PPasión de Gavilanes: E para reflexionar... unha excursión

 
[C-P] Si o pasado domingo o Sr. José Luis Gavilanes Losada se dirixía ós parroquiáns de Abeleda no medio dunha misa, esta semana, que anda “casa por casa” pedindo o voto ós veciños, tal e como é costume, en lugar de regalar o típico chaveiro do Concello (sic) xunto cos mecheiros e bolígrafos do PP, máis o sobre coa papeleta do seu partido, está convidando ós veciños a unha excursión a San Estevo, con pasaxe de catamarán incluída polo cañon do Sil, para a xornada de reflexión.
4 comentariosen política
tags: pp, gavilanes, reflexion, excursión karma: 273.00
votos de usuarios: 30, votos anónimos: 23

comentarios

  1. votos: 2, karma: 22
    escrito por zaratustra hai 348 dias 13 horas 17 minutoszaratustra
  2. #2   

    E por que non manda o BNG a TVG para cubrir a noticia da excursión na xornada de refelxión? Quizais así os galegos lembren que o caciquismo do PP segue aí, saltandose todas as reglas de xogo. Se non se trata dun acto extrictamente electoral non haberá problema en cubrir a noticia... ou non?

    votos: 3, karma: 33
    escrito por Garrano hai 348 dias 13 horas 6 minutosGarrano
  3. #3   

    A TVG deberían mandala o día da xornada electoral... aquí hai carretaxe da mañá a noite. Teñen unha especial singularidade as carretaxes que se realizan a última hora do día, onde o interventor do PP da unha lista ó carretador da xete que falta por votar e este vai buscar a esas persoas "casa por casa". Nos chamámoslle o "voto express".

    Eu penso que a xente desta vila vive peor que na dictadura pois polo menos daquela non tiñan que sufrir o pesadelo dunhas eleccións. Non me extraña que algúns maiores digan que con franco se vía mellor!

    votos: 3, karma: 30
    escrito por xOsse hai 348 dias 10 horas 25 minutosxOsse
  4. votos: 0, karma: 8
    escrito por Miguelo hai 348 dias 4 horas 34 minutosMiguelo

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]