www.elpais.com/articulo/Galicia/Cataluna/Francfort/Galicia/elpepuespga...
enviado por avisionperiferica hai 443 dias 18 horas, publicado hai 443 dias 4 horas 38 minutos
"no tenemos un proyecto de país" "Los gallegos (os que van nun vóo BCN-SCQ), salvo alguna excepción, hablan castellano con nuestro acento (...) son jóvenes educados para emigrar, son personas que hemos formado para la exportación. No fueron educados para crear riqueza y recursos aquí, sino que son la continuación de generaciones y generaciones de gallegos que creen saber que aquí no hay futuro, que Galicia no es su futuro, y que el futuro, la vida, está ahí fuera en ciudades donde el gallego sólo nos sirve para la vida personal"
comentarios
os mozos galegos marchamos porque aquí non hai chollo. Pero non só por iso. Non hai un tecido industrial-comercial. As nosas empresas son unha banda de ladróns (así de sinxelo)
Susinho de Toro Sipaio Espanhol
#1 Bastante dacordo contigo. O que pasa no noso país é que hai unhas elites económico-financeiras que son do peorciño que hai, que non lles importa un c**** cambiar galegos titulados ou sen titular por peruanos (ex. mariñeiros) ou ucranianos (ex metal) con tal de seguir enchendo os bolsos de billetes. O país dalles igual, a única patria q teñen é a do €. Son os mesmos que montan Reganosa ou que queren destrozar a costa con piscifactorías, urbanizacións para "turistas", ríos con minicentrais hidroeléctricas, etc.
#2 Se non estás dacordo co que di S. de Toro, non fai falta insultalo.
lembremos a última folga do metal en vigo e a resposta da patronal: contrataremos a traballadores do leste. Así como se vai facer país?
Hai empresas na galiza que teñen marchado non por ser caro fabricar aquí. Marcharon por negarse a negociar cos traballadores. Non son quen nen de falar con quen lles fai o chollo. Simplemente NON teñen puta idea de como hai que facer o traballo ou o que necesitase pra organizar unha empresa
E os nosos políticos non son mellores. Lembremos que a xunta fai campaña fora da galiza dicindo o barato que é aquí a man de obra. A mesma merda
reflexionar moito pode ser mau...
é dificil permanecer na galiza se nom hâ quem terme de ti e son máis os atrancos que as facilidades...
Non me estraña
chuza.org/historia/fillos-de-galicia-superou-os-5000-membros-rexistrad/
Puede que algunos acaben en esa Barcelona y entonces, paradoja, para ascender profesionalmente tendrán que aprender catalán.
Estou un pouco ata as narices dese mito de que en Cataluña se fala moito catalán (e en Euskalerría moito euskera), pois miren, que non, que o catalán perde falantes, igualiño ca nós. En en cidades como Barcelona se un aprende catalán é porque quere, porque para ascender non fai falta ningunha.
1# Se mom há "choio" CRIA-SE E PONTO!! É muito facil dizer nom há choio, nom há choio. SOBRA CHOIO só faz falta imaginaçom e ganas de trabalhar. Suso de Toro, lúcido, tem toda a razom. Olha para os Israelís, criaram um país rico num deserto de areia. O problema é a falta de projeto. Apenas os reintegracinistas, tem as coisas claras. A única elite galega que existe neste momento.
Suso de Toro tem toda a razom do mundo.
Se o empresariado galego é patético #3 o que temos que fazer é SERMOS NOS EMPRESARIOS é problema solucionado. Sobram facilidades para criar na Galiza projectos e negócios interessantes. Avante!!
Um país nom se controi com mentalidade do operario do metal. Com todos os respeitos para os operarios do metal.
Um país constroi-se começando por aqui:
app.igape.es/.axudas/lista.asp?cons=IGAP
Apenas os reintegracinistas, tem as coisas claras. A única elite galega que existe neste momento.

Sou elite! Sou elite!

#9 eu som reintegracionista y la noche me confunde
Sim, praticamente a única. Isto é, os únicos que tem um projecto de país. Que tem os da RAG? Que projecto tem os da Xunta?
Certifico: as empresas galegas están desgovernadas por uma banda de ladróns e nas que máis cartos ganham está esse lixo do Opus, aos que só lles falta levar antifaz e uma bolsa co símbolo do $.
Nemigo, ti queres criar CHOIO INTERESSANTE? Deixa aqui um email e envio para ti, assim já de entrada, 5 ideias de negócio interessantes para desenvolver com sucesso na Galiza. Mas, criar algo, dá trabalho, é incomodo, nom é?
#15 Nom podemos estar toda a vida queixando-nos pelo que fazem ou deixam de fazer os outros. E por que nom assumes a tua responsabilidade para mudar as coisas? Queixando-se nom se constroi um país.
#16 Teño verdadeira curiosidade por saber cal é o teu negocio de sucesso, MaisUm, e como é que che deixa tanto tempo libre. En canto ás 5 ideas, non sexas tacaño gardándoas só para Nemigo e dánolas a todos. Eu se me das unha xa me conformo.
