blog.chuza.org/2006/06/20/publicidade-en-chuza/
enviado por berto hai 800 dias 4 horas 42 minutos, publicado hai 800 dias 2 horas 37 minutos
Como se avisou dende o principio (ver faq, abaixo de todo): nos próximos dias e debaixo da cabeceira de chuza! vai aparecer un báner publicitario co obxectivo de cubrir os gastos de ampliación de servidor e pago das cuotas mensuais. As condicións son as seguintes...
comentarios
esto que é? un referéndum sobre a publicidade en chuza!? e que estamos co chip... pois si hai que votar bótase
... que non, oh! Que me parece moi ben. Corrixo, non me supón conflito ningún alomenos.
Ademáis eu seguirei informándome en El País e El Mundo que son progre-liberal.
PD: por certo, dende cando Chuza pasou de fase Beta a ... ¿VHS? esta é boa...
Ah! coño... akabo de pillar agora a coña do VHS
A ver, se a publicidade permite manter ó servizo sen que a Berto lle custe cartos, ¡tremendo! Non lle vexo problema á publicidade sempre que non sexa invasiva tipo pop-ups e cousas semellantes.
Iso si, non sei os resultados que acadarán as campañas, polo que animo a Berto a pór en discusión no futuro a rendibilidade das campañas de banners (cando cobre por primeira vez de GaliciaBanner, claro), pois parece que cada día están peor pagadas (coido que a publicidade contextual é a única que está a xerar cartos hoxe).
...se a miña opinión sirve de algo, prefiro facer unha doazón económica, para manter chuza libre de publicidade... non sei a canto ascendería o custo, pero estaría disposto a facer un abono mensual ou anual... non sei o resto de usuarios...
marcus: tomo boa nota do que dis e tentarei dar información sobre este tema porque creo que na rede galega é un tema que potencialmente nos pode interesar a todos
¿Estaríades dispostos a abonar unha pequena cantidade de diñeiro (a maior doazóns, menor cantidade), a cambio de manter chuza libre de publicidade? EU SÍ
Apoio ao Dorfun! Eu prefiro doar unha certa cantidade e manter chuza ceibe de publicidade.
Hoxendia existen moitos proxectos de codigo ceibe que basean a sua existencia en sponsor e tamen en doazons.
De cantos cartos estamos a falar?? Canto necesita chuza pra pagar os gastos de ampliación de servidor e pago das cuotas mensuais??
Nota: eu creo que un dereito fundamental do internauta é ver as páxinas web como quere el e non como llas proporcionan, para eso hai navegadores (mozilla.com/firefox, entre eles) que permiten modificar as webs con pequenas extensions e scripts que permiten eliminar/modificar/engadir elementos as webs que visitamos, estou falanco concretamente do:
Adblock: addons.mozilla.org/firefox/1865/
Greasemonkey: addons.mozilla.org/firefox/748/
mediante esas extensións poderedes ver sempre que queirades chuza sen publicidade, e eso será moito máis sinxelo que un sistema de suscripcions, apoios, paypals e esas movidas...
outra cousa é que non vos guste a publicidade...
» ver todo o comentario
Homem, calculo que com euro mensal por usuário seria mais que suficiente. Não creio que o custo do hosting seja superior aos 100€ mensais. Agora, 100 valentes, de entre os mais de 300 usuários registados, estariam dispostos/as a fazerem essa doação?
Eu penso co milhor xeito de asentar Chuza na sociedade e baseandose na comunidade que a sustenta. Temos que ser seri@s, comprometid@s e madur@s d'abondo pra apoiar as cousas nas que cremos, como por exemplo, o dereito a unha informacion livre e sen barreiras.
O melhor xeito de afrontar novos proxectos e outras ampliacions e' contando coa xente e facendoos participes da xestion de chuza e polo tanto asumindo as responsabilidades do seu mantemento.
non me gustaria tampouco que se asocie a idea da publicidade a que chuza sexa un mecanismo de informacion "livre e sen barreiras" ... esto non é asi nin é publicidade de "politono" nen vou depender de endesa para non poder chuzar novas sobre minicentrais... e se nun momento é asi e que xa non sería chuza, seria outra movida.
por suposto o das doacións é un complemento perfecto a publicidade
O dito arriba, penso que os chuçadores e chuçadoras não nos arruinaríamos por colaborar com 20 cêntimos (0,2 euros) mensais. Matemática: 150x0,2=30 eurinhos.
? [sinto-o, tou sem almorçar e os neurónios já não me trabalham bem
]
Para quando a campanha "20 cêntimos por Chuza!"
(Nota: no momento no que escrevo, Chuza tem 320 usuários. 320x0,2=64 ouros)
Nom a doaçom.
