www.elpais.com/articulo/Galicia/Nueva/epica/elpepuespgal/20070722elpga...
enviado por maeloc hai 394 dias 21 horas 54 minutos, publicado hai 394 dias 17 horas 38 minutos
"Este país no necesita una juventud al modo abertzale, necesita una juventud con orgullo, firmeza cívica y comprometida con su país a través de su trabajo, sus creaciones. Militancia cívica, exigencia y autoexigencia en el trabajo. Menos quejarnos, menos excusas y más exigir y trabajar, sería la consigna para este tiempo". Também defende a ofrenda ao apóstolo como um símbolo galego. Ler para crer.
comentarios
Relacionada: chuza.org/historia/nunca-mais-where-art-thou/
[Voz do NO-DO] El moderado y respetado ideologo ha exortado a los encendidos amantes de la tierra gallega a que practiquen un sano regionalismo bien entendido. No es el momento ni el lugar para muestras esperpénticas de desunión y desafección con el magno proyecto de mecenas del afamado escritor galaico, nuestro querido presidente Jose Luis Rodriguez Zapatero. La algarabia y el libertinaje ideológico de las últimas décadas en la celebración del dia del Santo Patrón de Espiña han sido eficazmente criticadas por este constitucional y fiel artículo de Suso de Toooorooo. Las quejas y ostentación de la mal llamada "consciencia nacional" son una innecesaria oposición a esta Espiña nuestra de la que todos formamos parte.VivaEspiña! [/voz]
Nota2: Há artigos teledirigidos (a meirande parte dos que escreve em El Pais) e há artigos que levam a antena do mando bem visível.
son entón eu o único que cré que ten boa parte de razón??
eu, dende logo, o día 25 hei estar de carallada, na Festa da Fraga, e non facendo de salvapatrias nunha mani.
Traducindo: que PRISA paga a Suso de Toro pra arrimar o hombro e que o BNG non poida poñer nonseicantosmilesdemanifestantes enriba na mesa de negociación pra conseguir do PSOE o 8% dos orzamentos que Quintana reclamará na Quintana al Estado español. Suso de Toro, Suso de Torito, Suso de Touriño... sea patriota, escriba en castellano...
Eu nom vejo que chame à desmobilizaçom ainda que tampouco acabe de concordar co que escreve. No que si estou de acordo é que as atitudes "kale borroka" sobram, o que nom é incompatível coa mobilizaçom, a dignidade e as reivindicaçons que cumpra.
O que nom entendo é a que vem mesturar o nacionalismo galego coa violência abertzale, fijo-se e fai-se desde o próprio nacionalismo galego, tamém desde o nacionalismo espanhol e agora vem o Suso de Toro a seguir co tema.
#6 É uma mágoa que quando Suso de Toro di: "este país no necesita una juventud al modo abertzale", todos (incluido ele próprio, claro) relacionemos esta palavra basca com a violência ou o terrorismo. A verdade é que nos tenhem o coco bem comido.
Á parte da carraxe que lle poidades ter a Suso de Toro porque vaia facer un libro sobre Zapatero ou porque venda máis libros ca vós... en que estades en desacordo do artigo?
#8 O "argumento" "se criticades é porque tede inveja" é um pooooouco triste Cesare, decepcionas-me.
tangallegocomoelgallego
tangallegocomoelgallego
tangallegocomoelgallego
tangallegocomoelgallego
tangellegocomoelgallego
"Menos quejarnos, menos excusas y más exigir y trabajar"
Esse acento, corrijam por favor ""à" desmobilizaçom"
#12


obrígasme a autocitarme: ber.to/2007/lei-de-berto-i/
nom tenho karma suficiente para isso, sínto-o
"Y el 25 de Julio, el día de la ciudadanía gallega, el día de un país con futuro. Esa debiera ser nuestra nueva épica. Podríamos olvidar las coartadas retóricas y echarle valor a la cosa."
Mais ou menos o que vem decindo o ultimo editorial de A Nosa Terra (nº 1277). Sinto nom poder enlazar, nom está ainda disponível na rede.
#7 Eu bem sei que a esquerda abertzale é muito mais do que ETA, kale borroka e violência em geral, mas entendo que socialmente entende-se o que coido que quer dizer Suso de Toro. Parece-me lamentável, por outra banda, que reivindicaçom e luita sejam termos associados a violência e falta de madureza ou seriedade.
O pior é que tanto desde dentro como desde fora do nacionalismo galego e defendendo posturas contraditórias, acabemos por falar de nós comparando-nos com situaçons que pouco tenhem a ver coa nossa realidade: uns desqualificando o nacionalismo em geral como terrorista, abertzale, etarra... outros emulando e caricaturizando dinámicas próprias de Euskal Herria...
-Se cadra debeu utilizar "kale borroka" en vez de "abertxale".
-"Também defende a ofrenda ao apóstolo como um símbolo galego". É un símbolo galego, sexa ou non símbolo nacionalista, progresista ou que eu considere positivo.
