mediapinta.blogaliza.org/2007/07/09/tan-gallego-como-los-marcianos/
enviado por susinho hai 448 dias 6 horas
Aquel "alcalde" que presumía do direito de pernada coas mulleres de Ortigueira nun bar de Eivissa, recén recuperou a alcaldía pra inaugurar unha estátua de bronze feita por Leiro que representa o paradigma do "Gaiteiro de Ortigueira"... vistido con traxe galego... e instrumentado cunha gaita de tres roncos dispostos en vertical, ou sexa, escocesa. Vía Ifrit. Eu non tiven forzas pra sacarlle a foto. Demencial.
comentarios
en escocés non sei... en inglés é "martians". Tal e como comeza-la frase supoño que o pretendes escribri en inglés, tampouco se dí "so" cando se compara.
Sería:
"As galician as the martians"
So para negativas.
boh... pois nin me fixara pero postos a resaltar o ridículo, from lost to the river... Ademais sei que hai xente con superpoderes para correxir as gambadas for if the flyes -flies?- así que don't worry be hippy que se a cousa é heavy xa haberá quen o corrixa
Arredemo... tiven que editar catro veces o comentario pra dar coa combinación do smiley correspondente... non hai Xp!
#4 wiki.chuza.org/wiki/Como_insertar_cari%C3%B1as_nos_comentarios_e_no_feo
Boa chuzada Susinho

