Salvemos o port para PPC

En Canonical están pensando en deixar de dar soporte oficial ao port de Ubuntu para PowerPC, o motivo son as poucas descargas que se realizan en comparanza aos ports doutras arquitecturas. As opcións que están barallando son: que todo quede como está, manter só o soporte para servidores ou crear unha plataforma de soporte non oficial mantida pola comunidade. En resposta ás intencións de Canonical os usuarios lanzan esta iniciativa onde podes pedir que se manteña o soporte para PPC dentro da rama oficial de Ubuntu.
4 comentariosen tecnoloxía
tags: ubuntu, ppc, powepc, port, linux, mac karma: 190.09
votos negativos 1, votos de usuarios: 16, votos anónimos: 3

comentarios

  1. #1   

    Se queres participar só tes que deixar os teus datos e un pequeno comentario, ou explicar a túa postura máis polo miúdo neste fío ubuntuforums.org/showthread.php?t=298746

    votos: 0, karma: 0
    escrito por ascarida hai 926 dias 21 horas 46 minutosascarida
  2. #2   

    e quen quere un port para ppc, agora que os mac son intel??
    :-(

    votos: 0, karma: 0
    escrito por goretoxo hai 926 dias 20 horas 30 minutosgoretoxo
  3. #3   

    e logo, a xente tira cos ppc só porque apple mudou a intel?

    votos: 0, karma: 0
    escrito por ascarida hai 926 dias 20 horas 27 minutosascarida
  4. #4   

    jejeje... nostalxicos hai no mundo...

    a resposta correcta era: para instalar ubuntu na PS3, que ten ppc!!!
    xD

    votos: 0, karma: 0
    escrito por goretoxo hai 926 dias 20 horas 23 minutosgoretoxo

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]