-"Militancia cívica, exigencia y autoexigencia en el trabajo". Desde o meu punto de vista iríanos ben millor si actuase así a xuventude galega.
Pódenos gostar ou non cómo escritor ou político pero as conclusións que saca do texto Maeloc non me parecen acertadas.
-¿Algún se parou a pensar porqué os nacionalistas non atinxen nin o 25% dos votos?
Non estou dacordo neste caso con boa parte do teor do artigo: Non considero a ofrenda ao apóstolo como símbolo a reivindicar, e non creo que sexa bó estender a especie de que como vivimos collonudamente non hai nada que reivindicar, en especial porque seguimos a ter un país sen construír e sen vertebrar en case nengún dos sentidos.
Pero sí concordo en que as actitudes ou as referencias kale-borrikeras sobran, ainda que por outra banda, non vexo que teñan sido entre nós tan habituales como para merecer esta atención específica por parte de Suso de Toro.
Voto positivo para denunciar a quen puxo en Chuza -e a quen o seguiu case a cegas- un titular tan terxiversador como evocador da ideoloxía fundamentalista de quen o escribiu.
Estou con Césare, aínda que non partillo a argumentación: Non creo que haxa aquí ninguén coa capacidade de escribir libros, xa non digo de escribilos tan bos como os de Suso, así que mal poden ter envexa de nada.
Suso de Toro, a quen respecto pero non idolatro, ten metido o zoco ultimamente en algún que outro tema deses que permiten aos lectores atentos observar como vai debuxando a súa traxectoria vital e política persoal.
Fuxe Suso ás veces dos seus propios demos interiores -demos que non lle son e...
» ver todo o comentario
O da ofrenda pode metela Suso por donde queira, mais eu darialle a razón en que necesitamos unha xuventude traballadora con militancia civica, pero esto non debe de obligarnos a calar e a deixar de reivindicar o noso; e salir a manifestarse e demostrar que si podemos ter un gran peso.
Por unha nova épica galega, movilícense coma debe un galego de ben
wiki.chuza.org/wiki/Chuzarrascada_Nacional
Eu tamén penso que nunha manifestación de borracheira non se fai nada mais que quedar guai cos compañeiros de clase... pero cada un, pode facer o que lle pete...
co meu comentario non pretendo criticar a todos aqueles que van á manifestacion ,ollo!... senón a un determinado sector dela, que é o unico que fan por galiza en todo o ano.
#23 Correcto!!!
#23 menos mal que hai xente que traballa por Galiza todo o ano, a manifestación por semana.
Se umha pessoa o que fai em todo o ano é ir a umha manifa, o criticável nom é que se manifeste se nom que nom faga nada em todo o ano.
Calquera que teña realizado aportacións dende Galiza que foran recoñecidas polo complexo (nunca mellor dito) económico e social que xira en torno ao ñ, teráse enfrentado ante a disxuntiva de apartar do seu discurso toda reivindación sospeitosa de arredismo ou voltar ao ostracismo do finisterrae atlántico onde en troques de recoñecemento o que hai son carnicerías fraticidas.
Pois ise artigo é o cruceiro que sinala o punto onde a deriva de Suso de Toro se escora definitivamente cara a primeira opción; e ahí 'definitivamente' significa até que a estela do socialismo español continúe a ter excedentes pra gratificalo.
E toda esa loa da ética protestante do traballo, está moi ben, claro que unha cousa non quita a outra e ahí é onde falla estrepitosamente a tese que defende: por que a expresión da própria identidade forma parte dese traballo cívico que consiste en poñer en valor o trozo de diversidade que os séculos puxeron nas nosas mans e que xunto ás demais mostras de diversidade resulta unha aportación pra resolver os problemas que a uniformización do pensamento e da economía trae ao mundo.
Claro que a célula de universalidade para o señor de Toro pasou a ser España, non Galiza, e dahí derívase o resto. Creo que eso é o que os independentistas de fai uns anos chamaban a mentalidade do colonizado. Pois aínda que sexa demodé, igual esa é a expresión que mellor o define.
"Este país no necesita una juventud al modo abertzale, necesita una juventud con orgullo, firmeza cívica y comprometida con su país a través de su trabajo, sus creaciones.
Pois calquera que coñeza o entorno abertzale recoñecerá se ten un mínimo de rigor intelectual que esa é precisamente unha boa descripción da xuventude abertzale. A non ser que por "país" haxa que entender España, claro. Ou a non ser que por abertzale quixera dizer borrokari ou algo semellante como xa apuntaron máis arriba.
#8 podería seguir, pero xa aburre. tag cansino xa.
"Este país no necesita una juventud al modo abertzale, necesita una juventud con orgullo, firmeza cívica y comprometida con su país a través de su trabajo, sus creaciones".
Se nom puxeram no titular Suso de Toro, pensaría que Manuel Fraga Iribarne aínda está de presi de la Junta de Galicia, neno.
