Segue o peche de salas: o xoves, derradeira proxección dos Multicines Compostela

Segue o peche de salas: o xoves, derradeira proxección dos Multicines Compostela
 
Os Multicines Compostela pecharán as súas portas este xoves, día 20 de decembro. Segundo confirmaron hoxe fontes da empresa Barcagal, propietaria dos multicines, "este xoves será o seu derradeiro día de exhibición". A capital galega queda así sen outro espazo de exhibición tras o peche este mesmo ano da Sala Yago, que ofrecía cine en versión orixinal.
12 comentariosen audiovisual
tags: cine, multicines compostela karma: 195.07
votos de usuarios: 31, votos anónimos: 10

comentarios

  1. #1   

    A verdade é que as salas son/eran algo cutres, pero poñian películas fóra do máis comercial, e sempre se agradece.

    votos: 0, karma: 15
    escrito por chimpin hai 785 dias 10 horas 41 minutoschimpin
  2. votos: 0, karma: 10
    escrito por Modesto-2 hai 785 dias 10 horas 33 minutosModesto-2
  3. #3   

    O único cine "ao uso" no que poñían películas fóra "do normal". Para cando os Valle Inclán? :-(

    votos: 0, karma: 18
    escrito por OXirarei hai 785 dias 9 horas 3 minutosOXirarei
  4. #4   

    Eu a última que fun ver alí foi Nocturna (www.filmaxanimation.com/films/30.htm) en galego e estaba eu só. A verdade é que en Santiago estamos quedando sen cines onde ver cinema... A ver se abren algún espectacular no centro comercial novo das Cancelas...

    #3 Eu se pechan os Valle-Inclán non o vou lamentar nadiña...

    votos: 1, karma: 26
    escrito por ifrit hai 785 dias 8 horas 55 minutosifrit
  5. #5   

    #4 Ves como és un friki cinéfilo?? ;) :-D

    votos: 0, karma: 20
    escrito por Galegoman hai 785 dias 8 horas 39 minutosGalegoman
  6. #6   

    #5 é a derradeira vez que cho repito: son cinéfago, non cinéfilo, a cinefilia é unha enfermidade.

    votos: 1, karma: 26
    escrito por ifrit hai 785 dias 8 horas 38 minutosifrit
  7. #7   

    #6 Chámalle X :-D :-D

    votos: 0, karma: 20
    escrito por Galegoman hai 785 dias 8 horas 34 minutosGalegoman
  8. #8   

    #6 E de onde tiras ti que cinefilia é umha enfermidade??

    votos: 0, karma: 11
    escrito por one2 hai 785 dias 8 horas 20 minutosone2
  9. #9   

    #8 Eu enfermidade chamaríao a estar (sen haber máis xente) vendo unha película no cinema... polo menos podía dicirlle a unha loira que houbese por alí que entrase canda el... :-D :-D

    votos: 0, karma: 20
    escrito por Galegoman hai 785 dias 8 horas 17 minutosGalegoman
  10. #10   

    estraviz: Cinefilia s. f. Paixom polo cinema.
    priberam: cinefilia s. f., gosto pelo cinema.
    rae: cinefilia. 1. f. Afición al cine.

    votos: 0, karma: 11
    escrito por one2 hai 785 dias 8 horas 13 minutosone2
  11. #11   

    #10 Sonche cousas de ifrit... non lle deas máis voltas ;)

    votos: 0, karma: 20
    escrito por Galegoman hai 785 dias 8 horas 11 minutosGalegoman
  12. #12   

    #8 Íacho explicar, mais vexo que andas un pouco perdidos de máis #10 para o pouco tempo que teño, así que coa explicación de #11 abonda...

    Veña, aquí tes unha boa explicación: higronauta.blogspot.com/2005/05/cinefagia-vs-cinefilia.html

    votos: 0, karma: 10
    escrito por ifrit hai 785 dias 8 horas 1 minutoifrit

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]