www.galiciae.com/nova/20622.html
enviado por ranchinchancho hai 226 dias 17 horas 49 minutos, publicado hai 226 dias 5 horas 27 minutos
A presidenta e o vicepresidente de Galicia Bilingüe, Gloria Lago e José M. Pousada, viaxarán este martes a Estrasburgo con obxecto de informar ao Parlamento Europeo da "problemática lingüística na que está envolvida Galicia". Alí solicitarán "o apoio dos distintos grupos políticos ás súas demandas". Namentres, o alcalde do municipio pontevedrés de Gondomar, o nacionalista Antonio Araújo, proibiu por segunda vez -a primeira foi en febreiro pasado- o aparcadoiro do autobús de Galicia Bilingüe no povo.
comentarios
O aparcadoiro do TROLE, non se debe nin pode prohibir ou empezamos a semellarnos a eles perigosamente.
#1 Os motivos son de seguridade e tráfico. Se eu conducira un "Lokkeda" de 2 pisos e o quixera chantar no médio de todos os povos durante várias horas, seguro que teria bastantes, pero que bastantes máis problemas ca eles!
#2 Non o discuto, pero non ten que ser onde eles digan, senón onde diga o alcalde... por exemplo ....a carón do punto limpo
.... que de paso que vas tira-la merda, pois pode apetecer ....
#3 No campo de tiro!!
chuza.org/historia/a-comision-europea-avala-a-inmersion-ling-istica-en/
Van ser recibidos por deputados do partido popular e difundidos pola prensa que os queira difundir. Non sei se falarán con Alejo Vidal Cuadras, con Carlos Iturgaiz ou con Carmen Fraga
antonio araujo, patriota galego
#3 Se eles nom pedem umha localizaçom alternativa o concelho nom está obrigado para lha oferecer.
Que se andem com muito olho se passam polas Pontes, que disque Scaaveiro lhes vai pôr um petardo estratosférico por escrever em xalexo chungo
A solución non pasa por prohibirlles nada, hai que deixalos facer o ridículo ao seu aire. Pola miña localidade pasaron e non lles foi nin unha alma até alí, e así tería que ser en todos os lados. Deste xeito o que lles facemos é publicidade e deixarse ver como vítimas.
Pola idea que teño do Parlamento Europeo, cando a un europarlamentario lle interesa do tema do que falan vai él ó carón dos peticionarios, e non ó revés como os gilibollas; que "pringados" que son
Si a éstes hai que deixarlles facer o que lles dea a gana, entonces eu collo o meu coche, chántolle unha pegata da MESA e vou polos concellos onde goberne o PP e digo: quero aparcar no medio da súa praza para difundir a represión do galego.
Si non me deixan entonces son uns fascistas e reprimen a liberdade de expresión, ¿non?
Éstes de GB, UPyD e agora semella que o da mangueira valles o populismo, alentado por certo polos medios que non queren escribir en galego.