Todo o que podes facer con Linux e nunca poderás facer con Windows e Mac

Brenlla traduciu e publicou un artigo de Matthew Helmke no que se enumeran 22 cousas que se poden facer cun sistema operativo GNU/Linux e non cos sistemas privativos Windows da Microsoft e Mac da Apple.
19 comentariosen tecnoloxía
tags: software libre, gnu, free, libre, gratis karma: 356.00
votos negativos 1, votos de usuarios: 42, votos anónimos: 11

comentarios

  1. #1   

    O que podo fazer com Windows é despreocuparme de que algum programa seja incompativel co sistema, ja que tudo faise para windows, ante isso linux nom tem rem que fazer :-(

    votos: 8, karma: -47
    escrito por bender hai 513 dias 1 hora 28 minutosbender
  2. #2   

    Pois a min paréceme que a metade das afirmacións que se fan son falsas ou inexactas: non todo en Linux é de balde, Linux non destaca precisamente por non ter problemas co hardware (todo o contrario), os sistemas Windows non teñen por qué ir coma un piollo con muletas ó ter abertas varias aplicacións (nin en Linux vai todo como a seda), etc.
    Linux ten moitas vantaxes, pero tamén ten inconvintes. Todo depende do uso que se queira facer do equipo informático, e non dunha colección de argumentos que non importarán á meirande parte dos usuarios.

    votos: 8, karma: 99
    escrito por marcus hai 513 dias 51 minutosmarcus
  3. #3   

    eu emprego apenas Linux tanto na casa como no trabalho. as vantagens som inumeras (tanto tecnicas, como civicas). se algumha vez preciso Windows, abro-o como umha aplicacom dentro do Linux com VirtualBox). o Windows, emulado desta maneira, e' mais rapido que o nativo. fica todo dito.

    votos: 3, karma: 60
    escrito por odeteresa hai 513 dias 33 minutosodeteresa
  4. #4   

    Non entendo esta manía de dicir "un é mellor que o outro, o outro non serve". Non vexo a necesidade de excluir nada, nin de ve-las cousas brancas ou negras.
    Non é certo que Linux sexa nestes momentos a salvación absoluta (está no bo camiño) nin que Windows sexa tan malo (pero tamén está no camiño).
    O de que en Linux non funcionan os xogos, pero que tampouco hai xogos de sobra. Cada un ten as súas vantaxes, por moito que os do outro sistema non queiran admitilo.
    #1 Proba co Windows Vista, xa verás que risas.
    #3 Pois a min aplicacións coma WhereIsIt (que ainda non teñen un equivalente digno, porque nin GWhere nin GTKatalog están aínda á altura) non me parece que vaian tan rápido...
    En fin, que ningún sistema é tan perfecto como o pintan.

    votos: 3, karma: 8
    escrito por nimoleo hai 513 dias 13 minutosnimoleo
  5. #5   

    hai moito usuario que só ten instalado linux no pc para 'quedar de guay', linux ten as suas cousas boas pero tamén malas (o mesmo ca windows)... o de fardar de comandos con tropecentos parámetros deixeino en tempos do MS-DOS, dos ficheiros .bat e do config.sys

    votos: 5, karma: 41
    escrito por suevo hai 512 dias 23 horas 55 minutossuevo
  6. #6   

    Sendo maniqueos como alguns poderiamos dizer que Linux e Windows com como a Galiza e Espanha ou como o reintegracionismo e o integracionismo, respectivamente ;) De facto, ja podemos falar da segunda lei de Berto... que nom osarei ser eu quem a enunciar, mas que tem a ver com os sistemas operativos.

    votos: 3, karma: 9
    escrito por odeteresa hai 512 dias 23 horas 3 minutosodeteresa
  7. #7   

    #6 2LdB -> que toda nova onde se fale ben de linux e se poña podre a windows pasa á portada?

    votos: 2, karma: 23
    escrito por suevo hai 512 dias 22 horas 59 minutossuevo
  8. #8   

    #7 Nom exactamente, mas, que lhe queres? e' a tirania das masas ;) milhoes de usuarios contentes/malcontentes nom podem estar enganados, ou podem?

    votos: 1, karma: 38
    escrito por odeteresa hai 512 dias 22 horas 58 minutosodeteresa
  9. #9   

    A todos: o título era "cousas que podes facer con Linux e non con Windows e Mac". NON era "Linux é mellor que Windows e Mac xuntos". Quen teña gañas pode escribir ou chuzar un artigo falando do contrario.

    Marcus esaxera a favor de Windows (;)) excepto no do hardware. Linux dá máis problemas, sen dúbida, polo menos que Windows, aínda que tamén depende do Linux, e a distancia é moito menor que antes. Supoño que no dos xogos rexe unha lei equivalente, igual que para outros usos rexerá a contraria. E claro que algún SO é mellor que outro para determinados usos. Ninguén negou iso tampouco.

