www.aduaneirossemfronteiras.org/
enviado por Calidonia hai 472 dias 3 horas 20 minutos, publicado hai 471 dias 22 horas 56 minutos
Sumiu o dominio do blogue que algúns valoraban en máis de 80.000 $US. Os Aduaneiros completan deste xeito a Irmandade da Santa Trindade blogueira, xunto a TodoNada e a Va-Ca. Diolosteñanagloria.
comentarios
Descansen en paz
chuza.org/historia/q-pasa-con-aduaneirossemfronteiras/
A mentalidade jalleja é deixar todo arrasado...
Se non interesa seguir co blogue que lle ofreza aos usuarios-seguidores a oportunidade de continuar co proxecto. Isto de santiago y cierra españa, yo o el caos é moi proprio do país
Home... se eles son os creadores da páxina, eles decidirán que facer con ela se seguir, deixarlla a outros ou pechala.
Outra cousa e que os que agardábamos as novidades, botemos de menos as súas creacións, e nos laiemos do seu peche.
#4 creadores e enterradores... Moi jallejo todo O mesmo ou máis mérito é ser o creador e deixar paso a outros
#5 Ti mandas e revolves en todo. Pois non, cada un fai coas súas creacións o que lle peta, por moi boas ou por moito que identifiques tí con elas non pasan a ser túas, non podes gobernar tí no traballo dos demáis.
Menudo dictador ías ser tí...
Hostia! Isto sonche tristes novas... alguén ten contacto directo cos alfandegueiros? Hai algunha noa publicada oficialmente sobre o seu paso a mellor vida, causas, novos proxectos ou algo? :´-(
asf by nemigo molaba
#8 qué peligrazo!!
#6 falar non ten cancelas. E como se lle di a bertiño (moitas veces): se non sabes, pa que te metes?
Agora mesmo, calquera pode rexistrar o dominio aduaneirosemfronteiras e publicar o que lle pete: dende porno ata os logros do pp. E todo iso sen permiso de nenguén mira ti que logro
#10 Xa, pero tí, como boa aguililla que és, pretendes que che deixen todo feito, reputación incluída...
Ainz...pájaro!!!!!
#11 se non sabes, non te metas!
Se os creadores da páxina deixasen a colaboración de outros terían algo de control (a propiedade do dominio) agora non teñen ren. Agora calquera paxaro pode facer o que lle pete co domino, reputación incluida
porno! porno!
#12 A tí faltouche cariño de pequeno, non?. Ou iso ou este sol de maio estache dando demasiado forte.
Estouche dicindo que cada un fai o que lle peta co seu traballo, que para iso é del, se decidiron que morra o dominio non vas a ser tí quén de dicirlle non...Menudo dictador estás tí feito.
#14 e dalle
Isto é internet aqui NADA MORRE nen desaparece hai serves que gardan copia de todo eles e os usuarios. Isto é unha cadea onde remtas ti, continúa outro. E se non sabes ti sabe outro.
Adenuaneirossemfronteiras (o seu dominio) non morre nen queda abandoado. Está dispoñible pra o que teña 20 dólares e os queira gastar nel. E pode facer o que lle pete
D.U.P
#15 Pois corre a facerlle un escrito á ICANN, non vaia ser...
Propoño mercalo e redireccionalo a chuza temporalmente. Non quedemos sen el por 20 €
#18 iso debeuse falar antes. Primeiro que o proprietario advertise que NON estaba interesado en continuar co proxecto e logo buscar alternativas agora...
a mim que nom publiquem mais amola-me, pero o que me dá mais mágoa é nom poder ver os posts antigos...
está guai recuperar em fliqr a o desenho gráfico histórico galego, pero fastídia que ao tempo perdamos o desenho contemporáneo mais azedo e melhor feito.
DEP
DUPLICADA!!! chuza.org/historia/q-pasa-con-aduaneirossemfronteiras/ (cheguei tarde
Mais que gardar o dominio, o importante é saber onde van os deseños antigos. Ten alguen un espello ou unha copia do sitio?
#22 non, en principio marcharon sen deixar enderezo. A subvención do pp non chegou a tempo :->
Que magoa...
era do mellor feito aquí que había na rede.
Que volte xa!
Homem... a respeito dos desenhos, eu tenho alguns que baixei ao disco rígido. Podemos reunir entre todos os que baixaram algum e subi-los algures...
#25 Não creio que seja necessário. Os autores da web imagino que terão cópia e o disponibilizarão quando seja necessário. Ainda, uma cousa é o domínio e uma outra o hosting. Pode caducar o domínio, mas talvez não o hosting.
Sinto moito que desapareza, pero o importante era o talento que espero aparecera noutro sitio. Esperandoo estou.
e desaparece tamem a roupa ASF?
die young stay pretty
Unha pena. Eran (e seguirán sendo) caralludos.
veña morriñentos, a descobrir a pólvora web.archive.org/web/*/http://www.aduaneirossemfronteiras.org/
se a alguén lle interesa eu teño gardados tódolos deseños gráficos. podédelos pillar no arquivo de fotos dunha das miñas páxinas: galegoman.spaces.live.com/
#31: bad XSS request
#32 Graciñas
#31 e reitero o BAD XSS REQUEST
#32 Gustoume moito a tua páxina. Gracias pola invitación
Poñede un asterisco entre as dúas barras que hai despois de "web". (Hai que explicar todo
)
era mentira... non estaba morto estaba tomando cañas, obviamén.
#37 Mentireiro. Voltachedes pola dura campanha de pressom artelhada polo bloody troll .
se isto fose a universidade da coruña os de rexistro de dominios xa vos terían chamado morosos :->
Unha pena. E o que queria seguir con el, que faga unha web própria, que tampouco é tan complicado facer un Blogo. Se é tan bo coma eles terá o mesmo éxito.
NOTA NECROLÓGICA
(Do Celso Emílio Ferreiro para o Bertez e o Panchez)
Derom os abecedários
a nova da tua morte,
meu velho cam de palheiro,
meu velho cam de palheiro
abandonado da sorte.
Um poeta sem fortuna
morto de morte matada
mentres sonhava coa terra,
mentres sonhava coa terra,
malferida e malpocada.
A moura necrologia
resultou ser umha trola
de gente anana e mesquinha,
de gente anana e mesquinha
a quem o teu verbo esfola.
Gente à que deves dizer-lhe
sorrindo e sem acritude:
os mortos que vós matades,
os mortos que vós matades
gozam de boa saúde.
Pode o corpo ser vencido,
pode o direito ser torto,
mas o lume que alampea,
mas o lume que alampea
j...
» ver todo o comentario