Superpiñeiro, Ana Kiro e Méndez Ferrín, nun manifesto a prol do galego

Superpiñeiro, Ana Kiro e Méndez Ferrín, nun manifesto a prol do galego
A Mesa pola Normalización Lingüística presentou un novo manifesto pola convivencia lingüística. Terá como voceiro a Superpiñeiro e está promovido, entre outros, por C+P:"El texto está firmado por diversas personalidades de la cultura gallega, como Manuel Rivas, Luis Tosar, Ana Kiro, Méndez Ferrín, Mercedes Peón, Yolanda Castaño, Ignacio Vilar, Alfonso García, Sanmartín, Sesáreo Sánchez Iglesias, Xosé Lastra Murais, Avelino Pousa Antelo, Teresa Moure, Xoán Costa y Bernardino Graña".
43 comentariosen lingua
tags: manifestos, lingua karma: 273.00
votos negativos 2, votos de usuarios: 54, votos anónimos: 45

comentarios

  1. #1   

    Tamén está a musa de Chuza!, Yolanda Castaño, por exemplo...

    votos: 2, karma: 30
    escrito por Cesare hai 29 dias 16 horas 54 minutosCesare
  2. #2   

    #1 po-na no titular para aumentar o tirom e que nom se sinta agraviada ;)

    votos: 0, karma: 19
    escrito por odeteresa hai 29 dias 16 horas 53 minutosodeteresa
  3. #3   

    E Sanmartín será osanma?

    votos: 1, karma: 25
    escrito por chimpin hai 29 dias 16 horas 52 minutoschimpin
  4. #4   

    #2 nom queremos rematar como os Aduaneiros

    votos: 1, karma: 27
    escrito por odeteresa hai 29 dias 16 horas 49 minutosodeteresa
  5. votos: 1, karma: 35
    escrito por alema hai 29 dias 16 horas 49 minutosalema
  6. votos: 0, karma: 18
    escrito por Cesare hai 29 dias 16 horas 47 minutosCesare
  7. #7   

    Definitivamente, dou-me de baixa na Mesa.

    votos: 10, karma: 3
    escrito por serna hai 29 dias 16 horas 47 minutosserna
  8. #8   

    Aínda non teño claro se é un novo manifesto ou o antigo manifesto...

    votos: 0, karma: 18
    escrito por Cesare hai 29 dias 16 horas 46 minutosCesare
  9. #9   

    Non teño claro de que vai todo isto, alguén pode poñer unha ligazón ao manifiesto?

    votos: 0, karma: 14
    escrito por bieito hai 29 dias 16 horas 39 minutosbieito
  10. #10   

    #9 Pois non. É un manifesto distinto, pero a única posibilidade de consultar o seu texto é escoitalo no vídeo directamente interpretado por Superpiñeiro: www.vieiros.com/nova/68041/son-os-falantes-do-galego-os-que-resultan-ds

    votos: 0, karma: 18
    escrito por Cesare hai 29 dias 16 horas 29 minutosCesare
  11. #11   

    A foto de presentación do manifesto é, bytheway, moi masculina... :-(

    votos: 0, karma: 18
    escrito por Cesare hai 29 dias 16 horas 27 minutosCesare
  12. #12   

    Debería poderse configurar Chuza! pra que este titular aparecese de formas distintas. P.ex., que pró comando FPG aparecese Ferrín de último, que prós reintegratas aparecese Yolanda Castanho, etc.

    votos: 2, karma: 39
    escrito por Cesare hai 29 dias 16 horas 24 minutosCesare
  13. #13   

    SuperPiñeiro asinando a prol do galego? :-D Pois a min contaronme de que en certa ocasión no restaurante "El Balcón" de Cangas do Morrazo, e dito haberá 5 ou 6 anos, montou unha boa lea por conta da língua. Quien lo ha visto y quien lo ve!

    votos: 5, karma: 32
    escrito por Garrano hai 29 dias 16 horas 18 minutosGarrano
  14. #14   

