calidonia.blogaliza.org/2008/03/10/reaxir/
enviado por Fer hai 210 dias 8 horas 20 minutos, publicado hai 210 dias 5 horas 7 minutos
O mau dos dados é que só se podem ocultar com palavras, mas sempre estám no fondo. Calidonia analisa a baixada de votos inegável do BNG nas duas cámaras espanholas. O importante som as actas ou o opoio dos galegos?
comentarios
Que eu saiba eu nom sou Calidonia. Mas se algum bloqueiro segue sem ver que estám afundindo a toda hostia e querem negar os dados...
PVBE NUNCA MAIS!
» ver comentario
Non subscribo o titular da chuzada, mais si, obviamente, todo o que digo na anotación do meu blogue. Para min non houbo "duro golpe", mais que ninguén diga que se "reaxiu".
Non quixera debater quen ten os pés na Terra e quen nas nubes.
Eu creo que tampouco o golpe foi "duro", o bng aguantou o tirón do bipartidismo. O máis "preocupante" sería o descenso do BNG nos núcleos urbanos. En tal caso o duro golpe foi hai 4 anos e recuperarse deso nunha lexislatura supoño que non é sinxelo.
non hai nada máis triste que un fanboy dun partido tentando demostrar que 2+2=5

Eu tampouco creio que o BNG levasse um duro golpe, à minha opiniom sobre os resultados me remeto: voxlupi.blogaliza.org/2008/03/10/para-quatro-anos-mais/ (elegante autobombo
)
» ver comentario
Eu en realidade, fíxome nos datos do Congreso porque o do Senado realmente non o entendo, é algo bastante raro pra min. Por outra banda, penso que o bng debería aspirar a recuperar o teito dos 290.000 canto antes.
Penso que queda constatado con claridade o descenso de votos do BNG, dos 300.000 de hai oito anos até os 200.000 de agora e as anteriores xerais. Daquela, segundo os seguidores do partido, foi culpa do voto útil e agora do tsunami bipartidista (parafraseando a Llamazares). O bloque pode comezar a buscar excusas para as próximas eleccións ou cambiar a súa estratéxia de deriva a ningures. Eles deciden.
Os resultados mais importantes à hora de avaliarmos a trajectória do BNG serám os de dentro dum ano nas autonómicas, nas que se supom que joga no seu campo e nom hai bipartidismo que valha. Daquela veremos se o BNG amplia a sua base social ou simplesmente a muda.
#7 A miña "guerra particular contra o BNG" é tal que lle sigo dando o meu voto (e máis cousas), iso si, con cada vez máis dificultades. Mais ao mesmo tempo tento advertir (a quen queira atender) dos riscos que corre coa súa deriva actual, e se o fago non é porque me vaia nada no empeño (outros que dependen do Bloque teñen máis de que se preocupar, obviamente) senón porque é a única forza política na que acredito, e penso que aínda hai xente válida e proxecto que salvar (tamén lorzas e individuos perigosos que neutralizar, por suposto). Para máis referencias e menos dille-dille, convídenme a un café.
#3 Editei o título.
» ver comentario
» ver comentario
#13 Debemos deducir novamente que Vostede está completamente dacordo con todo o que fai o BNG?
» ver comentario
#14 [colocar aquí comentario irónico ou sarcástico para rebatir argumentacións de baixa calidade]
» ver comentario
#18 E eu que tiña a impresión de que era a min a quen lle daban por detrás... Non, non lle entendo.
desculpe a encriptación.
Cousas miñas.
vou opinar sobre este tema xa para deixar opinado: eu acho que o resultado para o BNG foi normaliño, deses que so se fan bos pola salsa que lles botas... como unha carne que tes que adobar moito e despois botarlle mazo de ketchup para que sepa ben ... e paro que xa me estou poñendo gastronofilosófico

PD: eu votei ao BNG por eliminación, as usual, en viveiro, con 2 cojones
O BNG aguantou ben o tirón do bipartidismo. Isto amosa que ten unha base forte na Galiza e que moita xente é fiel.

