Primeiro aniversario de chuza!: E ti, como a coñeciche?

O 20 de febreiro de 2006 ás 22:55 facíase pública chuza! co aspecto máis ou menos da páxina que enlaza esta historia: tan só 9 historias publicadas e 15 pendentes, 9 usuarios e ningún comentario. Un ano máis tarde esas cifras son ben diferentes. En pouco tempo haberá novidades no deseño (wiki.chuza.org/images/5/5a/Chuza_redesenho.jpg). Obrigadísimo a todo o mundo que axudou a construir isto. E ti, como coñeceches chuza!?
49 comentariosen rede
tags: chuza, autobombo, aniversario karma: 217.00
votos de usuarios: 51, votos anónimos: 31

comentarios

  1. #1   

    eu, xunto con toda esta tropa:
    web.archive.org/web/20060218050717/chuza.org/topusers.php

    ... coñecímola dias antes do lanzamento :-P

    votos: 0, karma: 0
    escrito por berto hai 864 dias 15 horas 34 minutosberto
  2. #2   

    Um tal "berni ber" (sic) passou-me a URL via instant messenger e pediu-me conselho para convertir as querystrings en friendly URLs. Mais uma vez, como quando falava do projecto de Aduaneiros «Vou fazer uma web para ponher à venda camisolas com Castelao ensanguentado», nom dava um peso pola idea. Mais uma vez, afortunadamente, enganei-me.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por aranha hai 864 dias 15 horas 26 minutosaranha
  3. #3   

    Pois eu coñecín chuza! gracias a magago www.manuelgago.org/blog/?p=911

    e en menéame non tivo moita aceptación... meneame.net/story/chuza-lo-ultimo-en-gallego

    Parabéns ó pai da criatura, a tódo-los chuzeiros e chuzeiras, trolls, lurkers, bugs e demáis familia!!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por ifrit hai 864 dias 15 horas 25 minutosifrit
  4. #4   

    A min un tal "omeuoutromail" pasoume a URL para que probase o seu novo xoguete. Eu sempre souben que ía ir guai :-)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por ascarida hai 864 dias 15 horas 23 minutosascarida
  5. #5   

    Eu coñecino na casa de ascarida, foi un momento moi emotivo :-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por opaco hai 864 dias 15 horas 22 minutosopaco
  6. #6   

    quero dicir, en algo que agora mesmiño non vai, orballo.f2o.org/weblog/ :-D :-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por opaco hai 864 dias 15 horas 21 minutosopaco
  7. #7   

    Non lembro o momento exactamente. Creo que ma presentaron nunha festa, pero non sei moi ben como, quen, nin cando... Son tan malo para os nomes...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Modesto hai 864 dias 15 horas 20 minutosModesto
  8. #8   

    Eu non lembro como descubrin a Chuza. Só sei que foi amor á primeira vista :-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Ghanito hai 864 dias 15 horas 19 minutosGhanito
  9. #9   

    Máis sobre a historia de chuza:
    chuza.org/?search=tag:chuzaa

    si opaco, o anuncio oficial foi en cas asca... orballo.f2o.org/arquivo/chuzalle_ai.php

    votos: 0, karma: 0
    escrito por berto hai 864 dias 15 horas 18 minutosberto
  10. #10   

    Parabéns!!!, e que siga a festa!!!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Spaviladiyo hai 864 dias 14 horas 52 minutosSpaviladiyo
  11. #11   

    Eu xa viña no pack :-P

    votos: 0, karma: 0
    escrito por mourullo hai 864 dias 14 horas 50 minutosmourullo
  12. #12   

    mourullo, mentireiro! vostede é un desenrolo posterior :-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por opaco hai 864 dias 14 horas 49 minutosopaco
  13. #13   

    Son unha novata obediente, así que aí vai a miña historia, papá:
    hai un ano, ainda non tiña internet, na primavera accedín por primeira vez á rede desde o meu portátil; naveguei por vieiros, arroutadas, etc até que dei con Chuza! aló polo verán. Daquela só chuzaba de cando en vez, rexistreime no outono sen saber que acabaría apropiándome das identidades dos fedellentos :-D Apenas vai un mes que son adicta total.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por lourixe hai 864 dias 14 horas 48 minutoslourixe
  14. #14   

    mourullo é un fork do morujo, o bot do menéame :-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Ghanito hai 864 dias 14 horas 48 minutosGhanito
  15. #15   

    lourixe, antes de ser adicta ó fedello xa protagonizou o 'caso lourixe' famosísima abducción múltiple :-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Ghanito hai 864 dias 14 horas 47 minutosGhanito
  16. #16   

    a iso me refiro co da apropiación das identidades... xD xD xD

    votos: 0, karma: 0
    escrito por lourixe hai 864 dias 14 horas 44 minutoslourixe
  17. #17   