    Pero polo que vexo hai moito queimado con Linux :-D Eu tamén pasei por esa etapa... Ou haberaos en Chuza! a soldo dos de Redmond? :-P

    votos: 3, karma: 41
    escrito por Calidonia hai 512 dias 22 horas 46 minutosCalidonia
  10. #10   

    Sinxelo... Güindous dache polo cú en canto te descoidas un pouco... Linux dache polo cú cando o hardware non funciona ben. Eu teño boa sorte e todo o meu hardware funciona á perfección, incluso os infravermellos do portatil (que non sei para que os quero xD )
    Ademáis, en Güindous non hai KDE :-D

    votos: 0, karma: 6
    escrito por bibaheu hai 512 dias 22 horas 17 minutosbibaheu
  11. #11   

    Eu son novato no linux. E tiven que agardar a resolver os problemas de configuración do módem de Vodafone (Problema de ter Linux). Pero resolveuse, á base de código (Problema de Windows, nunca teria conseguido un driver se non estivese feito). Dsde que teño arranxado ese problema o Windows case non o toco. Agás para utilizar algún programa concreto (problema de ter Linux). Que teño que utilizar porque hai xente que non utiliza formatos de arquivo "liberados" (culpa do Windows)
    Hai de todo e para todos. Eu estou moi contento co Kubuntu. E a conexión vai máis rápida.

    votos: 0, karma: 15
    escrito por chimpin hai 512 dias 21 horas 33 minutoschimpin
  12. #12   

    Eu cando saiba facer tantas cousas no Linux coma no Windows poderei comparar... polo de agora só podo decir que o Windows trábase máis e que no Linux funcionan menos cousas...

    votos: 1, karma: 12
    escrito por Galegoman hai 512 dias 20 horas 53 minutosGalegoman
  13. #13   

    O do hardware e' verdade, mas tem dificil solucom: os fabricantes de hardware fabrica-no e testa-no para que funcione com Windows e fazem drivers para Windows (normalmente de codigo fechado). Se ha um problema nos drivers, pero funciona em Windows, ha poucas provavilidades de que se arrange. Os usuarios de Windows Vista tambem estam a sofrer estes problemas ;)

    Pola contra, Linux tem-se que adaptar a qualquer maquina a drivers defectuosos, etc... E simplesmente impossivel dar feito nesse inferno. O que tem que fazer a gente que quisser usar Linux, e' assegurar-se de que compram hardware compativel (se e' certificado, melhor). Em PCBox vendem ordenadores com Linux preinstalado. Nom e' o unico sitio. Seja como for, eu nunca tivem um problema que nom desse solucionado (e tenho um laptop 64bit e muito pouco compativel...)

    votos: 0, karma: 19
    escrito por odeteresa hai 512 dias 20 horas 52 minutosodeteresa
  14. #14   

    Eu son de Ubunu hai case un ano, e non volvín utilizar Windows para nada. Todo está no uso que lle queiras dar e do interese real que teñades por cambiar

    votos: 0, karma: 6
    escrito por escaravello hai 512 dias 19 horas 40 minutosescaravello
  15. #15   

    hai algunhas que non, pero eu con mac podo facer a maioria das cousas da lista...

    votos: 0, karma: 15
    escrito por berto hai 512 dias 18 horas 34 minutosberto
  16. #16   

    #16 O Mac OS X é umha versom de UNIX, ja que esta basado em BSD. Para Apple era unixiçar-se ou morrer :-D

    votos: 1, karma: 13
    escrito por odeteresa hai 512 dias 15 horas 37 minutosodeteresa
  17. #17   

    O que podes fazer de forma exclusiva com Linux é compilá-lo :-D

    votos: 2, karma: 20
    escrito por SugarKane hai 512 dias 14 horas 28 minutosSugarKane
  18. #18   

    Linux é simplesmente o núcleo. O sistema é GNU/Linux

    votos: 0, karma: 11
    escrito por palanquim hai 512 dias 14 horas 7 minutospalanquim
  19. #19   

    #9 Tirei por Windows, pero tamén podería ter apostado por Mac OS X, que aínda é un sistema máis pechado e non quita que sexa toda unha marabilla para moitos usuarios. Amais, o feito de poder empregar aplicacións de Windows (e xogos) a través de Parallels é unha pasada.
    Iso si, defender a emulación de Windows dende Linux paréceme bastante ridículo (pois se trata dunha fuxida só aparente do software propietario).
    E si, tamén é moi certo que Linux só é un kernel, polo que comparalo con sistemas operativos completos é pouco axeitado. As comparacións terían que facerse dende distribucións en concreto, pois tampouco ó falar de Windows nos referimos a tódalas versións dende 95 ata Vista.
    Sinceramente creo que tanto Windows coma Mac OS X coma Linux son boas solucións (aínda que admito que as dúas primeiras son as que menos problemas me deron), pero cadaquén é libre de escoller a que mellor se adapte ás súas necesidades.

    votos: 1, karma: 16
    escrito por marcus hai 511 dias 13 horas 23 minutosmarcus

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]