Resumo da Asemblea Constituínte de +BNG

Resumo da Asemblea Constituínte de +BNG
Ponencias:"Antón Reixa, propon utilizar "aleatoriamente" denominacións Galiza e Galicia; Xoán Antón Pérez Lema saca adiante unha transacción segundo a cal +BNG se define como "nacionalismo democrático e socialmente transformador" sustituino a referencia explícita á ideoloxía de esquerdas. Recházase adoptar unha postura máis crítica a respecto da Unión Europea.Quintana realizou unha encendida defensa do aproveitamento da potencialidade das institucións autonómicas como mellor fórmula para demonstrar a súa insuficiencia ¿??? " etc..
26 comentariosen nacionalismo
tags: +bng, autonomismo, quintana karma: 243.74
votos negativos 1, votos de usuarios: 33, votos anónimos: 15

comentarios

  1. #1   

    Moi clarificador (para min polo menos), grazas a Filipe e o seu blog... ;) :roll:

    votos: 8, karma: 62
    escrito por Socram hai 79 dias 15 horas 21 minutosSocram
  2. #2   

    *BNG é unha corrente autonomista liberal radical.

    votos: 9, karma: 0
    escrito por xOsse hai 79 dias 14 horas 9 minutosxOsse
  3. #3   

    ninguén sabe o nome non? non se filtrou por ningures?

    votos: 1, karma: 25
    escrito por mighel hai 79 dias 13 horas 21 minutosmighel
  4. #4   

    #3 decidiron aplazar o do nome, porque, se ó final gañou o quintanismo, gañou a opción 'corrente' e non haberá novo partido... qué sentido ten andar a buscar nomes novos?? De momento chamarase +bng, e dame no nariz que o nome non vai mudar. Onte quedou claro quen é o ideólogo deste proxecto político, malia que non esté no Consello.

    votos: 4, karma: -1
    escrito por CARALLADAS hai 79 dias 12 horas 6 minutosCARALLADAS
  5. #5   

    1) Ah, mas... Reixa é do BNG? :-P

    2) «Reixa fixo un discurso, que levaba escrito, con dúas partes ben diferenciadas [...] na segunda, escoitada en expectante silencio, avogou por unha escisión pactada do BNG».

    3) O da defesa da forma espanhola "Galicia" (ainda que "aleatoriamente" ao pé de Galiza) só se pode entender como sequela de ter sido aluno de Ferrín :-P

    votos: 3, karma: 9
    escrito por galeguzo hai 79 dias 12 horas 4 minutosgaleguzo
  6. #6   

    tendenzas: verde chuza

    votos: 3, karma: 33
    escrito por petopitopato hai 79 dias 11 horas 59 minutospetopitopato
  7. #7   

    #1 Grazas, Socram :-) pero o blog non é só meu.

    #2 xOsse: Home, non se aprobaron as emendas máis soberanistas nin as máis críticas co capitalismo, pero se les os textos, creo que a túa conclusión é bastante sesgada.

    #3 mighel: Non hai nada que filtrar. A Xestora non fixo os deberes nin para presentar xa unha proposta de legalización nin para suxerir un nome novo, a pesar de que houbo unha ducia de propostas desde as comarcas. Imaxino que ao final as dúas cousas (nome e legalización) se resolverán ao mesmo tempo.

    #6 petopitopato: A min gustoume a opción polo verde; e máis aínda polo "verde chuza", denominación cromática para min descoñecida até agora ;) O que non teño claro é se é un verde-ecoloxista ou un simple verde-esperanza-de-reconquistar-o-poder. Esperemos que o primeiro, mais en calquera caso, haberá que dar un tempo para ver por onde se decantan as cousas na nova corrente. E que non se curtocircuite :-P

    Saúdos a todas(os).

    votos: 3, karma: 23
    escrito por filipe hai 79 dias 10 horas 33 minutosfilipe
  8. #8   

    bom pois, as cousas comezam a clarificar-se. ao final resulta que o cemento da corrente é só o anti-upg(ainda que também nom me surpreende). mas os votos nom se perderom por seguir o bng ideologicamente a upg senom por todo o contrario... nom sei nom me convence nem o de galicia, nem o de eliminar as referencias à esquerda. penso que ao final irei para os "mas"...

