Sergio, xogador do Deportivo: "O galego é un dialecto, igual ca o catalán"

 
Entrevista espectacular do xogador do Deportivo Sergio en canaldeportivo, onde declara: "O catalán é un dialecto, non un idioma, igual ca o galego. É como o asturiano. Iso non son idiomas". O xogador, que para máis inri é catalán, confesa na entrevista tamén que a súa canción favorita é "Bailar Pegados" de Sergio Dalma e que as súas pelis favoritas (e que sabe de memoria) son "Oficial y Caballero" e "Rocky III". A entrevista completa: canaldeportivo.com/servlet/es.iris.servlets.DeporSport/4/2008/08/10 páx 2, 3 e 4.
50 comentariosen deportes
tags: sergio, deportivo, galego karma: 272.00
votos negativos 2, votos de usuarios: 52, votos anónimos: 45

comentarios

  1. #1   

    Por riba de ser un manta, retrasado! Se estivera no barça non había peito a soltar iso.

    votos: 5, karma: 60
    escrito por boa_morte hai 324 dias 21 horas 36 minutosboa_morte
  2. #2   

    o máis curioso non é a estupidez de alguns senón a seu interés en amosarlla ó mundo. A opinión de este cateto é completamente irrelevante...

    votos: 6, karma: 77
    escrito por petopitopato hai 324 dias 21 horas 35 minutospetopitopato
  3. #3   

    É certo totalmente IRRELEVANTE

    votos: 6, karma: 91
    escrito por pingheiras hai 324 dias 21 horas 28 minutospingheiras
  4. #4   

    Alema, tío, por que les umha entrevista a un futbolista? masoquismo? estudios antropoloxícos?
    Eu currei algo máis de dous anos na sección de deportes de un medio de comunicación, e podo asegurar que en máis do 90% dos casos os futbolistas apenas empregan as neuronas precisas para patear a bola. E que conste que lle dou tanta validez a este testimonio que ao de outro xogador que saia con un discurso 100 % favorabel ao galego.

    Por certo, eso sae na web oficial do Deportivo??

    votos: 8, karma: 124
    escrito por WSobchak hai 324 dias 21 horas 25 minutosWSobchak
  5. #5   

    chuzo a entrevista polo tema lingüístico
    e tamén polo frikis que son as respostas.
    nas últimas preguntas, responde a como perdeu a virxinidade, ao que fai despois de botar un kiki... e cousas desas. :-D

    e francamente... non dicían que os futbolistas son líderes de opinión? :-D :-D :-D
    #4 non sei se sae na web oficial do deportivo... canaldeportivo non é do depor? (pregunto)

    votos: 3, karma: 53
    escrito por alema hai 324 dias 21 horas 21 minutosalema
  6. #6   

    Viva 1, respecto , e ...a cousa é exactamente ao revés, que a cousa da reconquista escomenzou poe acó, por se non se lembra

    votos: 0, karma: 16
    escrito por doceasubio hai 324 dias 21 horas 18 minutosdoceasubio
  7. #7   

    #4 www.canaldeportivo.com/cdx/sugerencias.html mais non vin as declaracións na web (?¿)

    votos: 0, karma: 19
    escrito por petopitopato hai 324 dias 21 horas 13 minutospetopitopato
  8. #8   

    #5 acabo de confirmalo: canaldeportivo é a web oficial do deportivo... polo tanto a entrevista sae na web oficial do depor. :-D

    votos: 1, karma: 24
    escrito por alema hai 324 dias 21 horas 13 minutosalema
  9. #9   

    #7 está nunha sección chamada "depor sport", un diario que se pode descargar en pdf

    votos: 1, karma: 24
    escrito por alema hai 324 dias 21 horas 12 minutosalema
  10. #10   

    enviado mail a web do depor www.canaldeportivo.com/cdx/sugerencias.html: "...para expresarlles a miña incomodidade polas declaracions sobre a lingua galega do xogador Sergio que reproducen vostedes na súa revista. Como cidadán galegofalante síntome insultado e menospreciado polas mesmas..." Cecais como diría a miña aboa non há maior desprezo que non dar aprezo pero desta tiña ganas de perde-lo tempo. Vexamos que contestan... si o fan.

    votos: 4, karma: 87
    escrito por petopitopato hai 324 dias 20 horas 51 minutospetopitopato
  11. #11   

    #7 Nom estám na web, estám no jornal do Depor.

