www.concellopontevedra.es/index.php/mod.noticias/mem.detalle/idnoticia...
enviado por diogo hai 270 dias 17 horas 19 minutos, publicado hai 270 dias 12 horas 2 minutos
É a nova campaña que pon en marcha o Concello de Pontevedra. En colaboración coa Universidade de Vigo e tamén cos mesmos servizos dos concellos de Vigo e Ourense, o propósito desta campaña é explicar o Decreto de uso do galego entre as comunidades de ensino, centrándose nos contidos e nos efectos positivos que a norma pretende introducir no sistema escolar galego.
comentarios
Pois xa están facendo falta máis iniciativas deste estilo, para combater debidamente coa información a desinformación, as falacias, as lendas urbanas, a difamación que está a sofrir a normalización lingüistica.
Parabéns ao Concello de Pontevedra, a Universidade de Vigo e aos concellos que se suman a esta iniciativa. Sen tempo non era...
"A verdade vos libertará" (Joam 8,32)