    votos: 1, karma: 14
    escrito por Aidols2 hai 79 dias 10 horas 28 minutosAidols2
  9. #9   

    A ver se entendo ben, vai ser corrente mais non van ser partido. E logo hai partidos que se integran na corrente? ou a corrente é de adcripción individual? Digoo porque o Suso Veiga de Inzar soe aparecer nas fotos de +BNG.

    votos: 0, karma: 8
    escrito por Garrano hai 79 dias 10 horas 20 minutosGarrano
  10. #10   

    #9 Garrano: Nada na estrutura do BNG é fácil de entender :-/ No caso de +BNG, a adscrición é individual, e os partidos que se integran na corrente (Inzar!, pero tamén ESG, PNG-PG e EN) non o fan organicamente, senón "animando" a súa militancia a adherirse a ela.

    Un imbroglio, sen dúbida, mais que deberá clarificarse sen moita demora (ou, polo menos, ese era o plan inicial).

    votos: 4, karma: 37
    escrito por filipe hai 79 dias 9 horas 56 minutosfilipe
  11. #11   

    #10 Ia sair un partido ben curioso con comunistas e liberales xuntos..
    Se hai estatutos eu quero velos.. :-P

    votos: 5, karma: 57
    escrito por Socram hai 79 dias 9 horas 46 minutosSocram
  12. #12   

    #11 Socram: Comunistas e liberais non se porían de acordo nin nos estatutos nin nas teses políticas, e teatralizarían as súas discrepancias até extremos (melo)dramáticos. Pero á hora de facer política, habería que recorrer a unha lupa cun aumento como o dos telescopios da NASA para encontrar as diferenzas ;)

    votos: 2, karma: 21
    escrito por filipe hai 79 dias 9 horas 17 minutosfilipe
  13. #13   

    #12 Home, non che sei... pero por poñer un exemplo, índonos ao pais veciño, eu se teño que escoller entre Anguita e Aznar teñoo ben claro.. ?(

    Se cadra ti estas a pensar nalgún comunista en concreto... :roll:

    votos: 2, karma: 27
    escrito por Socram hai 79 dias 9 horas 4 minutosSocram
  14. #14   

    #13 En máis dun ;)

    votos: 0, karma: 7
    escrito por filipe hai 79 dias 6 horas 48 minutosfilipe
  15. #15   

    Anda! mira a Bascuas! Deume clase na carreira! Xa facía que non sabía nada del!

    votos: 0, karma: 11
    escrito por naitology hai 79 dias 5 horas 44 minutosnaitology
  16. #16   

    xOsse, votaches negativo por autobombo??? Oes, que a chuzada é de Socram, non miña...

    votos: 0, karma: 7
    escrito por filipe hai 79 dias 4 horas 14 minutosfilipe
  17. #17   

    @filipe
    logo o modelo da nova corrente con respeito á adscrición á ela (que non militancia) vai ser semellante ao que ten Nós-UP, non é permitido grupos dentros pero si a dupla militancia, que neste caso ao ser corrente non se dá militancia, non?
    que bueno fago esta pregunta por se hai aspiracións a constituirse como partido e que se manteñan as estruturas atuais.

    votos: 1, karma: 15
    escrito por mighel hai 79 dias 3 horas 16 minutosmighel
  18. #18   

    Por que se chamam +BNG? Com a deriva dos últimos anos o que houve foi sempre MENOS: menos credibilidade, menos coerência, menos apoio social e até menos do único que lhe importava (votos e escanos).

    votos: 10, karma: 20
    escrito por giao hai 78 dias 20 horas 43 minutosgiao
  19. #19   

    #17 @mighel Si, parece ser que asi é, aínda que haberá que ver en que se resolve esa fórmula, porque unha "tripla militancia" como a que de feito van ter agora moitos (fronte+corrente+partido ou vice-versa) non parece algo destinado a durar. Que conste que non é nada novo (a xente do Colectivo Socialista no Encontro Irmandiño está na mesma situación desde hai anos), pero creo que a maioría non está por manter iso moito tempo, polo que, en caso de virar partido, non creo que se mantivese.