O maior problema do nacionalismo galego é a emigración dos homes e mulheres novas do noso país. A xuventude vota maioritariamente nacionalismo pero moitos andan fora e logo non votan.
Na Galiza sempre votan os mesmos, os funcionarios, os xubilados, os obreiros e os militares.
Galiza vive en Nós! Votemos ou non votemos somos unha nazón!
#20 Nada oh, recupérese.
» ver comentario
#22 Votemos como castrexos!!
#24 eu é como se non fora
#21 E logo os programadores tenhen dereito a voto??

VOTA L.I.N.U.X
#19
Acaba-me de lembrar umha cançom de Ángeles del Infierno! Que velhinho me estou a fazer!

» ver comentario
Concordo con #21 (xa sei que a miña opinión non interesa moito pero así aclárome eu). Non son resultados para o optimismo, o bng non vai volver a recuperar os 100.000 votos mañá, pero tampouco é pra tirarse dunha ponte, hai por onde traballar.
#30 si, dende logo o BNG poderá recuperar nalgún momento esos resultados, eso espero; ao igual que espero que o escenario sexa outro. Despois de catro anos de bazofia política, alí fumos coma borregos (eu non fun por cabreo, eso non me disculpa de nada) a facerlle o xogo a esta merda de democracia.
Poderemos ser un país, unha nación ou o que carallo queiramos decir de Galiza (eu teño a miña visión persoal), pero dende logo enchuoparonnos de merda até o cuello, e rironse de nós a gusto .
Polos mandriles ("calle ferraz" "calle genova") deven tar agora estar agora rompendose a pirola* de risa coas nosas análises.
Eu non sei quen gañou pero si quen perdeu (e o BNG aínda aguantou o tipo de narices, hai que decilo, polo que non se pode decir que perdera); perderon, por desgraza os de case sempre.
se fixeran política de esquerda, e non pensaran só en acadar o poder...
Acaba de baixar-me um ponto o karma por repartir as minhas opiniões votando os comentários, ehem
Como a maior parte das vezes, subscrevo a tua análise, Calidonia.
malos resultados?
deixando de lado o tema do senado (alguén sabe que utilidade ten?) o BNG mellorou, certo que moi pouquiño, os seus resultados das últimas eleccións a nivel de estado tanto en votos (208.688 --> 209.042) coma en porcentaxe (0,81% --> 0,82%). Os resultados non son para chuparse as pirolas (como dixeron onte no fedello) pero tampouco son malos atendendo ao contexto (bipartidismo e o atentado de eta que tamén debeu influir).
O problema destes medianamente bos resultados é que se dentro do bloque non fan unha reflexión interna poden pensar que teñen via libre para seguir co seu intento de apañar votos cada vez mais cara á dereita sen perder o apoio da esquerda (d...
» ver todo o comentario
Evidentemente o maior compoñente crítico da base electoral do BNG é un bendito lastre. Prefiro mil veces o análise crítico que o conformismo, algo que brilla pola súa ausencia en grnade parte da base electoral do SOE e o PP (que votan "anti" antes que polas ideas).
De ahí a calificar de malos resultados os obtidos polo BNG... uff a mín temblábanme as pernas por culpa do enganoso discurso do voto útil (que fixo que IU perdera 3 escaños en favor do PP).
A anotación de calidonia gustoume,a pesares de non compartir certas observacións (sobre todo porque o resultado do Senado é impresionante, contando o non efectivo do resultado, ainda que sí útil).
Moi acertado debatir sobre porqué nun unha ENTESA en Galiza. Porqué nadie responde a esta cuestión? Eu o fago subxectivamente, claro.
#34 Esa mellora en porcentaxe non se pode computar até que se reconte o voto da emigración. Na diáspora o BNG nunca superou o 5% dos votos, e unha vez computados van tirar para abaixo dese 12% até igualalo ou poñelo moi próximo da porcentaxe de 2004.
