Só 4 blogs en galego entre os 50 máis relevantes de Galiza

 
Alianzo vén de reformar o seu portal de blogs, incluíndo o seu propio ranking de blogs por CC.AA. e idiomas. Entre o top #50 de Galicia só se poden atopar 4 blogs en lingua galego (un deles xa pechado): ASF, Dias Estranhos, Capitulo 0 e A Nosa Biblioteca 2.0. Relacionada: www.alianzo.com/net/top-blogs/language/galego
10 comentariosen rede
tags: blog, audiencia, visitas, ranking, alianzo karma: 257.00
votos negativos 1, votos de usuarios: 29, votos anónimos: 13

comentarios

  1. #1   

    E esses dados son fiaveis? O meu nom esta!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por peeler hai 613 dias 19 horas 6 minutospeeler
  2. #2   

    Non me fiaria eu moito do ranking de Alianzo, Calidonia

    votos: 0, karma: 0
    escrito por suevo hai 613 dias 18 horas 56 minutossuevo
  3. #3   

    Suevo, hai tempo en Technorati calculei que a porcentaxe de anotacións de blogs que falaban de lugares galegos empregando o idioma galego era do 10-25%.

    Dos rankings existentes moi poucos localizan os blogs por CC.AA e/ou por lingua. Este de Alianzo é un dos dous que coñezo.

    O outro é o de 86400 (86400.es/ranking-blogs/galicia.html). Neste último a porcentaxe sobe até o 50%, mais só porque hai cousa dun ano entretívenme en dar de alta os 100 primeiros blogs do blogomillo segundo Technorati, para compensar a supremacía dos que empregaban o idioma castelán. Creo que ninguén se dedicou a dar de alta outros blogs galegos en castelán distintos dos que xa aparecen, de aí esta porcentaxe irreal que engorda a participación da lingua galega no total. O de Alianzo en cambio parece que xa parte dun lista de blogs bastante máis neutral.

    En calquera caso se sabes de máis estimacións ou webs que fagan algo parecido non deixes de envialas.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Calidonia hai 613 dias 18 horas 19 minutosCalidonia
  4. #4   

    #3 Calidonia a miña apreciación ía mais ou menos polo que dis, en Alianzo tamén teñen que ser os propios autores os que dean de alta os seus blogs polo que non creo que se poida extraer a conclusión do titulo, como moito que dos blogs mais relevantes en Galiza inscritos en Alianzo só 4 están escritos en Galego. Na miña opinión, ou os blogueiros que escriben en galego non coñecen ese listado ou con aparecer no ranking oficioso do Blogomillo (blogaliza.org/index.php?val=lblogomillo) están servidos.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por suevo hai 613 dias 16 horas 28 minutossuevo
  5. #5   

    #4 Eu estou servido

    votos: 0, karma: 0
    escrito por chimpin hai 613 dias 16 horas 24 minutoschimpin
  6. #6   

    #5 eu tamén :-)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por suevo hai 613 dias 16 horas 21 minutossuevo
  7. #7   

    Cando se refire a mais relevantes refírese a mais visitados? Porque se é asi é de esperar que os blogs en castelán sexan visitados por xente de muchos y diversos lugares hispano-falantes que non visitarian os que estan en lingua galega.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por josr hai 613 dias 14 horas 45 minutosjosr
  8. #8   

    Home, moita validez non debe ter cando Aduaneiros aparece e sae como blog en "español"...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Kandpalleiro hai 613 dias 10 horas 52 minutosKandpalleiro
  9. #9   

    Interessam os rakings europeus e mundiais, nom os espanhóis.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por MaisUm hai 613 dias 4 horas 4 minutosMaisUm
  10. #10   

    Elogo na Galiza existen blogs en español!?! eu non coñezo ningún... :-/

    votos: 0, karma: 0
    escrito por ramix hai 612 dias 18 horas 47 minutosramix

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]