    #18 @giao Esa teima de cambiarlle o nome aos colectivos é moi típica do BNG. Alternativa pola U, -BNG, Movemento poloa Chan, Desencontro Irmandiño, CoNAs... Como a teima de españolizar o nome dos adversarios políticos (Frijolito, Torito...). Sinceramente, paréceme algo bastante pueril.

    votos: 8, karma: -13
    escrito por filipe hai 78 dias 20 horas 12 minutosfilipe
  20. #20   

    un motivo de reflexión para o nacionalismo en xeral e non so para o bng... poñámonos na hipotética situación de que galicia acada a soberanía e se sitúa como nación europea de seu... díganme vostedes, quen pensan que seguirían estando no goberno desta nova entidade e a manter os fios do poder? A miña suposición: os mesmos que pasaron da dictadura a democracia e do antiautonomismo ao federalismo actual e que sin desfacer a raia do pantalón, seguen tendo o control...

    votos: 1, karma: 20
    escrito por petopitopato hai 78 dias 20 horas 4 minutospetopitopato
  21. #21   

    Ten razón o xOsse en #2 Nada me estrana que a Clara Millán se nos metera de cabeza neste percal.

    votos: 3, karma: 8
    escrito por zutabe hai 78 dias 20 horas 2 minutoszutabe
  22. #22   

    #19 Eu nom lhe cambiei o nome nesta ocassom. Só digo que de "mais" BNG nom tenhem nada, em todo caso "mais do mesmo" si pode ser. Se quere, pode rebatir: ganhou ou perdeu o BNG credibilidade, coerência e apoio social nos últimos anos?

    votos: 1, karma: 21
    escrito por giao hai 78 dias 17 horas 17 minutosgiao
  23. #23   

    Esa assembleia semelha a junta geral de accionistas de "Xornal.com". Só lhes faltou tomar o café (de redacción) com Gloria Licores (licor café) ou Rafa Cuiña (augardente Dom Manuel)

    votos: 5, karma: -20
    escrito por Ronaldinho hai 78 dias 16 horas 37 minutosRonaldinho
  24. #24   

    #19 Neste caso, enfim, não creio que nenhuma corrente possa auto-denominar-se como "+BNG" porque então o resto que é, menos? Podiam chamar-se de muitas outras formas, mas acima de tudo, com algo de honradez, deixando fora as siglas do partido que une a todos.

    Porque uma cousa é usar o lema "Mais BNG" como slogan de campanha interna, e outra baptizar assim toda uma corrente. Para mim denota duas cousas: 1) falta de imaginação ou 2) apropriação do nome do partido. Ou, pior ainda, as duas cousas juntas.

    Mas... enfim, o tempo porá a gente no seu lugar. Dou-lhes quatro telejornais. Começamos.

    votos: 3, karma: 23
    escrito por galeguzo hai 78 dias 15 horas 8 minutosgaleguzo
  25. #25   

    #22 giao, non me dedico a negar as evidencias: á claro que o BNG perdeu apoios, votos, escanos e cota de poder. A credibilidade é un intanxible, e nese sentido é máis difícil pronunciarse: imaxino que a gañou nalgúns sectores ás custas de perdela noutros; para min, fixo en termos globais un mal negocio, pero se cadra a idea orixinal non era tan mala, e o que faltou foi habilidade na súa execución e dirección.

    En calquera caso, creo que é hipócrita -e non o digo por ti, senón por ser unha tendencia xeneralizada no BNG e no nacionalismo- aporlle a Quintana todas as culpas, esquecéndose tanto dos seus torpes asesores como especialmente da xente que dentro do BNG apoio a estratexia quintanista, a comezar pola UPG -mais non só ela, que outros se uniron ás voces críticas cando perderon presenza institucional, non antes.

    Saúdos.

    votos: 1, karma: 13
    escrito por filipe hai 78 dias 14 horas 56 minutosfilipe
  26. #26   

    Penso que se luciron coa definición como "nacionalismo democrático e socialmente transformador"...
    1) o de "democrático" soa a excusatio non petita (é que o propio do nacionalismo é ser antidemocrático?)
    2) o de "socialmente transformador" é unha 'sintacticamente-ianqui pailanada': a sociedade non é adverbio, nin o complemento circunstancial, mais a cerna mesma da acción política (quererá ser 'transformador da sociedade', supoño)

    votos: 4, karma: 21
    escrito por mortiza hai 78 dias 10 horas 32 minutosmortiza

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]