argallando.blogspot.com/2008/04/mi-fe-se-ha-quebrado.html
enviado por tristram hai 437 dias 12 horas 39 minutos, publicado hai 437 dias 1 hora 36 minutos
Reflexión desencantada pero lúcida sobre os medios públicos:...Los quince años de dominación del PP sobre la radio y la televisión...no enseñaron nada al PSdeG y al BNG (o quizá enseñaron demasiado). El resultado es que ... no hay esperanza para unos medios sometidos a un férreo control político e ideológico.....A estas alturas, ya sólo queda el argumento de la normalización lingüística .... pero ya ni eso se sostiene.
comentarios
Chuaçada em castelhano = voto negativo
reintegratas chuzando AGAL = spam
#2 Alaaaa!
) que temos como norma do exposto em #1.
Somos muitos (incluindo gente do "núcleo duro"
Como exemplo, vejam-se comentários em: chuza.org/historia/una-viguesa-llamada-monica-valladares-nos-acerca-a-r
#2 Eiquí vai haber "ondanadas" de ostias

Manquinha dixit....
#1 Manquiña, a.k.a. Manuel Juan Francisco del Cristo de la Victoria Prieto Comesaña (cousas que se aprendem lendo a wikipédia e ouvindo a rádio galega), nome mais longo que um dia sem pão
Sinto, non entendo a polémica. Unha gran parte das novas que chuzades están escritas en castelán. ¿cal é o problema desta?.
#6 creo que se refería ao texto que enviache a chuza, non á fonte orixinal...
Vale, o texto é un resume do blog ( que está en castelán) e que pretendía resumir o que di o autor. O que me interesa é saber que pensades do que pode facer coa CRTVG, se ten solución. ¿Queredes que a volva chuzar en galego?.
#8 Podes editar a notícia e traduzir a descrição ao idioma oficial de chuza. Esse é o problema, e não que a notícia original esteja em castelhano (tal e como indica #7).
o fulano este que pensa que a soluçom passa pola privatizaçom, demonstra ser um subnormal profundo...
#10 Eu não iria a esse extremo, mas renunciar a uma TV de carácter público e submetê-la às regras do mercado, iria inexoravelmente para o caminho de perder o pouco carácter galego que ainda possa ter.
#10 o uso dunha enfermidade para insultar, mal asunto!
#2 o que había que crear era o voto negativo "cansina" coma en meneame: estou de Alexandre Banhos ata aquí!
#12 E eu estou de Touriño e Quintana até as gónadas
Xa, privatizar, así deixará de estar manipulada polo goberno e pasará a estar manipulada por un grupo empresarial.
Polo menos se é pública queda a esperanza de que se aprobe a prometida lei para diminuír o control político da RTVG.
#13 polo menos eses son elixidos polo 'pueblo'
#15 Banhos também foi elegido democraticamente, claro que somente entre os sócios da AGAL, como também Touriño ou Quintana foram elegidos cabeças de lista dos seus partidos somente com os votos dos seus afiliados
#1 mintirooooso: chuza.org/historia/es-un-mito-que-en-los-supermercados-los-precios-sea/
#2 Galegoman chuzando cachondinhas = spam?
#12 alema chuzando audiencias = cansino
E falando do artigo chuzado pregunto: como alguén pode dicir que a solución a nada é a privatización?
#18 Homem, nalguns casos a privatização é o melhor caminho. Mas no caso dos serviços básicos, essenciais ou de interesse comum, deveriam ser sempre por sistema de gestão pública (sanidade, ensino, infra-estruturas...).
#19 en que casos a privatización é o mellor camiño???????
#20 Naqueles em que a Administração não tem dinheiro ou se tem revelado como uma incompetente para gerir o serviço, ou quando o serviço é um autêntico cancro. Penso, por exemplo, no ensino das religiões e nos 'serviços' religiosos... melhor que os pague a Igreja (ou os financie Coca-Cola) do que os cidadãos, não achas
?
creo que no caso do exemplo que pos non se trata dunha privatización, posto que a igrexa non é propiedade do estado. non obstante, eu son das que pensa que moi moi moi mal o ten que facer o estado para que unha empresa privada, guiada pola única busca de beneficios económicos, o faga mellor
Ata que punto é pública unha televisión que ten boa parte dos empregados subcontratados en empresas privadas? #10 de "subnormal",coma dis ti, ten bastante pouco. De coñecemento dos medios, moito.
#22 O de privatizar tem-che muitas caras. E sim, mui mal o tem que fazer o Estado... mas há muitos casos disso, como por exemplo as infra-estruturas ferroviárias.
#24 paréceme un pouco arriscado pensar que eu, como usuaria do tren, vou ter un mellor servicio se esta empresa se privatiza. Mirando os prezos e mailo funcionamento do sistema de autobuses, que queres que che diga...
(e con isto non estou facendo unha defensa a ultranza do estado, nin moito menos)
#25 Eu não disse que foras ter melhor serviço. Somente disse que nalguns casos poderia ser a privatização. E, como disse, o privatizar tem-che muitas caras, que uma cousa é privatizar e outra desregular. Noutros países europeus foi-lhes bem privatizando alguns serviços, mas também lhes foi mal privatizando alguns outros que afinal recuperaram.
#26 pois logo manter esta discusión non ten ningún sentido, porque por moi boas que resultaran outras experiencias, sempre vou considerar negativo que se privatice unha empresa, porque os obxectivos da empresa privada chocan frontalmente coa idea de servicio público.
por outra banda, e mirando o que aconteceu neste estado coas empresas que foron privatizadas, e observando como está o mundo por dentro, que queres que che diga? defenderei sempre que os servicios sexan públicos...
#27 Oko, conta aquí como están os transportes públicos en Bilbo e arredores, que pertencen a concello e diputación, e comparamo-los cos de aquí.
#28 exacto, habería que aprender dos que fan ben as cousas, alomenos dos que as fan mellor cá nós, e non dos que só atopan a solución de privatizar...