    #13 Eu tenho-o visto por compostela e deu-se a circunstancia de que sempre falava castelam. Mas bom, as pessoas evoluem e por vezes ate de forma possitiva. Muitos somos os neo-falantes ;)

    votos: 5, karma: 80
    escrito por odeteresa hai 29 dias 16 horas 14 minutosodeteresa
  15. #15   

    #13, #14 E moitos tamén se arriman ao sol que máis quenta e ao vice-PRESIDENTE de turno que lle paga as presentacións das festas dos vellos :roll:

    votos: 6, karma: 78
    escrito por chimpin hai 29 dias 16 horas 12 minutoschimpin
  16. #16   

    #15 mentres for por bem... dicia Bertolt Brecht que pra arrimar o ombreiro nom sobra ninguem, nem mesmo os que pudessem ter interesses espurios (se for o caso). o importante é que ele vai na boa direcçom (no como otros) e nom deixa de ser um gesto valente visto como esta o panorama polo PP adiante e polas ejpanas adiante.

    votos: 2, karma: 41
    escrito por odeteresa hai 29 dias 16 horas 9 minutosodeteresa
  17. #17   

    O que hai que ver "Agripina" preocupada outra vez pola cultura galega. Sintocho Cesare pero vou negativizar a nova. Para min, eu, as veces o mensaxeiro é tan importante como a nova. (Evidentemente non me refiro a ti cando digo mensaxeiro)

    Saúdos

    votos: 4, karma: 2
    escrito por bieito hai 29 dias 15 horas 54 minutosbieito
  18. #18   

    Eu chuzarei, porque nom se diga que alguns reintegracionistas fam o mesmo que fam alguns isolacionistas, de votar negativo cousas que fam "os contrários". Portanto, chuzo.
    Mas reflexiono também, a ninguem lhe parece que esta "notícia" de tanta gente guapa junta, de tanto chachi guai comprometido, de tanta "cooltura", de tanto "buen rolhitismo", nom é autobombo, spam, lixo, irrelevante, ou semelhante.
    Se em vez de toda essa "gente bien", estiveran membros da esquerda independentista, reintegracionistas confesos, velhos comunistas que nom renunciam a nada, etc..., nom estaria esta notícia no grupo das "descartadas"?
    Claro, claro, e que como isto nom é política...

    votos: 2, karma: 19
    escrito por joamoraindik hai 29 dias 15 horas 31 minutosjoamoraindik
  19. #19   

    a min o que me gusta do manifesto é que é asinado por xente moi diversa... e aí está a clave da normalización do idioma. na diversidade. que todo o mundo (de esquerdas e de dereitas, de arriba e de abaixo, ricos e pobres, pijos e proletarios, nenos e maiores, etc.) estea cómodo na defensa común da lingua.

    votos: 7, karma: 87
    escrito por alema hai 29 dias 15 horas 16 minutosalema
  20. #20   

    #18 Não vejo tanta gente bien na fotografia.
    Assinalo à Yolanda, Ana Kiro, ao Piñeiro, Ferrin... Ferrin pola postura belicista e radicalmente isolacionista que dentro e fóra das institições pratica e divulga, com grandes resultados na súa aplicação, bem visíveis. Assim tivemos Letras galegas para um tio que escrevia com a mesma grafia que estou a empregar eu (Alfonso X), e normativa que impede ler os seus textos.

    Piñeiro apresenta um programa (por outra banda, uma autêntica merda) no que a Língua Galega é sodomizada sistematicamente por convidados e convidadas e por ele próprio, sem o menor pudor.

    Também estão Rivas e Moure, mas ao lado de 'persoeiros' que não fazem nada positivo polo galego. Algúm nem o usa na súa vida privada. No caso de Piñeiro atrevo-me a dizer que seria melhor que também não o usasse na pública.

    votos: 3, karma: -3
    escrito por serna hai 29 dias 15 horas 5 minutosserna
  21. #21   

    Non creo que haxa que descalificar a ninguén que dá o seu apoio ao galego, dicindo "pero se ese fala castelán". A min non me importa que fale castelán se está a favor de que se tomen medidas para que se incremente o uso do galego.

    votos: 7, karma: 100
    escrito por orzan hai 29 dias 15 horas 1 minutoorzan
  22. #22   

