brenlla.blogaliza.org/2008/10/06/aplausos-por-videoconferencia/
enviado por cuppido hai 57 dias 4 horas 21 minutos
Roberto Brenlla, soldado do softwaer libre na Galiza recibe aplausos internacionais despois da súa intervención no evento BrOffice celebrado o pasado venres.
comentarios
Grande pessoa o Brenlla
chuzo a nova polos éxitos de Brenlla e Mancomun pero iso de "soldado do sw libre na Galiza" soa épico de máis
#2 Sim, bom, um chisco exagerado resulta
#2 Galiza Ceibe, poder compilar
#2, seica foi así como lle chamaron en Angola... Vese que aínda hai sitios no mundo onde a épica paga a pena. Maldita postmodernidade!
#4, moi boa! Tómolle a frase.
#1 Moi agradecido! Ler unha nova co meu nome no titular e o primeiro comentario loubando á miña persoa... é algo que non esquecerei. Obrigado!
#2 O de soldado non está ben reflictido. Acontece que Marco Lima, carioca que residía en Lisboa, animou á organización do Fórum de Luanda (Angola) para que eu fora un dos convidados dicindo algo asó como "... porque Roberto é un soldado do SwL" no senso de que "loito" a prol do SWL, só iso
Por certo, en Angola non creo que me coñezan por iso agás o organizador Marcio Ngivunda Cándido a quen aproveito para agradecer toda vez que non saiu no artigo sobre o evento de Angola nin na entrevista. Valeu Marcio!
#6 Pois é-lhe sinceridade!