oposicions.blogaliza.org/2007/06/29/movete-contra-a-integracion-do-per...
enviado por Calidonia hai 956 dias 14 horas 30 minutos, publicado hai 955 dias 19 horas 46 minutos
Circula na rede unha convocatoria para artellar unha protesta contra a forma en que se integrará o persoal das Fundacións sanitarias no Servizo Galego de Saúde. Esta integración, impulsada pola Consellaría de Sanidade e que conta co beneplácito dos sindicatos maioritarios, podería ser obxecto dun recurso perante o Tribunal Supremo froito desta campaña. Quérese evitar que os traballadores das Fundacións se convertan en Persoal Estatutario sen ter que realizar as oposicións que pasaron os traballadores da Sanidade pública.
comentarios
Esquecem dizer que o pessoal das fundaçons sanitárias entrou a trabalhar nelas após aprovar um processo selectivo, conforme exige a Lei 10/1996. E que o pessoal do Sergas também se beneficiou de generosos processos de consolidaçom de emprego como o recente da Lei 16/2001. Deixando de parte os interesses particulares de cada colectivo, a estatutarizaçom do pessoal das fundaçons é necessária para poder eliminar os "chiringuitos" e melhorar a sanidade pública.
Post, xa se falou disto hai tempo aquí mesmo coido. As probas de acceso nas fundacións consistían, por exemplo, nunha entrevista persoal. Folga dicir as escasas garantías que en canto a transparencia e igualdade tiveron os procesos en cada unha das fundacións.
Ninguén está a criticar que os hospitais retornen á sanidade pública, pero concordarás comigo en que hai longas listas de espera, non para se operar, senón para traballar no Servizo Galego de Saúde, compostas por inúmeras persoas que si superaron probas públicas (oposicións) cun mínimo de garantías, aínda que non acadaran praza, moitas delas con experiencia en substitucións e tempo traballado. Con todo este excede...
» ver todo o comentario
Bueno, no tema do emprego nas fundacions houbo varias fases atendendo á cronoloxía.
Período 1993-1996 (antes da lei mencionada por Postscriptum)En 1993-1994 Predominaron as probas selectivas co espiritu da empresa privada e que poderíamos considerar 'innovadoras' (test psicotéctnicos, redacción de proxecto, entrevista...).
O emprego que se acadaba non era, nen moito menos, estable; contrato de 'inicio de actividade' por 6 meses renovable ( ou non -6 casos- ) ata os 3 anos; contratos laborais que podían rescindirse sen mais cun preaviso de 15 días e a correspondente indemnización.
Neste mesmo período alguns dos facultativos que prestaron servizos o fixeron en virtude a contrato...
» ver todo o comentario
Penso que hai que decatarse de que non e igual un proceso de consolidación do persoal estatutario sanitario público, a unha conversión de persoal laboral a persoal estatutario sen oposición, ou, polo menos, oposición igualitaria a das persoas que aceden a oposición de persoal estatutario.
O proceso extraordinario da lei 16/2001, foi unha iniciativa estatal, para diminuír a inestabilidade laboral no sector publico sanitario, e que segundo a mesma lei, se realizaría por unha soa vez e para todas as comunidades.
Outra cousa distinta é o proceso de estaturización de persoal laboral, que accedeu a eses postos nun proceso ben distinto.
E ben sabido por todos os que nos movemos n...
» ver todo o comentario
Tamén dicir, que non me parece unha escusa o de que nas fundacións teñan contratos inestables, como me contas no teu comentario:
"O emprego que se acadaba non era, nin moito menos, estable; contrato de 'inicio de actividade' por 6 meses renovable ( ou non -6 casos- ) ata os 3 anos; contratos laborais que podían rescindirse sen mais cun preaviso de 15 días e a correspondente indemnización."
Paréceche pouco estable o que pasa co persoal do sergas que aproba todos os exames, entra nunhas listaxes de contratación e pode traballar ao mes unha media de 10 días e cada día nun centro de saúde ou hospital distinto, e cada un deles en cadanseu extremo da área??
Sen mencionar que como traballas días soltos non cobras Domingos nin festivos... iso si que é inestabilidade, meu, ti proba...
Como sigamos facendo o acceso o emprego público por vías pouco hortodoxas, esto vaise a convertir nunha colocación a dedo en todos os sectores. As oposicions teñen o sentido de que dan o posto ao mais apto( polo menos hipoteticamente) sin atender a consideracions persoais e a min paréceme un sistema bo para todos.
Se cadra tamén se esquecen de falar de procesos selectivos como afinidades políticas ou familiares ou "recomendacións". O sistema de entrevista persoal non me parece o máis adecuado onde as "impresións" poden suplir a unha verdadeira avaliación de coñecementos postos en práctica.
Para non crear máis precedentes, para ser dunha vez transparentes, para potenciar o sistema sanitario público hai que elixir aos máis competentes desde o punto de vista profesional e ofrecerlles unhas condicións adecuadas, de traballo e remunerativas.
En definitiva, non me parece que os das fundacións teñan gaño o posto do traballo no sistema público nin que teñan preferencia de contratación con respecto aos que aprobaran as oposicións.