    Chuzar chuzo, mas... nom começa a ser um pouco cansino tanto manifesto dum lado e doutro?? Quero dizer... por quê cruzar acusaçons podendo solucionar todo com luita na lama?? :-D :-D

    votos: 3, karma: 49
    escrito por Galegoman hai 29 dias 14 horas 57 minutosGalegoman
  23. #23   

    #21 Estou dacordo, mas com excepções.
    Quando nunha entrevista ao Sr. Barreiro (presidente da Rag) dixo que ele seguiria a dizer "Gracias", é dizer, a não empregar a normativa ele próprio acabava de 'aprovar' com o seu voto...
    Sim é posível criticar (não desqualificar) o hipócrita e incoerente da teoria e praxe de muita gente, especialmente de quem cobra por promocionar a língua, dum ou doutro jeito.

    votos: 2, karma: 11
    escrito por serna hai 29 dias 14 horas 56 minutosserna
  24. votos: 4, karma: 47
    escrito por OXirarei hai 29 dias 14 horas 25 minutosOXirarei
  25. #25   

    #23 o señor barreiro, méndez ferrín, a RAG, o ILG e todas as persoas e institucións ás que vós (e só vós) chamades "isolacionistas" merecen moitas críticas, por suposto.
    pero... e o reintegracionismo? cando ides mirar tamén vós no voso embiguiño para facer un chisquiño de autocrítica? ou vós non tedes responsabilidade nin cometedes erros? cantos escorrentaron do galego ao ver as vosas pretensións? en que medida contribuídes a que se identifique galego con independentismo, esquerdismo ao límite, extremismo, batasunismo, etc.? (o cal vai totalmente en contra da normalización do idioma, por certo)...
    onde está a autocrítica do reintegracionismo? existe en algures?

    votos: 10, karma: 30
    escrito por alema hai 29 dias 14 horas 16 minutosalema
  26. #26   

    #25 Se o reintegracionismo tem que pedir perdom por ser independentista (aquel de Coalición Galega, o de Ourense, o dos marron glace, também é independentista?, e Camilo Nogueira que falava galego no Parlamento Europeu?), entom que nom terá que fazer o isolacionismo.
    Tem em conta que quando os de "tan gallego como el gallego" escrevem na nossa língua, fam-no em normativa ILG. E Falange igual. E a UPyD. E etc...
    Postos a pedir perdom, isto vai parecer o muro das lamentaçons. E, por certo, há uns quantos independentistas (como mínimo toda a FPG e os ferrinianos), que escrevem em ILG cousas que podem "escorrentar" tanto ou igual que as que escrevem os independentistas reintegracionistas.
    Em fim...

    votos: 6, karma: 37
    escrito por joamoraindik hai 29 dias 13 horas 38 minutosjoamoraindik
  27. #27   

    #26 o teu comentario coméntase por si mesmo... pois mira que ben: eu loito por un galego no que se sinta identificado todo o mundo (de esquerda a dereita, independentistas e non independentistas,...) mentres que ti loitas por un galego no que só se sente identificado unha mínima parte da poboación.
    quen escaralla o idioma? ti ou eu?

    votos: 5, karma: -13
    escrito por alema hai 29 dias 13 horas 31 minutosalema
  28. #28   

    #25 cantos escorrentaron do galego ao ver as vosas pretensións?
    hohoho pois nom sei, di-no-lo ti... em calquer caso coido que nom serám máis dos que escorrentou o isolacionismo coas suas mudanças de normativa, incoeréncias e indecisons de que é castelanismo e que nom.

