Prohíben a venta dun cómic de Tintín por racista e groseiro

Segundo o Cómite Brítánico para a Igualdade Racial CRE o cómic de 1930 de Hergé "Tintín no Congo" pon de manifesto estereotipos racistas onde os nativos se comportan como monos e falan como imbéciles.
14 comentariosen gráfica
tags: banda deseñada
votos de usuarios: 12, votos anónimos: 4

comentarios

  1. #1   

    Tintín é unha persoaxe que amosa os valores da sociedade na que foi creado. Por suposto a consideración europea das xentes africanas nesas datas non era moi boa...

    Actualmente é mala tamén, mais un día Africa vencerá!! ;)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Kiko_das_leiras hai 723 dias 5 horas 4 minutosKiko_das_leiras
  2. #2   

    A min aparte do contexto histórico que puidera ter a obra e os valores humanos nunca me chistou Tintín, a pesar dun debuxo excepcional, nunca aturei os textos nin a ñoñeria de Tintín.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por susorubio hai 723 dias 4 horas 59 minutossusorubio
  3. #3   

    Eu pasaba por unha biblioteca e levávaos emprestados mais tampouco era o meu favorito... Asterix molábame máis :-D

    Anyway, non é moi intelixente retirar da venda unha BD editada no 1930 :-S

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Kiko_das_leiras hai 723 dias 4 horas 48 minutosKiko_das_leiras
  4. #4   

    Pois eu sempre fun máis de Tintín ca de Astérix. De aí me veu a deformación profesional.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Modesto hai 723 dias 4 horas 44 minutosModesto
  5. #5   

    #4 non sabía que foras deforme Modesto, síntoo :-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Ghanito hai 723 dias 4 horas 33 minutosGhanito
  6. #6   

    #5 quere dicir que é xornalista, gai, con topete, cun cadeliño branco e un amigo mariñeiro alcohólico... (a última vez que o vin non levaba pantalóns bombachos)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por ifrit hai 723 dias 4 horas 29 minutosifrit
  7. #7   

    #6 Os bombachos só os levo na intimidade. :-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Modesto hai 723 dias 4 horas 28 minutosModesto
  8. #8   

    #7 vaites, trabuqeime outra volta. Pensei que na intimidade os quitaba xD

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Ghanito hai 723 dias 4 horas 25 minutosGhanito
  9. #9   

    Parece que estamos noutro cousa de "ti redacta que eu titulo"...

    Titular do Faro de Vigo: Prohíben la venta de uno de los cómics de Tintín por considerarlo ´racista y grosero´

    Mais, un comeza a ler a nova e resulta que La Comisión británica para la Igualdad Racial (CRE, en sus siglas en inglés) ha lanzado una iniciativa para prohibir la venta de uno de los cómics con las aventuras del famoso reportero belga Tintín, por tratarse de un libro que "pone de relieve groseros estereotipos raciales" e despois que la CRE pide a la cadena de librerías Borders que retire _el segundo álbum de la serie "Las aventuras de Tintín" de sus estanterías, cómic que anteriormente ya...

    » ver todo o comentario

    votos: 0, karma: 0
    escrito por mourullo hai 723 dias 4 horas 9 minutosmourullo
  10. #10   

    Xa tiña que vir mourullo a estragar a diversión :-D
    E logo, tan importante é que a prensa diga a verdade? xD

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Ghanito hai 723 dias 3 horas 45 minutosGhanito
  11. #11   

    A nova redactouna Tintín.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Modesto hai 723 dias 3 horas 43 minutosModesto
  12. #12   

    #9 E que vende máis "Prohiben" que "Queren Prohibir" :-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por susorubio hai 723 dias 3 horas 21 minutossusorubio
  13. #13   

    "Tintín no Congo"... O melhor é quando lhe ponhem um cartucho de dinamita a um rinoceronte :-S

    votos: 0, karma: 0
    escrito por signatus hai 722 dias 7 horas 30 minutossignatus
  14. votos: 0, karma: 0
    escrito por ifrit hai 719 dias 3 horas 8 minutosifrit

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]