O Consello da Cultura Galega deu a coñecer hoxe unha ”Proposta institucional sobre a Lingua Galega ao Parlamento de Galicia”, aprobada polo Plenario da institución. O documento foi presentado nunha rolda de prensa polo presidente, Ramón Villares, o secretario, Henrique Monteagudo, e o coordinador da Seccción de Lingua, Literatura e Comunicación, Víctor Freixanes. Pouco antes Ramón Villares fixera entrega da proposta á Presidenta do Parlamento, Pilar Rojo. A proposta aquí
tinyurl.com/yapp3tf
comentarios
Que alguén o lea e faga un resumo

"_O galego e o castelán son recursos valiosísimos para Galicia_, e a igualdade plena entre
eles constitúe un reto de futuro que debemos saber afrontar. Un reto inseparable da
necesaria capacitación da poboación galega en linguas de difusión internacional,
nomeadamente o inglés e o portugués, isto é, na difusión da competencia plurilingüe
que vén esixida polas novas tendencias do mundo contemporáneo."
Longe de atacar o status do castelhano, legitima-o ao mesmo nível que o galego. O CCG dizendo isso é uma auténtica vitória do Vilinguísmo.
O português, língua estrangeira... à par do inglês. Serão igualmente estrangeiras?
A coexistencia de dúas linguas oficiais en Galicia non é nin debe contemplarse como unha fonte de complicacións, senón como unha riqueza e unha oportunidade para o noso país, na medida en que a posesión dunha lingua propia reforza a nosa identidade, nos socializa arredor dun proxecto común e nos sitúa perante o escenario da globalización e dos novos tempos, co conseguinte valor económico, político e social.
Do pouco verdadeiramente interessante e que devia ser mais prioritário:
Estas actuacións non deben reducirse ao ámbito educativo (a pesar da súa importancia capital), senón que deben ir dirixidas ao conxunto da sociedade, procurando concitar a colaboración activa dos axentes civís. O funcionariado e o conxunto das institucións e servizos públicos deben estar suxeitos aespeciais obrigas de capacitación e de uso do galego, en función dos dereitos que os cidadáns (os galegofalantes igual ca os castelanfalantes) teñen recoñecidos.
Á vista das consideracións devanditas, o Consello da Cultura Galega, en uso da facultade de asesoramento aos poderes públicos que a Lei da súa fundación lle atribúe, ACORDA, na súa sesión plenaria celebrada o día 17 de novembro de 2009, dirixirse ao Parlamento de Galicia, para propoñerlle que promova a constitución dunha Comisión Parlamentaria que, oídas as institucións, colectivos e expertos que considere oportuno convocar (e se así o require, co asesoramento do propio Consello da Cultura Galega), elabore unha proposta de desenvolvemento consensuado do Plan Xeral de Normalización Lingüística, proposta que debera elaborarse nos próximos meses e ter como horizonte de aplicación a presente lexislatura.
chuza.org/historia/o-ccg-pide-ao-parlamento-que-desenvolva-o-plan-xera2
graças serna.muito obrigado...aquí cada quem mira de salvar este desastre...
o pp fará o que tinha pensado e estes outros devem todos/as deixar-se de lérios...
umha sociedade como a galega nom precisa de apaga lumes...necesita homes e mulheres que conquistem umha patria livre,assim de claro-e ela nom se pode argalhar sem umha defessa única e uniquivoca do galego como lingua para todo,para todos e em todos os ambientes,dende os retretes ata qualquer aula magna da universidade...
isso conleva o desenvolvemento de leis que defendam os ataques suicidas que outros guindam...
#6 Veja os comentários finais ao último artigo de Celso em Vieiros e saberá de que vai tudo isto. Outro Convénio Láncara.
"O que resulta negativo e ata pernicioso para o clima social, e particularmente para o
idioma galego, é que os ditos debates dexeneren en polémicas irracionais, (...)
En concreto, a asociación entre o idioma galego e a imposición, dunha banda, e o
idioma castelán e a liberdade, da outra, resulta unha groseira falsificación da
realidade que carece de toda base na historia, remota e recente, do noso país."
Atinadísimo párrafo.
#2 Galego e portugués misma lingua, castelán idioma estranxeiro.
#9 Isso é o que é. O CCG diz o contrário: galego e português diferentes línguas e castelhano idioma da Galiza.