    votos: 0, karma: 19
    escrito por Galegoman hai 324 dias 20 horas 37 minutosGalegoman
  12. #12   

    "Yo siempre pienso que el hombre es para la mujer y la mujer para el hombre".
    E o capuchón para o Bic e o Bic para o capuchón.

    votos: 2, karma: 33
    escrito por cossimo hai 324 dias 19 horas 58 minutoscossimo
  13. #13   

    Voto irrelevante porque a opinión dun futbolista nestas cuestións é tan importante como a dun bombeiro ou un soldador, pero a estes non se lles pregunta. Moi mal está unha sociedade que lle dá cancha a individuos cuxo maior mérito consiste en darlle patadas a un cacho de coiro e en abrir a bocaza de cando en vez (moitas veces para dar respostas tan intelixentes como as lidas aquí ou para repetir o super-mantra: el furgol es asín). Menos circo e máis neuronas, please.

    votos: 4, karma: 52
    escrito por roebek hai 324 dias 19 horas 21 minutosroebek
  14. #14   

    #13 pois xa che conto como me puxeron por non saber o que era unha "torcida" :-D

    votos: 7, karma: -39
    escrito por alema hai 324 dias 19 horas 16 minutosalema
  15. #15   

    alem de subnormal, nom sabe nem pôr a lavadora

    votos: 1, karma: 17
    escrito por spacorum hai 324 dias 19 horas 13 minutosspacorum
  16. votos: 2, karma: 43
    escrito por alema hai 324 dias 19 horas 12 minutosalema
  17. #17   

    :-O :-O se non o vexo non mo creo :-S :-S

    votos: 0, karma: 11
    escrito por suevo hai 324 dias 19 horas 6 minutossuevo
  18. #18   

    #16 chega, sí, pois o que rechama neste tema máis que o que poida decir un futbolista en canaldeportivo.com (remítome a #13 e a #2 ) é que saia nun medio de comunicación dun clube de fútebol galego. Iso sí que é relevante.

    votos: 0, karma: 19
    escrito por petopitopato hai 324 dias 19 horas 1 minutopetopitopato
  19. #19   

    #18 non entendo, petopitopato... tanto a páxina web coma o xornal onde aparecen as declaracións son medios de comunicación do dépor...

    votos: 3, karma: 54
    escrito por alema hai 324 dias 18 horas 59 minutosalema
  20. #20   

    #7 Eu detesto o futebol. E o Deportivo é umha emrpesa privada coa que non tenho vinculación ningumha, así que paso moito de escribirlle.

    Eu máis que nada o dicía, por todas esas veces que hai que tragar coas axudas (de todo tipo) a Sociedades Anonimas Deportivas desas coa excusa de que representan a Galiza e demáis caralladas...

    votos: 1, karma: 20
    escrito por WSobchak hai 324 dias 18 horas 54 minutosWSobchak
  21. #21   

    Estou dacordo con #1 se estivese no Barcelona non soltaba iso nin de coña, por que o Barça obriga por contrato os xogadores a utilizar o catalán e se teñen que ir a clases a estudialo van. Tan so hai que lembrar que este "personaxe" ven dun clube un pouco... como decilo... ¿facha? como é o Espanyol, que por moito que cambien a Ñ polo NY seguen igual de castelanistas e feixistas.

    votos: 2, karma: 36
    escrito por feelbeat hai 324 dias 18 horas 51 minutosfeelbeat
  22. #22   

    #19 ...entón fixen mal en non entrar en #0 supuxen que a orixe da chuzada era un diario deportivo calquera ... non me fixei na url e de ahí veu a miña confusión...

    votos: 1, karma: 5
    escrito por petopitopato hai 324 dias 18 horas 50 minutospetopitopato
  23. #23   

    ...Sergio vai facer que Pereiro pareza un filósofo a seu lado :-D

    votos: 2, karma: 31
    escrito por derrelicto hai 324 dias 18 horas 38 minutosderrelicto
  24. #24   

    A ver senhores:
    -Jogador de futebol.
    -Jogador do Deportivo de La Coruña.
    -Jogador de futebol.
    -Catalam que nom sabe catalam
    -Tio que leva cinco anos na Galiza e nom fala galego.

