Ramón Piñeiro será o homenaxeado no Día das Letras Galegas 2009

Ramón Piñeiro será o homenaxeado no Día das Letras Galegas 2009
A Real Academia Galega decidiu hoxe dedicar o Día das Letras Galegas 2009 a Ramón Piñeiro López (Lugo, 1915–Santiago, 1990). Dende a RAG sinalaron que “a dedicación, total e desinteresada, da súa vida na defensa de Galiza e da súa cultura debe ser unha referencia moral indiscutíbel e necesaria cara ás novas xeracións”.
21 comentariosen letras
tags: 2009, 17maio, ramón piñeiro karma: 236.00
votos de usuarios: 39, votos anónimos: 14

comentarios

  1. #1   

    Sem negar o trabalho de Ramón Piñeiro... que papo tem a RAG.

    votos: 3, karma: 3
    escrito por Fer hai 584 dias 11 horas 49 minutosFer
  2. votos: 0, karma: 11
    escrito por orsinia hai 584 dias 11 horas 45 minutosorsinia
  3. #3   

    A RAG a marcar o território.

    votos: 2, karma: 10
    escrito por signatus hai 584 dias 11 horas 42 minutossignatus
  4. #4   

    Os do PSdG-PSOE hanche estar ben contentos...

    votos: 2, karma: 14
    escrito por Deposito hai 584 dias 11 horas 17 minutosDeposito
  5. #5   

    #1, #3 e #4 están vostedes fatal. Que cainismo, que maldá gratuíta... :-)
    E aínda faltan os que titularían: As letras galletas, un ano máis, non foron pra Carvalho Calero

    votos: 8, karma: 26
    escrito por Cesare hai 584 dias 11 horas 8 minutosCesare
  6. #6   

    #5 Justificar o injustificável tem muito mérito...

    votos: 3, karma: 34
    escrito por Fer hai 584 dias 10 horas 55 minutosFer
  7. #7   

    #5, O certo é que, um ano máis, as letras galhetas nom forom para Carvalho Calero. E isto a pesar de cumprir todos os requisitos, excepto o de nom existir realmente, como Maria Marinho.

    votos: 5, karma: 15
    escrito por peeler hai 584 dias 10 horas 52 minutospeeler
  8. #8   

    Gostava muito de saber para quem seria o voto do acadêmico Ferrín! ;)

    "Durante el tardofranquismo determinados ideólogos de cierto galleguismo asociado a utópicas revoluciones socialistas pretendidamente marxistas, pero que, a pesar de hacer su apología literaria, apenas llegaron a practicar el terrorismo efectivo, fueron especialmente crueles con Ramón Piñeiro y con el grupo conservador representado por Galaxia. Por ejemplo un funcionario del Estado dedicado a la enseñanza de la literatura, José Luis Méndez Ferrín (1938-), en la «noveleta» que escribió en la cárcel de La Coruña, condenado por un delito de propaganda ilegal, Retorno a Tagen Ata (1971), reeditada con todos ...

    » ver todo o comentario

    votos: 3, karma: 27
    escrito por osanma hai 584 dias 9 horas 10 minutososanma
  9. #9   

    #7 Diosss... é flipante. Se antes o digo antes van...

    votos: 7, karma: 6
    escrito por Cesare hai 584 dias 7 horas 18 minutosCesare
  10. #10   

    #9 Vamos Cesare... entendo que mantenhas essa pose de galeria, mas ha cousas que clamam os ceus, por muito que as tentedes justificar. Com todo, nom vou forçar a conversa como para que tenhas que fazer o ridículo afirmando que os únicos motivos da Academia som os políticos.

    votos: 5, karma: 58
    escrito por Fer hai 584 dias 7 horas 14 minutosFer
  11. #11   

    #10 Hahahahaha, eu non intento xustificar nada... O meu candidato era Xosé María Díaz Castro, pero non ando dando a vara poñendo que "unha vez máis, a RAG deixa fóra a Díaz Castro", por moito que fose o mellor poeta do XX. Eeeeiii, os da trincheira, que hai mundo fóra dela...!!

    votos: 11, karma: -29
    escrito por Cesare hai 584 dias 5 horas 31 minutosCesare
  12. #12   

    Logo do Galiza/Galicia, isto... Como nos últimos anos, pasarei amplamente nas aulas de celebrar ou impulsar esta data necrófila porque amais de argumentos xa vellos (vello.vieiros.com/opinion/opinion.php?id=364621) este ano faise máis imprudente, tal e como están as cousas no tema da lingua, sacralizar os posicionamentos políticos estériles que encarnou o piñeirsmo.

    votos: 4, karma: 6
    escrito por pitanxo hai 584 dias 5 horas 5 minutospitanxo
  13. #13   

    Caghámola companheir@s!

    votos: 0, karma: 8
    escrito por Gelamonite hai 584 dias 4 horas 19 minutosGelamonite
  14. #14   

    #12 lol lol lol... o que foi estéril foi o contrapiñeirismo...

    votos: 5, karma: 5
    escrito por Cesare hai 584 dias 3 horas 55 minutosCesare
  15. #15   

    A Carvalhedo pareceulle moi gracioso mudar a categoría desta nova e poñer gastronomía. Arranxado: volve para letras.

    votos: 4, karma: 76
    escrito por mourullo hai 584 dias 3 horas 24 minutosmourullo
  16. #16   

    Confesso, sou culpável. Tamém puxem NN GG depois de "novas xeracións" e PeNe V numha notícia tua e depois classifiquei-na em sexo; tamém cometim algumha outra falcatruada que irei arranjando. O certo é que si, rim muito, mais agora assumo plenamente a responsabilidade e as conseqüéncias que da minha actuaçom se puiderem derivar.

    votos: 9, karma: -64
    escrito por Carvalhedo hai 584 dias 3 horas 5 minutosCarvalhedo
  17. #17   

    #14 Cesare, o que hoxe por hoxe hai politicamente en Galiza, en canto que realidade nacional, non se debe á estratexia piñeirista. Organizacións, ideario, resultados pragmáticos(poucos ou moitos, éche o mesmo)... son obra das correntes galeguistas-nacionalistas nacidas á marxe ou, inicialmente (pero só inicialmente: PSG), ao abeiro do piñeirismo. En termos culturais, o piñeirismo tivo os seus resultados, non se poden negar, mais o seu labor paralisante na política non sei eu como deixa a balanza final.

    votos: 0, karma: 6
    escrito por pitanxo hai 583 dias 14 horas 59 minutospitanxo
  18. #18   

    Chegou o momento da dobre homenagem, oficialista e não oficialista?

    votos: 0, karma: 13
    escrito por serna hai 583 dias 4 horas 25 minutosserna
  19. #19   

    E ninguém comenta nada da foto? xD

    votos: 0, karma: 6
    escrito por maria_castanha hai 583 dias 1 hora 48 minutosmaria_castanha
  20. #20   

    #19 -> #2

    votos: 0, karma: 19
    escrito por mourullo hai 583 dias 1 hora 46 minutosmourullo
  21. #21   

    A magna obra de R.Piñeiro :bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=RamPi%F1eis

    votos: 1, karma: 22
    escrito por pingheiras hai 582 dias 15 horas 41 minutospingheiras

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]