Non sei que interese hai en dicir que o BNG tivo uns malos resultados, eu vexo que foron semellantes aos que tivo nas anteriores xerais (subindo un chisco), e isto dentro dun contexto de fortalecemento do bipartidismo PSOE-PP.
Que non chegou a ter todos os votos que tivo nun tempo? non, é certo, pero tamén é certo que daquela axudou moito ter un PSdG totalmente desfeito e que non se sabía a onde ía.
Mantense, non é para botar foguetes, pero non creo que teña moito aquel andar a comparse cos resultado de hai 8 anos, se non tamén haberá que comparalos cos de máis atrás.
#37 Insisto. Eu non dixen que tivera malos resultados. Eu dixen que NON HAI UN REAXIR, que é o que titulan algúns medios e o que di o BNG por boca dos seus representantes.
e se o candidato por Corunha, no canto de Jorquera, tivesse sido Beiras?
engado ao meu comentario #21 que tamén hai ketchups moi bos...
#40 É um craque
#38 Não insistas, que o bloqueiro-acérrimo não lê, orneia (e o mesmo serve para o pepeiro-acérrimo, o sociata-acérrimo e qualquer fulano-acérrimo).
e se montamos un partido?
O BNG está estancado e non atrae novos electores. Con esa xentiña na dirección: non ten futuro.
Que foi un bon resultado só o ven os do BNG. Foron e son sectarios, é hora de que deixen de selo.
#40 Eu prefiro a Chikilicuatre...
Eu teño clara unha cousa despois de ver moitas eleccións: o electorado galego non é nacionalista
E se a xente non quere, da igual o que faga o BNG e calquera outro partido, non vai recibir mais votos dos que hai.
Outra cousa sería un partido galeguista (a.k.a. regionalista)...
#42 si, o Bloco Escéptico Revolucionário- Terra Obreira
O quid político dos galegos é que che som moi acougados e nom votam nacionata por nom amolar...
xa que estamos a ve-los resultados con lupa, vexamolos.
O meu entender, o BNG lle pasou o mesmo que a Esquerra (pero en pequeno), Esquerra tiña cerca do cento e medio millar de votos en cada rolda electoral a nivel estatal, e, dun dia pra outro, toparonse cun boom no que cuatriplicaron os seus votos, co que agora, mais que un descalabre, o que lles paso foi que volveron o seu sitio (mais ou menos)
E o BNG o mesmo, tiña entre cento cincuenta mil e douscentos mil votos, logo, nunha rolda electoral a nivel estatal, tivo trescentos mil votos, e nas seguintes volveron o seu sitio, mantendose (eu case diria de milagre), nas que lle seguiron.
Polo tanto eu non falaria dun descalabro do BNG, senon dunha confirmación de que o seu sitio non é ter tres deputados, senon ter dous (e con sorte), e, ou mudan drasticamente (co risco de perder o que teñen), ou manteranse onde estan durante unha tempada.
Vamos, pero todo isto non é mais que o que a min me parece, e, a vista dos resultados, permitome crer que non erro de todo.
#48 pois se só aspiran a ter dous deputados no congreso español "apaga y vámonos"...
Ó meu ver non foi un descalabro, de feito seméllame bastante acertada a diagnose de ghaiteiro ( #48 )
O que considero que ten que facer o bloque é analizar que ocorreu, que fixeron, para ter os resultados que tivo no 2000 e comparalo co que sucede e non sucede, co que fan e non fan agora, en troques de estar tan contentos por subir uns poucos votos.
Do mesmo xeito que teñen que analizar o que pedian, prometían e polo que protestaban antes do 2005 e a sua laboura na Xunta dende entón.
O bloco zafou. Isto é tudo o que há, meus senhores: 200.000 votos vaia frio ou calor e ainda bem...