    O único que pode sentir alguem ao ler esta nova é carinho por essa pobre criatura.

    votos: 9, karma: 104
    escrito por Fer hai 324 dias 18 horas 36 minutosFer
  25. #25   

    1- Esta nova é lixo, mágoa que cheguei tarde.
    2- Hai que indicar que a ligazón leva a un arquivo en PDF.
    3- #24 Bem-vindo, fer!!
    4- El robocó.

    votos: 8, karma: 1
    escrito por ifrit hai 324 dias 18 horas 16 minutosifrit
  26. #26   

    Non, a nova non é lixo; lixo é que unha das bandas que se dí "abandeirada" do pais permita que se menosprece dese xeito o seu patrimonio... e que este señor cobre o que cobra por "levar ás cores de Galicia" polo mundo adiante.

    A súa opinion non reflicte mais ca a ignorancia, o medo e o desprezo que moita xente sinte cara ó galego e ós galegos que temos o valor de recoñecermonos como 'distintos'.

    E daríame igual si o interfecto fose do meu celtiña.

    votos: 2, karma: 49
    escrito por Kandpalleiro hai 324 dias 17 horas 45 minutosKandpalleiro
  27. #27   

    as consideracións dese indivíduo sobre a lingua son irrelevantes a non ser que a ignorancia e a convicción testicular sexan agora unha sorte de conhecimento na materia. Inda así eu miro na tv que escollen a futbolistas para promocionar prendas de roupa e peiteados provocando pasarelas de 'catwalk con fines benéficos' impresentables.
    chuceina porque a aparición desas declaracións nún medio do dépor dán idea do auto-odio no clube. Concordo con #1, #21 e #26: eso no barca non pasa.

    votos: 0, karma: 11
    escrito por xel hai 324 dias 17 horas 40 minutosxel
  28. #28   

    #14 Já sabemos todos o que gostas de te fazer a vítima, ainda que sejas ti o atacante: chuza.org/historia/china-usa-batalhoes-de-torcida-para-ocupar-estadios7

    Como os coitados castelamfalantes que estám discriminados na Galiza...

    votos: 5, karma: 30
    escrito por Galegoman hai 324 dias 17 horas 22 minutosGalegoman
  29. #29   

    e que din disto os riazor blues? :-D

    votos: 3, karma: 44
    escrito por martinho hai 324 dias 17 horas 15 minutosmartinho
  30. #30   

    Esta entrevista é unha xoia. Ten cada resposta que tira para atrás.

    Filmes que volvería ver: "Muchísimas, pero tengo dos que hasta me sabía los diálogos 'Oficial y Caballero' y 'Rocky III'".

    Tipo de muller que lle gusta: "me gustan las morenas con pelo largo y necesito que la combinación pelo-cara sea buena".

    Último libro que leu: declara que foi o último ano que estivo no Espanyol, é dicir, hai 8 anos. Aí se explican moitas cousas. Pola contra, é máis de revistas de cotilleo.

    votos: 3, karma: 43
    escrito por xindilo hai 324 dias 17 horas 15 minutosxindilo
  31. #31   

    eu tamén, hei mirar de apanhar unha muller cúnha combinación pelo-cara óptima xD

    votos: 2, karma: 34
    escrito por xel hai 324 dias 17 horas 9 minutosxel
  32. #32   

    Non está de máis enviarlles un correo, cordial como diría o outro, esixindo rectificacións públicas. Navantia, Aministía Internacional ou Springfield respondéronme nun tempo récord ás miñas queixas. Cando menos, esta xente que nos insulta, e as institucións, clubes, empresas... para as que traballan, deben saber que as súas palabras son rexeitadas por parte da poboación e que a próxima vez pensen dúas veces as cousas que din en público.

    votos: 3, karma: 50
    escrito por pitanxo hai 324 dias 17 horas 5 minutospitanxo
  33. #33   

    levas razón. eu voulle pór ún xa. O link para o formulario está en #7

    votos: 0, karma: 11
    escrito por xel hai 324 dias 17 horas 3 minutosxel
  34. #34   

    E iso de que despois de facer o amor se lle gusta a moza a abraza e senón vai por unha botella de auga... Soa coma os que van por tabaco e non volven

    votos: 0, karma: 17
    escrito por xindilo hai 324 dias 17 horas 1 minutoxindilo
  35. #35   

    eu mandeilles esto:

    Quero comunicarlle-la minha preocupación e total disconformidade cás declaracións dún xogador do clube nas que califica a lingua da Galiza coma un dialecto. Tamén me preocupa a sensibilidade do clube e os seus medios na cuestión.
    Saúdos

    votos: 2, karma: 34
    escrito por xel hai 324 dias 16 horas 40 minutosxel
  36. #36   

    bueno vivindo na coruña é o ambiente que respira o pobre

    votos: 1, karma: -1
    escrito por ridomil hai 324 dias 16 horas 6 minutosridomil
  37. #37   