    E isso de «esquerdismo ao límite»... Eu nem me considero de esquerdas... xD pensara que che passara a tua obsessom, com que os reintegratas tenhem que ser de esquerdas, cando atoparas o reintegrata aquel do pp xD

    votos: 4, karma: 40
    escrito por one2 hai 29 dias 13 horas 30 minutosone2
  29. #29   

    #28 quen vos dera dar a imaxe de moderación que deu o reintegrata do PP, do que son fan absoluto. aprendede del, que tedes moito que aprender, antes de tanta crítica furibunda.

    votos: 3, karma: -30
    escrito por alema hai 29 dias 13 horas 27 minutosalema
  30. #30   

    #26 Home, se me dis que porque escriba a Falange na normativa do ILG xa se desprestixia, pois paréceme un argumento bastante vago. Entón se escriban en reintegrata xa o deixabas de empregar? Se o usan será porque para moita xente é o de referencia, simplemente. Agora, tratar de mesturar a lingua con certa xente que o usa paréceme un pouco demagóxico.

    votos: 1, karma: 34
    escrito por xindilo hai 29 dias 13 horas 8 minutosxindilo
  31. #31   

    #30 já, mais isso conta-lho ò alema...

    votos: 1, karma: 30
    escrito por one2 hai 29 dias 13 horas 6 minutosone2
  32. #32   

    Ide todos á praia a mollalo carallo. Vivan Pinheiro, Ferrín, Ana Kiro (ainda que non me goste) e a Yoli tamén (que está moi boa)

    votos: 3, karma: -18
    escrito por diogo hai 29 dias 13 horasdiogo
  33. #33   

    Meu deus do ceo!!! Superpiñeiro non se sente libre para expresarse en galego, hahahahahahah! bueno, a diario, refírome. Ai que ver.

    votos: 1, karma: -3
    escrito por kate hai 29 dias 12 horas 7 minutoskate
  34. #34   

    Sabedes o do dedo, a lúa e os parvos?

    votos: 2, karma: -21
    escrito por nozzilla hai 29 dias 11 horas 23 minutosnozzilla
  35. #35   

    Pois a min paréceme moi ben o manifesto e vouno asinar para que haxa máis mulleres da esquerda independentista. En canto a #25... iso de que "se identifique galego con independentismo, esquerdismo ao límite, extremismo, batasunismo, etc." é algo malo? debe identificarse coa misa de Rosalía, a Orde do Cocido de Lalín, ou co vello verde aquel que chamaban "Merendiñas"...? Ogallá houbese máis xente disposta a pasar por independentista, esquerdista ao límite, e extremista. Eu sono.

    votos: 2, karma: 41
    escrito por mortiza hai 29 dias 10 horas 29 minutosmortiza
  36. #36   

    Eu o que me pergunto é que toma #25 para identificar reintegracionismo es.wikipedia.org/wiki/Reintegracionismo com "contribuídes a que se identifique galego con independentismo, esquerdismo ao límite, extremismo, batasunismo" Se quadra é que o senhor alema identifica as suas fobias persoais com "os reintegratas" ao mesmo que aplica as suas filias a todo o mundo e, especialmente aos "galegos" (a ver quanto tarda em engadir-lhe "de ben" para diferenciar os que pensam como el dos "galegos de mal").

    Sobre "cantos escorrentaron do galego ao ver as vosas pretensións?" no comments, de verdade, no comments... que tanto a minha moça como todos os que passarom pola classe da senhorita 'lo que diga la RAG va a misa' fugem do galego coma da peste, porque nom só é o 'grazas', nom, é que as passavam putas para decifrar os palavros que saem desses laboratórios.

    votos: 6, karma: 61
    escrito por Galegoman hai 29 dias 10 horas 16 minutosGalegoman
  37. #37   

    #35 por contra, todos eses que "as pasaban putas [expresión nada reintegrata] para descifrar os palabros que saen deses laboratorios", están que-lo-flipan con toda a reintegratada, que entenden á primeira é a perfección ;) as supostas fobias que me atribúes son falsas, e os que adoitan falar da bondade/maldade dos galegos xa sabemos quen son. ;)

    votos: 2, karma: -3
    escrito por alema hai 29 dias 9 horas 39 minutosalema
  38. #38   

    Penso que o feito de que se identifique inequívocamente o galego cunha determinada posición política, si que é algo malo, é un paso para o galego deixar de ser un idioma e se converter nunha xerga.
    De todas maneiras non creo que se poida acusar disto ao reintegracionismo, así, en xeral.
    Tampouco parece lóxico acusar ao ILG, (con ese típico argumento dos que están en contra da normalización do noso idioma), de crear palábras de laboratorio, xa que todas as normas de todos os idiomas as teñen.