Para min , e non son sospeitoso de ser do BNG foron uns moi bos resultados do BNG, recordemos que dende 2000 o BNG ven perdendo apoios en tódalas eleccións, é a primeira vez en 8 anos que o BNG non baixa, que sube, sexa 0,7% ou 0,5% ó final co voto emigrante é un resultado que lle permite ó BNG aspirar nas próximas autonómicas 2009 a manter os 13 deputados que ten, o que creo que garantizaría a continuidade do bipartito, porque o PSdeG leva dende 2000 subindo en tódalas eleccións e nestas non parou de medrar, así que estando o BNG entorno a 13-15 deputados e o PSdeG entorno ós 30, o próximo goberno autonómico poderá dar maiores avances do que pode este que ten unha maioria demasiado axutada.
Felicidades BNG
#52 No me defiendas que me hundes.
Espero poder contribuir con esta gráfica a unha correcta lectura dos resultados: img358.imageshack.us/img358/3653/diferencias200408fx3.jpg
Na miña opinión, a análise de Calidonia sería aceptábel unicamente se o BNG concurrira só ás eleccións cun número fixo de electores cada ano. É dicir, centrarse unicamente nas variacións do número total de votos (sen ter en conta coxunturas, variacións do censo e do nº total de votantes, se se inclúe o voto emigrante ou non) da lugar a unha interpretación totalmente sesgada. Dito isto, observando a miña gráfica a conclusión máis loxica é que só BNG e Nafarroa Bai (os únicos que non baixaron en ningún dos medidores) salvaro...
» ver todo o comentario
#54 A gráfica que mandas realmente é aclaratoria. Alegrémonos por que o nacionalismo en Galiza resiste ante o bipartidismo. Para dicir que os nacionalismos "periféricos" baixan en todo o estado xa están moitos medios de comunicación.
Outra cousa é falar de que sexa necesaria a autocrítica, de que algúns prefiran que o BNG estea na oposición antes que nun governo de forma minoritaria (onde evidentemente non pode facer todo o que lle gustaría), etc. Pero iso é outro conto.
#53 EN que non estás de acordo conmigo?
1-O BNG baixaba de votos dende 2000
2-En 2008 por fin sube
Conclusión: é un bo resultado po BNG parar de baixar e empezar a subir.
Creo que as tuas posicións internas no BNG non che deixan ver a realidade.
O que dis do voto ó senado demostra que se estiveches nunha mesa no reconto ó senado non te enteraches de moito. NO 2004 no senado 12.000 votos ó partido humanista na COruña, e non foi porque os do partido humanista votasen util ó PP no congreso senón que o xeito de estar as candidaturas na papeleta facía facil confundirse e votar ó PH en vez do PP. Os que estiveron esta vez podenche contar que pasou coas papeletas de Coruña.
#54 Maceirax, como o teu comentario é calco do que me deixaches no blogue e xa te respondín alí, a esa respostas te remito.
#56 Ender, cando o BNG precise a asistencia dun fanboy do PSOE farémoscho saber, non te preocupes. Eu entendo que teñas medo a que o BNG aposte pola estratexia electoral de crecemento que máis réditos lle deu historicamente e que supón entrar a saco no voso electorado e desprazarvos a terceira forza en Galiza. Enténdoo, de verdade. Non te afanes en quedar ben connosco dándolle a razón aos pésimos estrategas políticos que agora dirixen o temón nacionalista.
#57 non falei das estratexias nin de nada, falei dos datos obxectivos.
O PP en España sacou un moi bo resultado, subeu en votos e porcentaxe.
O PP en Galicia sacou mal resultado, baixou en votos e porcentaxe
O PSOE sacou bo resultado en España subeu en votos e Porcentaxe
O PSdeG sacou bo resultado en Galicia, subeu en votos e porcentaxe
O BNG sacou bo resultado en Galicia, subeu en votos e porcentaxe.
Outra cousa é que ti creas que o BNG deba dirixirse doutra forma, pero eso non ten que ver cos datos, os datos son bos para o BNG, eu creo que os resultados do PSdeG na provincia foron bos, subimos en votos e porcentaxe, pero que a dirección provincial é moi moi mala. O teu problema é que para criticar á dirección política do teu partido dis qu e os resultados son malos cando obxetivamente son bos. De verdade cando tes unha posicion critica nunha organización negar os datos non soe ser bo.