Nom tenho tanto tempo livre. E o que eu faça ou deixe de fazer nom é a questom que se debate aqui. Se queres entender o que falei, ok. E se nom queres, ok também.
Para mudar um país é preciso mudar primeiro a mentalidade da sociedade. E na Galiza, o principal problema é a mentalidade. Ser empresario, na maioria de círculos e ambientes galeguistas, culturetas, é pouco menos que um pecado. No entanto, os do OPUS, ocupando esse espaço. Como caralho vamos avançar assim?
Non, do que estamos falando é de que lle ofreces a Nemigo un MBA así pola cara porque sabes que a el non lle interesa ser empresario, e paréceme algo mal. A min si que me interesa, a pesar de non ser elite. Aquí tes o meu mail: orsinia@yahoo.com.
MaisUm, se unha desas ideas de negocio é unha regasificadora en Mugardos avísote de que xa está pillada...
Quero pensar que falas seriamente Orsinia. Nossa Berto, já se apropriaram os do Opus dessa ideia?
Chuza! é um exemplo do que se pode fazer na Galiza.
#21 si que falo seriamente, mira: reganosa.com/
Que pena. O negócio parecia interessante.
bueno home, hai máis cousas, tes aí touriñan para encher de piscifactorías...
#24 Eu no seu momento pensei em furar os canons do Sil...
Que ideias mais originais têm estes futuros empresarios galegos.
#21 Ti pensa o que queiras, eu por un momento pensei que falabas en serio en vez de esbardallar. O meu correo segue baleiro.
#26 Eu sou cientista, nom insultes.
Nom insultei. Cientísta básico ou aplicado?
Agora vai resultar que os reintegracionistas sodes uns iluminados, e o resto sen darnos conta. Menudo plan que tedes, se o modelo é Portugal (ultranacionalismo, ultracatolicismo, baixo desenvolvimento económico, salarios de miseria, servizos públicos de pena, etc.): non graciñas, prefiro quedar como estou.
Aquí o problema non é de querer ser empresario ou non, a min dame a risa co liberalismo, porque en Galicia o 99% das empresas que son algo, sono porque nacen, crecen e se reproducen á sombra do poder político ou do poder económico xa establecido. O problema é o da inexistencia dunha identidade colectiva, dun proxecto de país nos que todos (empresarios, traballadores, científicos, investigadores, políticos, etc.) nos sintamos integrados e que todos rememos no mesmo barco e na mesma dirección, cousa inexistente a día de hoxe.
O modelo pode ser Portugal em algumas coisas, em outras Irlanda ou Finlândia. Em outras Singapura. Teremos que aprender dos melhores em cada âmbito. Falar a mesma língua nom quere dizer quea Galiza seja Portugal. Portanto esse insulto de iluminados, sobra.
Quanto ao segundo parágrafo estou completamente de acordo. Como também está Suso de Toro no artigo. Mas a questão agora é. Como solucionarmos isso? Queixando-nos "ad eternum" ou tomado decisões?
O de iluminados vai polo comentario de "Apenas os reintegracinistas, tem as coisas claras. A única elite galega que existe neste momento." A min paréceme un comentario propio de un iluminado, ademáis de irreal. Porque os reintegracionistas non son os únicos que teñen as cousas claras neste país, seguro que os do Opus teñen as cousas clarísimas, os de tangallego tamén e moita outra xente. Non por ter as cousas claras se está no certo.
Está ben o de tomar decisións, estou dacordo contigo. Pero no que dis de queixarse non concordo. O que fai moita xente no noso país non é queixarse, é protestar e criticar o que pasa, que é diferente. E o que debería facer todo o mundo que queira o ben para este país é plantar cara a todos o que o están estrangulando, non desde agora, senon desde hai décadas. Dicir basta a todo o lixo que conforman as nosas elites: políticas, sociais, económicas, mediáticas, etc.
#32 Prego-cho: Nom nos julgues polas palavras de MaisUm. Ou eu julgarei a todos os isolinos polas palavras de Mendez Ferrín [Perdom por ser tam duro]
Humm. Se calhar as minhas palavras foram um pouco soberbias de mais. Certo. Quanto ao segundo, nom achas que uma forma de plantar cara a todas essas "elites lixo" é criando uma sociedade paralela que vaia ocupando possições estratégicas em todas as áreas. A política dos "factos consumados" Que estrátégia propões senão?
MaisUm son moitos os xeitos de responder aos teus textos. Só dicirche que ter unha boa idea non garante o éxito de feito nensequera fai falla ter unha boa idea, nen ten que ser orixinal. Ortega é un bo exemplo de iso
O máis importante pra facer negocios é: ter cartos Sen cartos NON se poden facer negocios. Traballa pra algunha empresa catalana e o verás máis claro. Traballa pra algunha empresa sen cartos e entón estarás convencido pra sempre
Na galiza NON hai empresarios, non hai empresas nen iniciativa. Só especuladores que están a facer cartos (os máis posibles) no menor tempo posible roubando aos traballadores, á seguridade social, aos clientes, a si mesmos... Non crean...
