www.galiciaprofunda.com/?p=63
enviado por xindilo hai 152 dias 10 horas 38 minutos, publicado hai 152 dias 9 horas 43 minutos
R, o operador galego de telecomunicacións por fibra óptica, acaba de sacar ao mercado catro móbiles en lingua galega. Trátase de tres modelos de Nokia e dun de Sony Ericcson, fabricantes que ata o de agora non dispoñían de terminais na nosa lingua. Demóstrase así o compromiso do operador galego co idioma.
comentarios
Paréceme moi boa noticia. Isto si que é celebrar o Día das Letras Galegas. Normalización lingüística nun sector como o das telecomunicacións e por unha empresa que demostra estar comprometida co país en distintos niveis.
xa era hora, e xusto no momento que mudo a Mobil R...
Que ben! Por fin poderei mercar un móbil no que poida ter o menú en galego e non só en portugués. Xa era hora de que o operador de cable galego apostara en serio polo galego. Unha gran nova
Noraboa a R
Home tanto como vendelo como R lanza..... Eu teño un Sony Ericcson en galego dende fai 1 ano, de Orange. A inciativa está ben, pero lanzarse como pioneiros no asunto non me parece tan ben.
#5 De feito eu lembro un da miña clase que tiña o móbil en galego hai uns 5 anos. Mais non deixa de ser unha boa nova que se amplie o número de terminais que inclúen galego [RAG].
Por outra banda, estou descontento con R pola xestión, non polo servizo aínda que non sexa barato. Levo tempo atrás dun móbil seu e como non ten tendas e todo se fai por teléfono, aínda que podes recorrer a un comercial, non dou feito: un papel que non lles chega, un contrato que tiña un erro e hai que mandar outro, que se tal... en fin, paciencia porque quero pasra doutra compañía a esta.
Unha cousa máis: os clientes GB de R están a presionar á compañía (pode lerse nos seus foros) para que muden o seu compromiso co galeg. Creo que os clientes galegofalantes poderiamos felicitar de cando en vez a R (cando nos poñemos en contacto con eles, cunha carta ao director...) polo uso do galego (non sempre pero...). E todo isto a pesar do conglomerado que anda detrás da empresa como o lobby financeiro coruñés.
#5 Eu descoñecía que o Sony Ericcson xa estivera en galego. Sabía que os Alcatel si que tiñan o menú en galego e tamén uns Grundig do ano de María Castaña. Pero bueno, os Nokia si que é certo que en galego non estaban.