#25 o que digo e que galiza se constrúe día a día co traballo particular, e tamen o traballo colectivo, non ca troula pola troula...
Efectivamente, é un pouco precaria a miña argumentación de #8. Debería dicir simplemente #25 e buscar desmobilizaçom no dicionario.
A tenor da frasse do autor "No tiene por qué haber contradicción sino un encaje" eu já dissera:
"Pessoamente recomendaria-lhe [a de Toro] que fosse atopando o grande funil que permitirá à "nación" galega encaixar plenamente em "España". Pero o auto-reconhezido "Sartre" galego seguro que será capaz de reconduzir às masas e convencelas de que as naçons nom tenhen por que reivindicar o seu dereito à auto-determinaçom"
Bem, já terei tempo de fazer um monográfico sobre o tema, tenho um dossier completo de artigos e mesmo entrevistas televisivas que dam fe da deriva de Suso de Toro cara um vago regionalismo e , ainda pior, cara à defensa do bilingüismo.
Som muito livre de...
» ver todo o comentario
Máis esixir e traballar, por eso él traballa o 25, non coma esa panda de langras que andan por Santiago berrando "consignas trasnochadas":
www.compostelacultura.org/letras/axendad.php?id_e=2343l
25 de xulho, DíA DA CLASE OBREIRA GALEGA!!!
Maldade:
odemo.blogaliza.org/2007/07/23/suso-sabe/
"La realidad es que Galicia hoy es un país rico.". Será por iso que os nosos mozos, e menos mozos, continúan emigrando a Canarias para se malempregar na construcción e na hostelaría.
Haise que foder!!
#36 O texto continua: "Preferimos no verlo, pero los emigrantes que vuelven y los inmigrantes que vienen de países realmente pobres lo ven. Incluso tiramos el dinero que envía Europa en puertos exteriores pareados y ciudades culturales en lo alto del monte, pero es culpa nuestra, no hay un opresor extranjero que nos obligue a ello", e tem toda a razom do mundo, ainda que sigamos a ter emigraçom.
Conclusión: que temos o que nos merecemos, que somos ricos... e que por tanto nin estatuto de galiza, nin 8% de orzamentos, pra qué, España proveerá.
#38 Nom, conclusom (para mim): Deixa de dizer que somos o Terceiro Mundo, deixa de atribuir todos os males de Galiza ao imperialismo espanhol, construi o teu país desde a responsabilidade e sem xenofóbia.
Luitar, mobilizar-se, reivindicar... nom tem nada a ver nem co patriotismo etílico nem co desequilíbrio hormonal revolucionário.
#39: Resulta un pouco patética esa sucesión de proclamas tópicas, patrimonio de certo sector do independentismo -e que efectivamente teñen máis a ver con excesos etílicos e desequilibrios hormonais que cun proceso de reflexión intelectual- así que por favor, abstente de atribuirmas por que entón sitúas o teu comentário no terreo da mera provocación.
Por outra parte, afirmar o carácter colonial da explotación dos recursos naturais do país, ben sexa identificando como beneficiario ao capital español -ou mais recentemente ao transnacional intermediado por aquel- é unha tese política sobre a que non me vou posicionar eiquí, pero que ten defensores tan pouco sospeitosos de irresponsabilidade ou xenofobia na construción nacional como Beiras ou Vence, por referirme só ao caso galego. No francés mesmo chegou a desenvolverse o conceito de "colonialismo interior", e xa deixo da man da túa curiosidade investigar a qué se refire iso e se é de aplicación ao estado das autoanemias español.
#39: Non sei se isto foi chuzado xa, pero algunha pista pra investigar no tema vas atopala eiquí, nos comentarios dun tal Miro:
aspirinab.weblog.com.pt/2007/07/carta_aberta_a_jose_saramago.html
Alguén co que compartillas normativa mais que porén semella ter superados determinados preconceitos presentes no teu comentario.
#40 Eu nom te atribuo nada, só digo que umha cousa é nom concordar com algumhas afirmaçons do escrito de Suso de Toro e outra bem diferente atribuir a este afirmaçons que nom fai.
Nom tenho intençom nengumha de polemizar nem contigo nem com ninguém.
#41 Em nom utilizo o Padrão de Lisboa.
#42: Eu diría que #38: (...) Deixa de dizer que somos o Terceiro Mundo, deixa de atribuir todos os males de Galiza ao imperialismo espanhol (...) é atribuirme cousas que non afirmei, pero se estou equivocado pido desculpas.
No referido ás pentellices diccionárias, penso que en entornos de desequilibrio hormonal e de excesos etílicos pode efectivamente ter interese a discusión sobre os matices relacionados.
#43 Os "Deixa de..." som a conclusom que eu tiro e, já que logo, o que entendo que di Suso de Toro, nom me dirigia a ti nem a ninguém.
Vou-me dar à bebida.
Pois eu descúlpome.
Vou polas hormonas.