    Pois eu coñecina porque viñeron falar dela e de Vieiros e dalgún sitio mais á miña facultade, e por curiosidade metinme aquí e xa vedes... Por aqui sigo...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Lua hai 864 dias 14 horas 30 minutosLua
  18. #18   

    Eu cheguei a chuza... porque o chuza chegou ó meu blog. Alguén mandou a nova, e a verdade é que me fixo moita ilusión...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por moraiminha hai 864 dias 14 horas 25 minutosmoraiminha
  19. #19   

    Coido que lim a nova em arredemo.info, e desde aquela visitei habitualmente chuza!, aínda que o de me registar chegou muitíssimo despois. Parabéns!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por signatus hai 864 dias 14 horas 23 minutossignatus
  20. #20   

    Pois en no EnBlogs 06.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por xoseanton hai 864 dias 13 horas 40 minutosxoseanton
  21. #21   

    Que deus reparta sorte que os humáns faremos o posible:
    meneame.net/story/chuza-clon-galego-meneame-cumpre-ano

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Nemigo hai 864 dias 13 horas 16 minutosNemigo
  22. #22   

    pois eu coñecin este invento fai preto de 3 meses,non me acordo como,supoño que a partires do trackback dun blog,e como foi a 1ª rede social(dise asi?)que coñecin,pra min o meneame é o clon do chuza en castelan :-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por chuzosdepunta hai 864 dias 13 horas 7 minutoschuzosdepunta
  23. #23   

    Nom sei, eu passava por aqui e gostei do que vim...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por malpocado hai 864 dias 11 horas 50 minutosmalpocado
  24. #24   

    eu tamén o visitara logo de conhecelo polo verán/outono via Vieiros/Arroutadas, onde tamén me multiplicara, e decidín rexistrarme o mes pasado para me rehabilitar e ser responsable dos meus posts baixo un único alcume. Gracias

    votos: 0, karma: 0
    escrito por xel hai 864 dias 11 horas 33 minutosxel
  25. #25   

    eu entrei en chuza por primeira vez cando vin o anuncio na galega.
    8)
    beizóns!
    xD

    votos: 0, karma: 0
    escrito por lanevera61 hai 864 dias 6 horas 7 minutoslanevera61
  26. #26   

    Eu também conheci Chuza através do blogue de Manolo (#3). E foi amor à primeira vista, se bem tardei em registrar-me por aquilo da preguiça :-P

    votos: 0, karma: 0
    escrito por gerardinho2000 hai 864 dias 4 horas 58 minutosgerardinho2000
  27. #27   

    Pois nom me lembro, pero tardei case um ano em ver-lhe a graça a registrar-se e enviar novas (e a tentar facer-lha ver a todos os amigos :-)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por giao hai 864 dias 4 horas 2 minutosgiao
  28. #28   

    Eu non me lembro tampouco. Penso que foi por Arredemo ou Galiza.Indymedia mais foi amor as primeiras. Rexistreime o primeiro día que pasei por eiquí e inda non cansei ;)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Kiko_das_leiras hai 864 dias 3 horas 47 minutosKiko_das_leiras
  29. #29   

    Eu coñecina tomandolle uns pinghos...como a todas :-O

    votos: 0, karma: 0
    escrito por pingheiras hai 864 dias 3 horas 2 minutospingheiras
  30. #30   

    Non lembro. En Vieiros? Pode ser? Pero que máis dá. :-)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Calidonia hai 864 dias 2 horas 50 minutosCalidonia
  31. votos: 0, karma: 0
    escrito por berto hai 864 dias 2 horas 41 minutosberto
  32. #32   

    eu... ghiadiño como son.... fíxenlle caso ó anuncio oficial ... #6 ... foi un amor a primeira vista: desos que che collen así, de repente... e ata que duren...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por amaneiro hai 864 dias 2 horas 29 minutosamaneiro
  33. #33   

    Un amigo dixo que metera en chuza o meu proxecto, e vin mirar se o de "chuzar" era de coña... pero vexo que non, e ademais, unha iniciativa interesante.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por oscarhermida hai 864 dias 1 hora 59 minutososcarhermida
  34. #34   

    opaco comenta sobre o nome "chuza"

    www.opaco.org/2007/02/21/chuza-o-nome/

    votos: 0, karma: 0
    escrito por berto hai 864 dias 1 hora 41 minutosberto
  35. #35   

