Katina Schubert, funcionaria de alto rango do partido Esquerda, dixo que presentara a denuncia á policía de Berlín en base a que o sitio en lingua alemá de Wikipedia contiña demasiados símbolos nazi, particularmente nun artigo sobre o movemento das Mocidades Hitlerianas. (wtf!!?)
Actualización dende os comments: Xa retiraron os cargos,
es.reuters.com/article/entertainmentNews/idESPAN74251520071207?pageNum0
comentarios
Un portavoz de Wikimedia Deutschland rexeitou a acusación:
"Non sabemos cal é realmente o problema da señora Schubert", dixo a Reuters Arne Klempert, director xeral de Wikimedia Deutschland. O máis importante é o contexto no que se usan os símbolos, e aquí hai claramente educación e documentación", engadiu.
"Calquera que intente evitar que o período nazi sexa documentado apropiadamente ten unha estraña compresión do mundo, desde o meu punto de vista", dixo Klempert. "Porque esa é a mellor arma (para evitar) que algo así volva ocorrer", concluíu.
já retirárom os cargos
es.reuters.com/article/entertainmentNews/idESPAN74251520071207?pageNum0
Exagerados estes germanos...
Esaxerado, mas non debemos esquecer que a Wikipedia, como toda enciclopedia, pode ser parcial. Por exemplo a intelligentsia que controla a Wikipedia en español está ben claro de que ideoloxía é (da mesma do Yonderboy que domina o Barrapunto) e algunha entradas distan moitísimo de ser imparciais.
pois chegan a botarlle un ollo ó youtube e a lista de cargos ocupa máis que a wikipedia enteira