» ver todo o comentario
Concordarás então Nemigo em que essa é mais uma boa razão para pôr em macha projectos ambiciosos e "sem medo" a crescer. Pelo dinheiro não te preocupes. Sobra quem financie.
ah, que non se me olvide. Portugal non é exemplo empresarial en nada. Un país no que os traballadores gañan 300 ou 400 euros de soldo pouco nos pode ensinar (espero) Os traballadores portus teñen como obxectivo marchar pra españa a traballar
que non me preocupe polo diñeiro? Pero que clase de empresario empeza un negocio sen financiación? Ti sabes que as empresas NON pagan no acto? Tardan meses, algunha ata anos en pagar (R paga a dous anos)
Se ti tes unha empresa estás a facturar pero NON a cobrar. Non verás un can en meses. Terás gastos que hai que pagar xa. Os soldos e demáis. Sen financiación de onde sae iso? Vas ao tacho.
E NON, non necesitas unha boa idea pra montar un negocio. Na fontanería todo está inventado pero é un negocio caralludo
Parece que nom les-te a última frase que escrevi.
#39 que sobra quen finacie?
Ti non fuches nunca a un banco pedir cartos (refírome sen ir armado)
quen era o que decía que o empresariado galego está fatal? Ô_o
Pois mirada a Amancio Ortega, se ele pode passar de amanhar botons na rua da Galera a ser o homem mais rico do Ejpiña vós poderiades dominar o mundo.
#40 remeto para o link indicado em #10
ortega non tivo nada de orixinal no seu negocio. Sabe do negocio e quere que medre a súa empresa
En arteixo teñen dentro das instalacións unha rúa simulando calquera rúa comercial. Alí poñen os deseños a exposición. Vai ortega e di: isto si, isto non. E así se fai en inditex
#43 boa idea. E antes de montar un negocio fala con algunhas persoas. Iso de cambiar mentalidades... Lembra a bmw cando mercou rover e dicían iso. Que tiñan que cambiar a mentalidade de rover. BMW perdeu cartos a mares e rover foi ao tacho
#44 Pois para nom ter nada de original mira que apanhou quartinhos che. E porque nom fas alto assim ti, desde abaixo e quando tenhas o emporio falamos, vale?
Son o único en Chuza que adora as críticas constructivas?

Eu neste artigo vexo acertado a Suso de Toro.
Por certo, Portugal, esa utopía, non é nin de lonxe unha referenza empresarial. E non creo que haxa que seguir nen o modelo do Québec nen o de Éire nen hostias, hai que crear o modelo da Galiza... o de probar con modelos foráneos paréceme a min que ben o coñecemos e sabemos de sobras os resultados.
E penso que de botar a culpa de todo ós políticos xa abonda, a culpa é da merda de mentalidade pechada que hai, e de aí parte todo. Mais, como creo que dicía por aí MaisUm, as cousas teñen que partir de un mesmo tamén, máis traballar e menos choromicar. E a traballar pra mellorar a túa vida e a túa entorna en xeral, e deixarse da carallada de quintanista de "facer país", que agora até cagar se considera todo un acto de "construcción de país"
www.4shared.com/file/22536894/6efa0e76/Independncia_Financeira_-_O_Guil
Por unha vez estou dacordo con MaisUm (agás o tema das elites e todo iso), se non hai traballo hai que facelo. Un pouco de autocrítica, que sempre parece que somos uns pobriños.
Eu tamém concordo com MaisUm no essencial. Mas acho que nom é assim tam simples nem fácil.
Eu quero fazer uma empresa de colírios para a ressaca. Em Santiago decerto triunfaria. A Pingassaca 47.
#8 Ascarida, pódoche asegura que en Euskadi fálase moito... galego! ;-D
#7 Pois grazas polo link pero por sorte ou por desgracia, os novos emigrados non soen apuntarse a Fillos. Temos moita máis xente descendente dos antigos emigrantes a América. Non che sei dicir exactamente cal é a razón, pero a nova emigración é diferente, aparte de que os destinos son moito máis cercanos, e canto máis preto quedas da Terra, menos necesidade tes de socializar con outros galegos. Dame esa impresión.
...E non esquezades o modelo do cooperativismo vasco como referencia de interese para nós. Claro que para iso primeiro teremos que aprender a saír cada un do noso castro ;-P
Pois eu, e sen que sirva de precedente, estou de acordo con Nemigo (cando ten razón hai que darlla)
#33

#12 És a puta elite! Nom o duvides, Fer!
O meu tocaio tem mais razom que um santo! (primeiro lim os comments e o artigo depois) Eu também vivim (com vergonha própria e alheia) algumha experiência aeroportuária parecida com a que descreve o meu xará
Coincido com o Suso de Toro (por umha vez). E no esencial com o MaisUm (obviando a frase das elites).