Nom teria problema em pagar mas estou farto de ver como projectos interessantes (a própria wikipedia) devem depender da "mendicidade" quando a publicidade pode ser rendável e interessante.
A publicidade enquanto nom seja intrusiva e tenhamos ING directs a flotar pola página é um ingresso mais constante que a vontade dos usuários.
Se todos estamos dacordo em aforrar dinheiro a quem paga isto do seu próprio peto, é coerente pensar -acho- que também podemos aforrar tempo de gestom para que nom tenha que "pasar a gorra" com certa periodicidade. E curiosamente a quem lhe molesta a publicidade sabe como poder evitá-la.
concordo con Aranha
Super-a-favor da publicidade.
graças B por o tacto e o coidado que amossas com estas cousas. Chuza é filha tua e afilhada de tod@s. Estarei de acordo com o que decidas para o futuro da criança.
Aranha penso que confundes o significado de "mendicidade"
Mendigar v. tr. (1) Pedir por esmola. Esmolar. (2) Solicitar, rogar, suplicar. (3) Fig. Solicitar, procurar entre pessoas: mendigar emprego. v. i. Pedir esmolas, viver de esmolas [lat. mendicare].
co de "doar"
Doar v. tr. Transmitir graciosamente a outrem bens, uma quantia ou objectos que constituam propriedade. Sinóns. Conceder, consagrar, outorgar [lat. donare].
Sinceramente quero expresar que un dos problemas do asociacionismo galego e a falha de recursos economicos. Existe medo a sair a pedir cartos por unha boa causa a rua xa que prevalece a ideia da mendicidade.
En Irlanda todos os dias miro na rua a moitas pers...
» ver todo o comentario
Kiko, as aspas em "mendicidade" valem de algo
Em qualquera caso aguardo que o Berto nom tenha que ir a rua a pedir para chuza!, nom há que ir à Irlanda para ver a gente pedir para associações, aqui há o dia do Domund o dia contra o cancro e outros tantos colectivos aos que suponho boas intenções.
eu apoio a inclusión de publicidade, de feito páxinas semellantes coma Meneame, Barrapunto, e xigantes coma Digg ou Slashdot recorren a estes métodos sen que supoña ningún conflito. Se a publicidade permite que servizos como Google, Gmail, etc. sexan de balde a min paréceme ben e estou disposto a "aturala".
Outra cousa é o tipo de publicidade, pero coñecéndovos sei que será pouco "agresiva" (nada de pop-ups, nin "alargue su pene", a iso me refiro) ;P
Esta claro que a publicidade non gusta a case nadie, pero tamén está claro que hai que manter o hosting. O webmaster (neste caso Berto) ten que buscar a forma de pagar o hosting, e para este caso pode haber dous casos sinxelos, publidade ou doazóns.
Por unha parte a publicidade é molesta pero por outra pode garantir o mantemento do hosting. As doazóns poden ser mellores pero teñen o risco de que non pode garatir o mantemento do hosting (depende da caridade das persoas).
Unha solución? Xa que os usuarios soen preferir o sistema das doazóns pero para o webmaster pode ser mellor a publicidade. Pois que se poña o sistema de doazóns ata que deixe de ser rentable, e cando iso suceda que se poña a publicidade.
Todo isto no susposto caso de que a publicidade garante os cartos necesarios sempre.
Eu coido que podería ser interesante buscar unha viabilidade conxunta para todos os proxectos altruistas que fan algo pola rede galega, pero que aínda así teñen que ver cómo se financiaren. Porque isto que pasa agora con Chuza pasou hai moito tempo con Fillos.org, pasa agora coa Ciberirmandade.org e seguirá a pasar con Arredemo, etc. etc. Penso que debemos rachar co minifundismo mental tamén na rede, xuntarnos e apuxar todos polo camiño común.
Nom á publicidade. Si á doaçom.
Pessoalmente penso que um projecto deste tipo nom deve ter preço. Se Chuza jurde de jeito desinteressado, o APOIO (entenda-se finanzamento) a chuza deve ser desinteressado, é dizer mediante doaçom, nom mediante preço obrigado (entenda-se como preço o ter que tragar com uma publicidade nom escolhida polos usuarios, senom polo que pom o dinheiro, ...seja galego ou da cor que queiras). Estou a favor da doaçom, é a única clave para que um projecto seja e se mantenha LIVRE.
Berto, es livre de fazer o que queiras, nisso consiste este jogo, agora, o exercicio de liberdade tambem o é para todos os demais.
Apoiei de jeito entusiasta este projecto desde o principio e gostaría de poder seguilo fazendo.
penso que se fose unha poblicidade discreta como a de google non habería tantas queixas
saúdos