    Eu vim Chuza! procurando no Google já nom lembro o quê. A primeira vez que o mirei pensei "bah, que parvada isto das novas postas por usuários". A segunda vez que o mirei, também por outra casualidade, pensei "pois ainda têm novas interessantes...". A terceira vez foi porque em "Somos unha potenzia" falaram do bolgue de Marcus.es (que desde entom visito cada vez que há um novo post), e ali volvim ver Chuza!, e pensei "eu nom sei que tem a morena, eu nom sei que a morena tem, eu nom sei que tem a morena, ai! que todos a querem bem", assim que me registei... e desde entom estou por aqui todos os dias. (Ainda que nom suba novas, que levo só três, nem ande muito no fedelho... propósito de Ano Novo [chinês], subir mais novas e participar mais no fedelho)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Amil hai 864 dias 1 hora 17 minutosAmil
  36. #36   

    Eu coñecín Chuza, nunhas Xornadas do Consello da Cultura Galega en Compostela.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por enriquecastro hai 864 dias 36 minutosenriquecastro
  37. #37   

    ¡¡¡feliz cumple!!!... e que cumpla(mos) moitos máis... :-)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por petopitopato hai 864 dias 26 minutospetopitopato
  38. #38   

    O caso é que iso de Chuza! soame de algo... vou buscalo no google ;)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por anxo hai 863 dias 21 horas 45 minutosanxo
  39. #39   

    Pois supoño que tamén en casa ascárida, o que si recordo é a primeira vez que entrei no fedello :-)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por besbellinha hai 863 dias 16 horas 59 minutosbesbellinha
  40. #40   

    eu tamén teño data exacta para o primeiro día que fedellei, está recollida nas wiki.chuza.org/wiki/Chuza_Frases_memorabeis_no_fedello

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Ghanito hai 863 dias 16 horas 57 minutosGhanito
  41. #41   

    Eu coido que lim a nova em Arredemo, criei a conta... deixei-na fermentar e logo do Enblogs entrei a saco :-D :-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Fer hai 863 dias 14 horas 59 minutosFer
  42. #42   

    A min veu Deus e mo contou...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por arvpart hai 863 dias 1 hora 32 minutosarvpart
  43. #43   

    Ao contrário do que se dizia quando de pequenos jogávamos às bolas, "chuçar" vale e vale muito. Eu nom me lembro de quando conhecim o Chuça mas nom deve haver muito mais dum ano ;) Em 4 de Dezembro de 2006, nom podendo resistir a tentaçom de comentar a história do fuso horário, por fim registei-me. Tarde, muito tarde. Igual que estes parabéns e este comentário. Sempre igual. Muitos parabéns e que cumpras muitos mais!!!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por osanma hai 862 dias 19 horas 58 minutososanma
  44. #44   

    Pois eu creo recordar que foi no blog de ascaraida onde lin por primeira vez algo de Chuza!. Entrei pero ao memomento non me chamou a atención... pouco a pouco.. un mes despois xa estaba rexistrado e chuzando.

    Eu cheguei a ter karma 20! :-P

    votos: 0, karma: 0
    escrito por IaRRoVaWo hai 861 dias 16 horas 36 minutosIaRRoVaWo
  45. #45   

    #42 coñeces a berto? :-)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Nemigo hai 861 dias 16 horas 31 minutosNemigo
  46. #46   

    a min comunicoumo lhosca arias via mail e polos banners na regueifa etc...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por uncancunquinquenocu hai 860 dias 1 hora 48 minutosuncancunquinquenocu
  47. #47   

    Eu conhecim Chuza! através de Vieiros também... durante muito tempo foi um amor secreto... venerava-o tendo-o com página de início, mas decidim que era hora de que me conhecesse e registei-me...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por sbag hai 859 dias 15 horas 32 minutossbag
  48. #48   

    eu conhecim a chuza! por internet. :-D
    primeiro vim a ligaçom que havia na portada de arredemo.info, mas nom me cosquei moi bem do que ia. até que um dia fum comprovar em google se saiam cousas do meu blog... e aparecia como nova em chuza!. Unido a meses com pouco trabalho e estreando internet na casa, o resultado foi um verao enchuzado e enfedelhado (e outono, e inverno...).
    Parabens a tod@s

    votos: 0, karma: 0
    escrito por nemtele hai 856 dias 4 horas 33 minutosnemtele
  49. votos: 0, karma: 0
    escrito por nemtele hai 855 dias 3 horas 30 minutosnemtele

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]