Política Lingüística presenta unha nova campaña publicitaria e a Mesa pide que se paralice

A Secretaría Xeral de Política Lingüística presenta unha nova campaña (En galego tes todo por vivir. Tócache!), que consiste, basicamente, en publicidade con carteis, anuncios na tele, na radio, etc., e nuns xogos e concursos (www.palabrasencadeadas.com). Mentres, a Mesa reclama “a suspensión inmediata” desta campaña e que o diñeiro previsto se reinvista en introducir o galego en diferentes ámbitos nos que está excluído. “Hoxe non é posíbel vivir en galego, mais ese problema non se resolve con propaganda nin con autobombo”
6 comentariosen lingua
tags: lingua, mesa, sxpl, galego karma: 259.00
votos de usuarios: 38, votos anónimos: 22

noutros sitios

que é isto?» e 12 artigos relacionados máis...

comentarios

  1. #1   

    E por enriba a campaña parece que vai en bilingüe...
    Rexistreime no xogo da campaña (www.palabrasencadeadas.com) e mándanme ao correo electrónico a seguinte castrapada, textualmente:
    "Benvido o xogo da palabra.
    Nos ponernos en contacto contigo para que confirmes tu solicitud de usuario.
    ¡Disfruta do xogo!"
    (sic)
    Ademais, no proceso de rexistro a listaxe de países tamén está en español (Ciudad del Vaticano, Isla de Navidad, Nueva Zelanda, Japón...).
    En fin!

    votos: 2, karma: 35
    escrito por Deposito hai 95 dias 6 horas 46 minutosDeposito
  2. #2   

    Era moito hora de que alguén do seu ámbito lles comezase a dicer as cousas un pouquiño claras...

    votos: 0, karma: 19
    escrito por Galegoman hai 95 dias 6 horas 21 minutosGalegoman
  3. #3   

    Iso, iso, implantación!!

    (agora habería que saber como...)

    Este é o mesmo argumento demagóxico ca cando alguén di que por que se gasta en televisión cando hai persoas a morreren de fame en Somalia...

    votos: 0, karma: 10
    escrito por Cesare hai 95 dias 6 horasCesare
  4. #4   

    Pois si, por fin se escoita dicir o que moitos pensabamos da propaganda "a favor do galego".
    En vez de gastar cartos dicindo "Podes falar en galego, non che hai problema ningún", que gasten o diñeiro en atacar a eses problemas. Que por suposto si que existen.

    votos: 0, karma: 10
    escrito por orzan hai 95 dias 4 horas 20 minutosorzan
  5. #5   

    Tóchache ??? Toca-me!!! E muito, ademais!!! O que nom vou dizer aqui é o quê!!! Porrr favorrr!!! :-(

    votos: 0, karma: 9
    escrito por osanma hai 95 dias 3 horas 57 minutososanma
  6. #6   

    Eu participei nunha reunión con outras sete persoas en vigo na que nos puxeron imaxes desta campaña para que a avaliaramos e opináramos sobre ela. Os galego falantes a consideramos unha chorrada. Os bilingües nen fu nen fa. E os castelán falantes gostaron dela. O mellor e que me pagaron 40 euros. Por certo fixen fincapé en que deberían promocionala a traverso das redes socias na internete. Osease Chuza.

    votos: 1, karma: 31
    escrito por diogo hai 94 dias 14 horas 7 minutosdiogo

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]