Toñi Vicente, o mellor restaurante de Galiza

Para eses que propoñen lugares nazonalpopulares de celebración da chuzarrascada, namais que baterlles coa evidencia. O grupo Gourmets seleccionou os mellores restaurantes do territorio telefónico español e entre os primeiros 25 só un galego (o Toñi Vicente de Compostela). Aí atrás os blogastrónomos falaban del como un fito da historia da gastronomía galega. Que máis probas queren? Porque se queren seguir inchando a unto??
5 comentariosen gastronomía
tags: chuzarrascada, blogastrónomos, xantar karma: 173.74
votos negativos 1, votos de usuarios: 22, votos anónimos: 4

comentarios

  1. #1   

    Casualidades. Mirade que publicou Galicia Gastronómica o 6 de decembro (www.galiciagastronomica.com/index.php?option=com_contentl). O de El Correo Gallego é do día 10.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Colineta hai 1194 dias 20 horas 47 minutosColineta
  2. #2   

    #1 É normal que os medios especializados vos adiantedes en todo ós medios xeneralistas ;)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por ifrit hai 1194 dias 15 horas 46 minutosifrit
  3. #3   

    sintoo colineta...
    Fun mirar por ver se vos citabades antes, enredei co do caldo e do xapo da coru, e ao final non mirei mais pra baixo...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Cesare hai 1194 dias 12 horas 4 minutosCesare
  4. #4   

    Non tes nada que sentir, Cesare. A nova de El Correo está moi ben. O meu comentario quere deixar patente as casualidades que ás veces se dan, con dous medios dando o mesmo enfoque a unha nova que noutros nin aparece. Neste caso hai unha diferencia cronolóxica, pero moitas veces trátase de fenómenos simultáneos. É moi patente nos dominicais dos xornais, que de súpteo na mesma semana en dous ou tres sitios se publican reportaxes sobre o mesmo tema ou personaxe sen tratarse dun tema de actualidade.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Colineta hai 1193 dias 20 horas 21 minutosColineta
  5. #5   

    Nin mencionan a fonte. Vaia morro de porco. Colineta, xa estades pedindo royalties.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por AnxoD hai 1193 dias 10 horas 43 minutosAnxoD

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]