai decidir qué é importante e qué non? O señor Umberto?
A solución non é a censura -- e parece vergoña que teñamos que lle lembrar isto ó autor daquel ensaio sobre o Ur-Feixismo, ou de El Nombre de la Rosa, novela onde se censuraban "coñecementos perniciosos" --, senón educar á poboación en seren críticos co que len, e en saberen distinguir.
Quizabeis as escolas deberían de adicarse menos á clase maxistral, e mais a ensinar a pensar.
Anque tamén é certo que pra saber pensar hai que ter unha cultura de base.
#3 Se ben, hai anos na educación primaban a memoria, o que facía que a xente soubera as cousas de "carrerilla" (que non serve para nada) fracasou, e logo decidiron reorientar o asunto a ensinar a xente a facer as cousas, dando máis importancia a buscarse a vida que a chapar cousas, pero agora teñen que avanzar máis, para crear unha cultura na que a xente saiba distinguir a información manipulada ou saber ponderar a súa importancia. O problema principal coido que está en que os profesores son de vella xeración, e nin se conectan regularmente á Rede, polo que dificilmente lle poderán ensinar nada ós cativos, especialmente nas cidades (onde a idade dos profesores é alarmantemente elevada)