    votos: 1, karma: 25
    escrito por orzan hai 29 dias 9 horas 31 minutosorzan
  39. #39   

    Eu chuzar chuzaria. Todo o que se faga para defender os nossos direitos, também os lingüísticos, parece-me bem. Mas a questom é: como é que entre todos os nomes que aparecem nas noticias de quem assina (por certo, muitos homes e poucas, poucas, poucas mulheres), nom aparece nengum reintegracionista practicante.
    E nom o digo porque ser isolacionista ou reintegracionista signifique, per se, ser melhor ou peor pessoa (nem sequera significa ser melhor ou peor galego/a). Digo-o porque os e as reintegracionistas também existem. Porque entre elas e eles há de todo, e porque muitos e muitas desenvolvem um trabalho muito digno e merecente de reconhecemento também; tanto no campo literário, ...

    » ver todo o comentario

    votos: 3, karma: 38
    escrito por rodchenko hai 29 dias 8 horas 32 minutosrodchenko
  40. #40   

    #38: Pois eu vexo, cando menos dous reintegracionistas "practicantes": Isaac Alonso Estravís e Nemésio Barxa.
    Olla aquí: www.xornal.com/article.php?sid=20080723191128

    votos: 0, karma: 6
    escrito por western hai 28 dias 22 horas 27 minutoswestern
  41. #41   

    Comentemos logo!

    "1.- O pobo galego ten dereito a que a súa lingua propia (orixinaria) sexa oficial a todos os efectos no seu ámbito territorial."

    Com. Se o ámbito territorial do galego é o territorio do Estado español no que está asentado o galego e non só o das catro provincias da Comunidade Autónoma da Galiza (CAG) entón concordo na demanda de oficialidade TAMÉN do chamado galego exterior; mais, se o manifesto entende por territorio do galego só o das catro provincias, daquela, esa oficialidade "a todos os efectos" xa está recoñecida no ordenamento xurídico vixente e aplicábel. Cousa ben distinta é, como é ben sabido, que o ordenamento xurídico sexa ou non respecta...

    » ver todo o comentario

    votos: 0, karma: 6
    escrito por Lois.de.Silan hai 28 dias 19 horasLois.de.Silan
  42. #42   

    #25 Pero de que serão culpáveis umas quantas pessoas que não obstentam nem obstentarom poder institucional algúm.
    O que se passa aquí é que o modelo oral TVGa e escrito RAG e algo muito cómodo para esses que queres achegar ao galego, mas isso não é o galego, é espanhol. E se mete medo dizer que o galego é português... BUUUUUUUUUUUUUUUH. Impórta-me um caralho número de utentes de galego entanto siga a ser Galego e útil, e se me garantam os meus direitos lingüísticos. E a utilidade está em boa medida relacionada com a sua transparência a respeito da hispanofonia e a lusofonia. E o Reino (Xunta, Ilga e Rag também são Reino), sábe-no bem.

    Quanto ao do independentismo.....

    » ver todo o comentario

    votos: 4, karma: 12
    escrito por serna hai 28 dias 15 horas 24 minutosserna
  43. #43   

    Cópio e colo um anaco dum comentário em Vieiros a esta nova:

    "Semelha que os galegos que querem ser galegos ainda nom se decatarom, ou nom querem decatarse, de que os responsaveis polas políticas linguísticas som, para fazer um paralelismo, como esses misionarios cristiáns que iam convertendo os indios ao cristianismo e defendendo os seus dereitos humanos fronte aos colonizadores europeus: quer dizer, eles eram nom mais do que uma outra face da colonizaçom, eles nom estavam a defender as culturas indígenas, mas a expandir a sua própria visom do mundo, que era a mesma dos colonizadores europeus, na sua vertente religiosa, e por conseguinte, a acabar com as suas culturas. Fazer um e...

    » ver todo o comentario

    votos: 0, karma: 8
    escrito por serna hai 28 dias 15 horas 15 minutosserna


quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]