    Aprezados señores: Veño de ler na revista DeporSport deste mes unha entrevista cun traballador do seu clube nas que bate sen o menor en contra da lingua galega facendo un desprezo inxustificabel ó patrimonio de Galicia.
    Si en verdade o seu clube quere ser o representante de Galicia no deporte do futbol non pode premitir ese tipo de declaracions que mancan unha parte importante da identidade do pais e dos seus cidadans.

    votos: 1, karma: 34
    escrito por Kandpalleiro hai 324 dias 15 horas 49 minutosKandpalleiro
  38. votos: 8, karma: -51
    escrito por xosemarcote hai 324 dias 15 horas 39 minutosxosemarcote
  39. #39   

    Baseando-me em #35 enviei isto:

    Mui boas tardes;

    Quisera comunicar-lhes a minha preocupaçom e total desconformidade com umhas declaraçons dum jogador do seu clube, do que sou fiel seguidor, nas que qualifica à língua galega de dialecto, ademais da catalã e a asturiana. Estas podem ser lidas no jornal 'Depor Sport', polo qual ainda me parece mais grave: canaldeportivo.com/servlet/es.iris.servlets.DeporSport/5/2008/08/10/3

    Nom pretendendo entrar em desqualificaçons, é claro que a profissom do jogador que declara isto é futebolista, nom filólogo, e por isso desconhece a diferença entre língua e dialecto. Mas o que me preocupa é que os futebolistas hoje em dia som um ...

    » ver todo o comentario

    votos: 5, karma: 80
    escrito por Galegoman hai 324 dias 15 horas 17 minutosGalegoman
  40. #40   

    Pan e circo

    votos: 2, karma: 5
    escrito por andresrguez hai 324 dias 12 horas 46 minutosandresrguez
  41. #41   

    A verdade é que a entrevista non ten desperdicio. Listirrmo este Serxio ou Sergi... Iso si, só xogou ben 2 anos en toda a súa carreira... logo a vivir de rendas... como se sacara unha praza de funcionario...

    votos: 3, karma: 6
    escrito por xandacova hai 324 dias 12 horas 45 minutosxandacova
  42. #42   

    Certamente, tuvo 2 anos bos, mais beber a auga dos floreiros nom ajuda muito a umha carreira desportiva...

    votos: 0, karma: 7
    escrito por peeler hai 324 dias 11 horas 46 minutospeeler
  43. #43   

    Alguén sabe cal é o chuza catalán? Porque este Sergio xogaba na selección catalana e haberá que avisarlles, digo eu... por se acaso o convocan de novo

    votos: 0, karma: 9
    escrito por Pablinho hai 324 dias 10 horas 8 minutosPablinho
  44. #44   

    #43 latafanera.cat/

    Aí a levas

    votos: 0, karma: 19
    escrito por FULANO hai 324 dias 10 horas 6 minutosFULANO
  45. votos: 0, karma: 17
    escrito por chimpin hai 324 dias 9 horas 52 minutoschimpin
  46. #46   

    Seica él non falaba Catalán?

    votos: 0, karma: 13
    escrito por LLik hai 324 dias 9 horas 52 minutosLLik
  47. #47   

    Respondeu-me o chefe de prensa :-) Mui correcto e em galego, e entre outras cousas disse que que Piscu ou Rochela fam declaraçons em galego... nom fazia falta que me dissera que esses dous ponteses sabem falar galego perfeitamente :-D :-)

    votos: 2, karma: 51
    escrito por Galegoman hai 324 dias 9 horas 42 minutosGalegoman
  48. #48   

    #47 Pois por aqui ainda non responderon....(demomento...)

    votos: 0, karma: 19
    escrito por FULANO hai 324 dias 9 horas 41 minutosFULANO
  49. #49   

    #44 Eu xa a "tafanei", ou como se diga...

    votos: 0, karma: 9
    escrito por Pablinho hai 324 dias 7 horas 27 minutosPablinho
  50. #50   

    Na entrevista di que anda con Manuel Pablo... do que din que ten problemas para ler e escribir... os dous grandes modelos a seguir polos rapaciños galegos...

    votos: 0, karma: 6
    escrito por xandacova hai 324 dias 6 horas 30 minutosxandacova

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]