www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/05/14/0003_6816314.htm?idioma=galego
enviado por petopitopato hai 415 dias 13 horas 32 minutos, publicado hai 415 dias 4 horas 32 minutos
Sete mozos vigueses viven un pesadelo logo de ser pillados nas patacas cando, supostamente, roubaban dez croissants tras rebentar o enreixado dunha bocatería de Vigo. Enfróntanse agora a unha condena de sete meses de cárcere. A Fiscalía advirte que se queda probado que os sospeitosos se comeron polo menos un croissant, podería acusalos de roubo consumado por facer uso da mercancía sen que poida ser restituída. O castigo incrementaríase dun a tres anos de cárcere... A Xunta gastará máis de 4.494 euros na defensa dos sete mozos.
comentarios
E isto ocorre na Galiza ou em Nigéria? Ai, não, que ali ao melhor 'só' lhes cortavam uma mão...
E rebentam umha reixa para roubar uns croissants?
#2 que triste situación
a xente non sei que se lle pasa pola cachola..
Desculpade polo tono que vou utilizar.
Xa lle ten que botar collós o fiscal ese.
Non entendo moito de leis, máis non teño claro que o exceso de celo no desenvolvemento da súa profesión non poida constituir tamén motivo de sanción.
Alguén sabe do tema?
eu o único que sei é que a Julián Muñoz por robar euros e euros métenlle 3 anos na cadea e a estes mozos por robar 10 croisants quérenlle meter a mesma pena... tristeza da xustiza espanhola...