ocruceirodemea.blogaliza.org/
enviado por Artritris hai 895 dias 9 horas 20 minutos
A plataforma de veciños «O Cruceiro de Meá» ven de renovar a súa bitácora, ofrecendo dende agora testemuño de tódalas adhesións recibidas dende que decidirón, aló polo 23 de xullo, pecharse no Concello de Mugardos ata seren recibidos polo Presidente da Xunta de Galicia, o Director Xeral de Política Enerxética e o Ministro de Industria, Turismo y Comercio, para explicar a súa posición sobre as medidas contempladas nas diferentes autorizacións que son de imposible cumplimento por parte de Reganosa.
comentarios
Van, entre outros: Plataforma Ártabra 21, Sala Nasa, Colectivo Salvemos Monteferro, Xurxo Souto, Mariscadores/as da Ría de Ferrol, Carlos Taibo, Greenpeace España, Lino Braxe, Xosé Manuel Beiras, Manuel Rivas, Pedro de Llano, Plataforma para a Defensa da Ría de Vilagarcía, A Revolta de Trasancos, CC.OO. de Ferrolterra, Plataforma en Defensa da Ría de Pontevedra, Fran Rey, Julie Guravich, IU-Cambre, Sociedade Galega de Historia Natural, Faltriqueira, Pepe Leira, Rosa Méndez, Eva Veiga, ADEGA, Bartoleta Teatro, Ateneo Republicano, Los Fabulosos Focking Cubatas, João Afonso, Luis Pastor, Mabel Ribera, Enrique Banet, Montserrat Muñoz, Pepe Constenla e Pulpiño Viascón.
Nos vindeiros días visitarán tamén aos veciños de Mugardos Antón Reixa e Os Cempés.