So galician as the... cómo se dí marcianos en escocés?

Aquel "alcalde" que presumía do direito de pernada coas mulleres de Ortigueira nun bar de Eivissa, recén recuperou a alcaldía pra inaugurar unha estátua de bronze feita por Leiro que representa o paradigma do "Gaiteiro de Ortigueira"... vistido con traxe galego... e instrumentado cunha gaita de tres roncos dispostos en vertical, ou sexa, escocesa. Vía Ifrit. Eu non tiven forzas pra sacarlle a foto. Demencial.
6 comentariosen lercheo
tags: gaitas, roncos, bordóns, galiza, eskózia
votos de usuarios: 14, votos anónimos: 3

comentarios

  1. #1   

    en escocés non sei... en inglés é "martians". Tal e como comeza-la frase supoño que o pretendes escribri en inglés, tampouco se dí "so" cando se compara.
    Sería:
    "As galician as the martians" ;)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Galegoman hai 511 dias 9 horas 23 minutosGalegoman
  2. #2   

    So para negativas.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Modesto hai 511 dias 9 horas 13 minutosModesto
  3. #3   

    boh... pois nin me fixara pero postos a resaltar o ridículo, from lost to the river... Ademais sei que hai xente con superpoderes para correxir as gambadas for if the flyes -flies?- así que don't worry be hippy que se a cousa é heavy xa haberá quen o corrixa :-P

    votos: 0, karma: 0
    escrito por susinho hai 511 dias 8 horas 56 minutossusinho
  4. #4   

    Arredemo... tiven que editar catro veces o comentario pra dar coa combinación do smiley correspondente... non hai Xp!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por susinho hai 511 dias 8 horas 51 minutossusinho
  5. votos: 0, karma: 0
    escrito por Modesto hai 511 dias 8 horas 48 minutosModesto
  6. #6   

    Boa chuzada Susinho :-D:-D:-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Kiko_das_leiras hai 511 dias 7 horas 41 minutosKiko_das_leiras

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]