Todos somos Aduaneiros Sem Fronteiras

 
C+C:"Aduaneiros Sem Fronteiras, un referente no blogomillo, pechou debido a ameazas do avogado de Yolanda Castaño. Os blogueiros galegos, co noso apoio, debemos berrar forte que non estamos dispostos a que feitos como este volvan acontecer na rede. "
24 comentariosen denuncia
tags: aduaneiros, yolanda, castaño karma: 320.00
votos negativos 1, votos de usuarios: 50, votos anónimos: 53

comentarios

  1. #1   

    editada: puxen vírgulas, poñía "Aduaneiros sen fronteiras" e xa postos troquei o tag iolanda por yolanda (chámase así aquí e na China!! :-D)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Galegoman hai 412 dias 6 horas 37 minutosGalegoman
  2. #2   

    a ver, a ver... alguén pode resumir o acontecido con yolanda castaño e o seu avogado: ti NON bertiño!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Nemigo hai 412 dias 6 horas 37 minutosNemigo
  3. #3   

    vírgulas? engadir o 'M' o final? pregunto porque non teño nin idea do que é.
    E si, estaría ben saber realmente que foi o que pasou.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por massoucos hai 412 dias 6 horas 33 minutosmassoucos
  4. #4   

    ollo, se se pode saber. Que asuntos de encoñamento con sempre moi pesoais 8-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Nemigo hai 412 dias 6 horas 32 minutosNemigo
  5. #5   

    #3 vírgulas, "comas" en español. "Aduaneiros Sem Fronteiras, un referente no blogomillo, pechou debido a ameazas do avogado de Yolanda Castaño. Os blogueiros galegos, co noso apoio, debemos berrar forte que non estamos dispostos a que feitos como este volvan acontecer na rede."

    Sabías algo dos Aduaneiros Sem Fronteiras ou mandaches isto sen máis??

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Galegoman hai 412 dias 6 horas 31 minutosGalegoman
  6. #6   

    #4 xD e que versom queres saber? xD

    votos: 0, karma: 0
    escrito por one2 hai 412 dias 6 horas 30 minutosone2
  7. #7   

    certo, vírgulas! nin me acordaba. Cursos de reciclaxe de galego xa!

    Eu lía aduaneiros...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por massoucos hai 412 dias 6 horas 28 minutosmassoucos
  8. #8   

    Tamén é válido outro sinónimo, aínda que máis difícil de pronunciar e menos internacional, que é "coma".

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Modesto hai 412 dias 6 horas 24 minutosModesto
  9. #9   

    Non sei, prefiro o eslogan de modesto: modestoweb.org/?p=634 :-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por suevo hai 412 dias 6 horas 15 minutossuevo
  10. #10   

    #9 Pero eso es pa los de la coru, Suevo, aunque a mi también te me mola más.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por chimpin hai 412 dias 6 horas 12 minutoschimpin
  11. #11   

    xa, está o asunto claro
    Todo correcto a nova é IRRELEVANTE bertiño pechou o blog, non yolanda

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Nemigo hai 412 dias 6 horas 3 minutosNemigo
  12. #12   

    #11 Berto pechou o blogue debido a coaccións do avogado de Yolanda, ergo Yolanda pechou o blogue...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por acouto hai 412 dias 5 horas 59 minutosacouto
  13. #13   

    #12 non tal. El jueves soi secuestrado e pechado por orde xudicial. No caso de aduaneiros foi bertiño quen pechou o blog. Non se solicitou orde xudicial algunha nen acción legal. Simplemente se lle dixo a bertiño unha obviedade: oye nacho, que o meu nome é meu e ti non es quen de criticarme a min E bertiño amosando o que entende por liberdade de expresión e dereito a opinar dixo. Ok, non teño motivo nen xustificación pra o que fixen así que pecho (por medo) Pecha el

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Nemigo hai 412 dias 5 horas 48 minutosNemigo
  14. #14   

    Eu também sou solidário. YC é a única responsável da destruiçom da autocrítica de razom galega. E da decadência do Reino dos Suevos. Que alguém a cruzifique, já!

    Aduaneiros askatu!
    Nom à censura poetril!
    Poetas galegos, traidores!

    (Quanto barulho por um outro blogue que deixa de se actualizar)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por malpocado hai 412 dias 5 horas 48 minutosmalpocado
  15. #15   

    veño de lembrar unha crítica moito máis dura que a feita en aduaneiros precisamente sobre yolanda castaño: chuza.org/historia/a-igrexa-universal-do-reino-de-iolanda-castano-cump/
    non se coñece reacción "legal" algunha

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Nemigo hai 412 dias 5 horas 32 minutosNemigo
  16. #16   

    Solidarízome tamén si.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por kate hai 411 dias 20 horas 5 minutoskate
  17. #17   

    E digo eu que non sería moito máis solidario queimarmos todos a foto do Rei... digo colgarmos todos o polémico (?) contido humorístico "Tu Quoque Iolanda?" nos nosos webs? Ou queimarmos unha foto de Iolanda no medio do "Luar" ou algo? Veña, que se note que temos retranca de abondo para poder contestar a (co)accións con tan pouco sentido do humor!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por casdeiro hai 411 dias 19 horas 52 minutoscasdeiro
  18. #18   

    Na cache do google aínda se pode acceder á páxina: 64.233.183.104/search?q=cache:kmi29eqBLl0J:www.aduaneirossemfronteiras1 Van demandar tamén ao Google, ou? ;-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por casdeiro hai 411 dias 19 horas 51 minutoscasdeiro
  19. #19   

    Tamén van pechar PoesiaGalega.com por empregaren a imaxe da Castaño de xeito promocional sen permiso? Vid. www.xornal.com/article.php3?sid=20070309102100

    votos: 0, karma: 0
    escrito por casdeiro hai 411 dias 19 horas 50 minutoscasdeiro
  20. #20   

    Creo que a mellor análise do tema a fixo Fran Lorenzo:

    www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=883

    votos: 0, karma: 0
    escrito por logoferoz hai 411 dias 18 horas 28 minutoslogoferoz
  21. #21   

    creo que chego algo tarde, pero veño seguindo esto de yolanda en internet dende onte e penso que Fran Lorenzo esquece alguns pontos importantes no seu artigo:

    de ler a conversa en internet nestes últimos dias extráese que a retirada dos comentarios inxuriosos foi ofrecida desde un primeiro momento por parte dos aduaneiros, máis a poetisa quería a retirada completa da gráfica e dende ese momento xa estaba xogando coa liberdade de expresión de calquera humorista gráfico colectivo no que me inclúo ainda que sexa amateur....

    polo que penso que como medida de presión lexitima os aduaneiros decidiron pechar o sitio levando desta forma a un xuizo público o asunto e esquivando os tribunais... desmedido? pode ser... pero tamén foi desmedido o uso da presión legal por parte da poetisa cando neste país coñecémonos todos... en resumen: moi triste todo.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por fd.oroso hai 411 dias 17 horas 36 minutosfd.oroso
  22. #22   

    To be continued. Atentiños.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Modesto hai 411 dias 14 horas 34 minutosModesto
  23. #23   

    Uhm. Alle wir sind PCH. Solidarität!!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por susinho hai 411 dias 13 horas 9 minutossusinho
  24. #24   

    Boicot à Castanha pilonga já!
    Deixemos de falar dela... que é o que quere!
    Pechemos este fio e todos os que a mencionam! Que volva a "oficina de consultas" já!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por repoluda hai 406 dias 19 horas 7 minutosrepoluda

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]