Problemas legais para o filme baseado en Watchmen

Problemas legais para o filme baseado en Watchmen
A FOX demandou á Warner e solicitou a paralización da estrea do filme porque disque ten unha opción sobre os dereitos para levar á pantalla a BD de Moore e Gibbons desde finais dos 80.
8 comentariosen audiovisual
tags: watchmen, fox, warner, demanda, dereitos
votos de usuarios: 14, votos anónimos: 2

comentarios

  1. #1   

    Mecá... case chuzo confundíndome con BayWatch: www.youtube.com/watch?v=IuYrRebvFHc :-D

    Non sei que é iso de Watchmen... :-S

    Vale: www.google.pt/search?q=watchmen6 sigo sen saber... :-S

    votos: 0, karma: 19
    escrito por Galegoman hai 317 dias 15 horas 51 minutosGalegoman
  2. #2   

    #1 Watchmen é unha obra clásica da BD que redefiniu o concepto dos superherois americanos a finais dos anos 80 e influíu poderosamente no xenero.

    votos: 1, karma: 16
    escrito por Ghanito hai 317 dias 15 horas 39 minutosGhanito
  3. #3   

    #1 Watchmen é banda deseñada norteaméricana que tivo moita repercusión na época dourada deste arte. Agora ante a falta de ideas o cinema volve sobre estos "guións" de forma continua, avaliados polo éxito que os precede e pola espectacularidade que se pode acadar hoxe no eido dos efectos especiais sin disparar os custos. Batman ou Spiderman son dos máis recentes..Watchmen nos U.S.A ten aínda maior consideración e por suposto máis miga como historia, agora o filme...xa se verá

    votos: 0, karma: 19
    escrito por doceasubio hai 317 dias 15 horas 34 minutosdoceasubio
  4. #4   

    #2 Podes botarlle un ollo ao trailer: es.youtube.com/watch?v=E4blSrZvPhU

    Moitos din que a mellor obra gráfica de todos os tempos. O certo é que a lin o ano pasado e pareceume espectacular, tanto a historia como a estrutura narrativa (como xoga cos flash forward, cos flash back, a metaliteratura,...). Non son moito de cómic pero este enganchoume un montón.

    En canto á noticia, simplemente creo que os da FOX son uns aproveitados porque hai tempo que se sabe que a van estrear.

    votos: 0, karma: 17
    escrito por xindilo hai 317 dias 14 horas 45 minutosxindilo
  5. #5   

    Por certo..como case sempre..o autor é de ascendencia europea (italiano),estes nortotes sempre souberon apañar onde convén, é unha das suas virtudes

    votos: 0, karma: 19
    escrito por doceasubio hai 317 dias 14 horas 33 minutosdoceasubio
  6. #6   

    #5 Os autores, Alan Moore e Dave Gibbons son os dous británicos, non americanos.

    votos: 1, karma: 19
    escrito por Ghanito hai 317 dias 10 horas 58 minutosGhanito
  7. #7   

    #6 O que eu decia é Dick Giordano que tamén andaba no allo, editor, debuxante, e parte da idea.... Por certo creo que de esta obra é o dito
    " Quen vixia aos vixiantes " . Vou ver se está na biblioteca e voltar a vela que me trouxo boas lembranzas. Recomendada

    votos: 2, karma: -4
    escrito por doceasubio hai 317 dias 10 horas 2 minutosdoceasubio
  8. #8   

    #7 a frase Who watch the watchmen que aparece por todos lados na obra Watchmen é tradución inglesa de Quis custodiet ipsos custodes? que é do poeta latino Juvenal es.wikipedia.org/wiki/Quis_custodiet_ipsos_custodes%3F

    votos: 1, karma: 23
    escrito por Ghanito hai 317 dias 1 hora 54 minutosGhanito

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]