Programa da Noite do Trasno 2006

Komunikando achega á rede o programa do festival musical Noite do Trasno 2006, a celebrar os días 11 e 12 de xullo en Beluso/Veloso (O Morrazo)
3 comentariosen música
tags: trasno, beluso, bueu, udra, festival, musica karma: 94.16
votos de usuarios: 16, votos anónimos: 3

comentarios

  1. #1   

    Beluso, que non Veloso, é unha parroquia do Concello de Bueu, na comarca do Morrazo. O Festival celébrase en Cabo Udra.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Laurindinha hai 812 dias 12 horas 30 minutosLaurindinha
  2. #2   

    Só tentaba apuntar unha posíbel etimoloxía para o topónimo Beluso, baseada na súa proximidade coa Costa da Vela, e na súa localización nunha zona do litoral empregada posíbelmente para velar a chegada dos barcos. Tamén é unha explicación connotada musicalmente (Caetano ;) ) Xa que es da zona quizá saibas unha explicación máis convincente sobre a procedencia do nome. Agradeceríache calquera comentario. Cumprimentos.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Calidonia hai 812 dias 9 horas 41 minutosCalidonia
  3. #3   

    Síntoo, realmente non teño ningunha referencia da procedencia do topónimo. A miña intención non era correxirte (sei que me expresei mal) simplemente fixen o meu comentario para aclarar que Beluso é unha parroquia de Bueu. Nos carteis do festival nunca se apunta o nome do concello e xa foron varias as persoas que non acertaron de primeiras con Beluso. Nada máis, anímote a que veñas! tratarei de documentarme, a ver se é certa a túa hipótese da "Costa da Vela", sería moi poética... Saúdos!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Laurindinha hai 810 dias 17 minutosLaurindinha

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]