ivanpuentes.com/2007/03/16/ugt-gana-as-eleccions-sindicais-en-astano/
enviado por ender hai 1089 dias 3 horas 42 minutos, publicado hai 1088 dias 9 horas 30 minutos
Onte foi xornada electoral en ASTANO, tocou renovar ós 13 membros do seu Comité de Empresa. Logo de moitísimo tempo, dende a reconversión dos anos 80, a UGT volveu ser o sindicato máis votado. UGT obtivo 4 membros no comité, CC.OO. 3, Alternativa Indepenente 2, a CIG 2 e a USTG tamén 2.
en políticatags: astano karma: 214.37 votos negativos 1, votos de usuarios: 18, votos anónimos: 8
comentarios
estase a demostrar que os sindicatos ou trocan ou van ao tacho
Guau! Gañou UGT a CC.OO! Por un! 4 contra 3! Guau! Épica vitoria, si señor!
Desde os anos 80 CC.OO., UGT e non lembro se nalgún caso algún independente, véñense turnando na vitoria das eleccións sindicais en ASTANO. Durante a reconversión industrial dos anos 80 e as sucesivas os sindicatos estatais pactaron (léase vendéronse) a Madrid permitindo os axustes que traizoaron a ASTANO en beneficio dos centros andaluces. É evidente cal é a moeda de cambio local nestes trocos de tratantes...
Moi ben, Calidonia! UGT e CC.OO. e os Independentes (para quen non o saiba, escindidos da CIG) traicioaron a ASTANO e ós galegos e son amiguitos dos andaluces. Só a CIG e supoño que a USO, porque non a nombras, nos defenden, por iso os traballadores de ASTANO (non os de Andalucia) damos a nosa confianza dende sempre ós para ti traidores, UGT e CC.OO., e a espalda ós coherentes da CIG, reconvertidos agora en axentes privatizadores do estaleiro.
¿Será que a maioría de traballadores/as de ASTANO somos parvos e que só ti, oráculo fenés, ves a realidade? Pode ser, pero dubídoo. Un pouco de autocrítica, por favor!
#3 deféndenvos a conta do emprego dos demais
Dura pugna entre os dous sindicatos da patronal. E este do PSOE apoiando à combativa UGT, como é lógico...